Archive for Outubro, 2011

Outubro 30, 2011

A desatención médica pon en constante risco a saúde dos Presos Políticos

Folleto editado polo SRI

Durante máis de trinta anos o Estado fascista español empregou o cárcere, a represión cega, a tortura e a morte para facer claudicar aos militantes do movemento de resistencia organizado e facerlles abandonar os seus xustos obxectivos revolucionarios. Trinta anos de malleiras, de humillacións, de celas de castigo, de illamento. Mentres que por parte do Colectivo de presos do PCE(r) e dos GRAPO trinta anos de tenaz resistencia, de plantes, de desobediencia de normas, de folgas de comunicacións, de folgas de fame nas que Kepa e Sevillano tiveron que entregar as súas vidas e outros moitos compañeiros quedaron en cadeira de rodas para sempre ou con enfermidades incurables para romper, primeiro, o réxime de exterminio de Herrera de la Mancha e para denunciar despois a criminal política de dispersión. Tamén trinta anos de solidariedade na a rúa, de apoio e alento, de mobilizacións, de peches… trinta anos demostrando que, coa loita dentro e a loita e apoio dos solidarios fóra, aínda nas peores condicións inimaxinábeis, é posible resistir, é posible loitar, é posible avanzar, é posible vencer.

Saben que non os poden dobregar, que non conseguen que se arrepintan, que xamais conseguirán facerlles claudicar das súas ideas e principios. E como o saben, propuxéronse aniquilarlles. E pretenden facelo, ademais, calada e silenciosamente, sen escándalo, lenta pero inexorabelmente, convertendo nun vomitivo chantaxe a asistencia médico-sanitaria: “Arrepíntesche ou vas morrer de calquera enfermidade”. Tal que voitres, pretenden golpearlles nun flanco, o da saúde, que tras incontábeis folgas de fame, malleiras, unha máis que deficiente alimentación, etc., os presos políticos teñen moi crebado e deteriorado. Aí están para corroboralo os atrasos inxustificados, cando non a negativa aberta, de sacalos ao hospital por máis evidente e visíbel que sexa a súa necesidade, os denigrantes cacheos con espido que pretenden impor para que sexa o preso quen se teña que negar a saír á consulta do especialista, o caso omiso que fan a proporcionarlles os tratamentos que os facultativos dos hospitais prescríbenlles e así un longo etcétera.

A desatención sanitaria é un plan macabro, especialmente deseñado para exterminar lentamente aos presos políticos, de forma “democrática”; déixanos morrer por non claudicar nin renegar dos seus ideais. Necesitamos deter esta morte lenta á que lles queren levar. Emprazámosvos á solidariedade, á loita, á mobilización, a que bloqueedes a central telefónica coas vosas chamadas de apoio, a que alaguedes de telegramas e tarxetas de denuncia aos responsábeis dos devanditos cárceres, a que vos concentredes fronte aos seus muros, a que desenvolvades cantas iniciativas se vos pasen pola cabeza e lles fagades saber e sentir que os presos non están sos, que contan co voso apoio.

Acabemos coa criminal desatención sanitaria!! Liberdade inmediata para os presos políticos enfermos! Amnistía Xa!!

___________________________________________

Extraido do folleto editado polo Socorro Roxo Internacional: “La desatención médica es la muerte lenta de los presos políticos”

Advertisements
Etiquetas:
Outubro 23, 2011

Campaña pola liberación das presas e presos políticos enfermos

Autocolante editado polo SRI

O Socorro Roxo Internacional ven de editar o traballo: “La desatención médica es la muerte lenta de los presos políticos”, un folleto con artigos de opinión, denuncias e biografías, que servirá de base á Campaña pola Liberación dos presos e presas políticos enfermos que se desenvolverá nas próximas semanas. Unha Campaña á que, como non podía ser doutro xeito, adhírese o noso COMITÉ DE SOLIDARIEDADE. Publicamos a continuación a Introdución deste magnifico traballo editado polos compañeiros do SRI.

A modo de introdución

O obxecto deste traballo é dar a coñecer a situación do Colectivo de presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO e ante todo denunciar a dramática situación que sofren os que están gravemente enfermos.

As décadas de condena que a maioría deles levan ás costas, máis as condicións extremas ás que son sometidos, colocan ao bordo da morte a estes revolucionarios. A lista de presos políticos que contraeron enfermidades en prisión, ou que morreron como consecuencia delas, é moi extensa e non vén de agora. Miles de presos políticos, como o líder obreiro José Díaz contraeron enfermidades en prisión que lles levaron posteriormente á morte; outros como Joan Comorera ou o prolífico poeta e escritor comunista Miguel Hernández, morreron vítimas de enfermidades como a tuberculose ou a pulmonía nas frías e insalubres mazmorras da ditadura franquista por loitar pola liberdade.

Hoxe sucede algo moi similar. Debido á tortura sufrida durante a súa detención, á desatención sanitaria, ás precarias condicións en prisión, a unha deficiente alimentación e ás longas folgas de fame que levaron a cabo, os presos políticos son máis propensos a contraer enfermidades graves. Baixo a escusa da “seguridade”, teñen que esperar durante meses para saír aos hospitais e ser recoñecidos e atendidos por especialistas. Unha vez que se consegue o seu traslado a un hospital, a Garda Civil pretende estar presente no momento das exploracións médicas, o que en moitas ocasións fai imposíbel que estas se leven a cabo, especialmente cando se trata de mulleres. Doutra banda, calquera profesional pode negarse a realizar devanditos exames, ao sentirse coaccionado e intimidado pola presenza dos axentes apuntándolles coas súas armas.

Precisamente foi no mes de decembro de 2010 cando o Colectivo de Presos levou a cabo unha protesta para, entre outras reivindicacións, esixir a posta en liberdade dos presos enfermos. Devandita protesta consistiu en dous días de xaxún á semana para denunciar os tratos vexatorios e humillantes, como os cacheos con violencia que realizou o Estado fascista español a mans do seu corpo especializado de Institucións Penitenciarias, pertencente ao Ministerio do Interior, sobre determinados presos cando estes querían comunicar cos seus familiares e achegados; contra o duro réxime de illamento e a dispersión ao que son sometidos (en moitos casos a milesde quilómetros da súa contorna familiar), onde ademais se lles reteñen prensa, libros ou cartas de familiares e solidarios co único obxectivo de impedirlles a comunicación co exterior, ou polo menos facerllo máis difícil. Pero sobre todo para denunciar que este Estado criminal, sen escrúpulos, desatende aos presos enfermos e deixa que as enfermidades provocadas polas condicións descritas terminen minando a resistencia dos prisioneiros, deixándoos morrer.

É imprescindíbel destacar, para impedir por todos os medios que volva suceder, que en xullo de 2010 faleceron os ex-presos políticos Enrique Álvarez Abalde e Iñaki Kuadra Etxeandia, militantes do PCE(r) e dos GRAPO respectivamente, tras ser excarcerados por padecer enfermidades graves e incurables contraidas en prisión. Anos antes, en 2001 faleceu José Ma Sánchez Casas, pouco despois de ser liberado e cando se atopaba á espera dun transplante de corazón. Tampouco podemos esquecer a morte, en 2009 na prisión de Fontcalent, de José Ortín Martínez, quen padecía unha enfermidade cardíaca que por suposto non fora detectada, a pesar dos síntomas evidentes que presentaba. Non podemos deixar que sigan asasinándoos lentamente, de forma encuberta , e que logo o presenten como unha morte “natural”.

Non imos consentir unha soa morte máis en prisión!
Liberdade inmediata para os presos políticos enfermos!

Etiquetas:
Outubro 19, 2011

Pablo Hasél actuará na Coruña

O rapeiro catalán Pablo Hasél actuará o vindeiro mes de decembro na cidade da Coruña. Hasél, recentemente detido e procesado na Audiencia Nacional por “enxalzamento do terrorismo”, participará nun concerto en favor da Amnistía e a liberación dos presos e presas políticas gravemente enfermas. O COMITÉ DE SOLIDARIEDADE informará en breve acerca do lugar e a data definitiva do concerto.

Etiquetas: ,
Outubro 11, 2011

Xurxo García dispersado a Granada

Xurxo García Vidal, preso político dos GRAPO, ven de ser trasladado á cadea granadina de Albolote. O preso político galego, natural de Vigo, estaba cumprindo condena na prisión de Herrera de la Mancha, en Ciudad Real. Consúmase así un novo distanciamento dun preso político galego, logo do cambio da coruñesa Iolanda Caparrós, actualmente presa en Alacant despois de pasar varios anos en Zuera, Zaragoza.

Etiquetas:
Outubro 8, 2011

Pablo Hásel procesado por “enxalzamento do terrorismo”

O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu deixou en liberdade con medidas cautelares ao rapeiro Pablo Hasél tras ser imputado por “enxalzamento do terrorismo” ao enxalzar ao dirixente do PCE(r) Manuel Pérez Martínez, ‘Camarada Arenas’, informaron fontes fiscais.

O cantante catalán foi detido pola policía política o martes día 4 de outubro. Tralo rexistro da súa casa e a conseguinte incautación de varios ordenadores e libros, Hásel foi conducido até Madrid para comparecer ante o titular do Xulgado Central de Instrución número 4, Fernando Andreu, onde permaneceu declarando durante uns 25 minutos. O rapeiro entrou e saíu do xulgado esposado e acompañado por dous axentes de policía.

O xuíz Andreu, que se atopa de garda esta semana, impúxolle a obrigación de comparecer todos os días 1 e 15 de cada mes no xulgado máis próximo ao seu domicilio mentres se segue o procedemento xudicial.

Etiquetas: ,
Outubro 1, 2011

Manuel Arango en folga de fame

Queridos camaradas e solidarios, aquí envíovos este texto coas últimas prohibicións que nos puxeron. A partir de agora xa non poderei escribir ningunha carta de forma pública, até que non se me restitúa o dereito de pór “Preso Político do PCE(r)” [nos sobres e comunicacións]. De inmediato comezo as protestas, incluída a folga de fame. Ademais abarcarei a grave situación dos presos políticos enfermos, cuxa desatención e abandono é clamoroso. Recibide unha forte aperta. Polo COMUNISMO! Manuel Arango Riego. Manolo”

Dun tempo para acó puxeron en marcha nesta prisión diversas prohibicións e restricións, que agravan as condicións de vida de todos os presos políticos que aquí nos atopamos.

Dentro destas medidas represivas, engadiron apenas fai uns días a prohibición de reflectir a nosa condición de presos políticos e a nosa militancia no sobre das cartas, as instancias e calquera outro texto de relación entre o cárcere e o preso.

De tal xeito que, como no meu caso, pór o meu nome e embaixo: “Preso Político do PCE(r)” é “ilegal, é un “delito”. Polo cal devolvéronme as cartas que escribín esta semana.

Esta censura política ten detrás unha longa traxectoria: a prohibición de enviar máis de 2 cartas por semana; a disposición xudicial de que a policía e organismos penais poidan supervisar permanentemente o contido das nosas cartas; as retencións ao seu libre albedrío de cartas, libros e textos que nos envían; a prohibición de recibir toda carta na que se atope fotos ou simples recortes pegados en cartolinas; confiscación de cartas supostamente “sospeitosas de transmitir consignas”; as nosas cartas tardan semanas en chegar aos seus destinos e viceversa, para ese efecto podo sinalar que durante 4 anos as cartas entre a miña compañeira sentimental (Presa Política do PCE(r) en Brieva) e eu tardan invariabelmente en chegar entre 32 e 35 días; o demais son as confiscacións de textos de diverso tipo nos cacheos de celas.

A todo isto hai que engadirlle as prohibicións de teléfonos aos que viña chamando, como me pasou no mes de febreiro con respecto ao teléfono de José Luís Fernández González porque “é solidario e ex-preso político”.

Pretenden así reducirnos ao silencio e a incomunicación total. Por aquí marcha unha parte da política represiva penal, dirixida ao exterminio dos presos políticos existentes nos cárceres do Estado Español, vella aspiración do réxime fascista.

Manuel Arango Riego

Preso Político do PCE(r)

16 de setembro de 2011

Etiquetas: ,
%d bloggers like this: