Archive for Novembro, 2011

Novembro 28, 2011

Hasél actuará na Coruña o 17 de decembro

Pablo Hasél actuará no Centro Social Ocupado de Palavea o vindeiro sábado 17 de decembro. O cantante catalán, recentemente procesado por “enxalzamento do terrorismo”, participará ademais nunha palestra na que o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE falará da situación dos presos e presas políticas enfermas e doutros temas relacionados coa represión como foi a propia detención e procesamento de Hasél.

Advertisements
Etiquetas: ,
Novembro 27, 2011

Edición en galego do SRI

O Socorro Roxo Internacional ven de editar: “A desatención médica é a morte de vagar dos presos políticos”, versión en galego do traballo recentemente publicado e distribuído en todo o Estado español en castelán. Se trata dun folleto con artigos de opinión, denuncias e biografías, que está a servir de base á Campaña pola Liberación dos presos e presas políticos enfermos que se ven desenvolvendo dende hai algunhas semanas. Dende o Comité felicitamos ao SRI pola edición deste magnífico traballo dispoñíbel agora tamén en galego.

Etiquetas:
Novembro 20, 2011

Situación dos presos políticos enfermos: María José Baños

Militante dos GRAPO. Natural de Murcia e veciña da Coruña. Ten 47 anos de idade e leva 17 anos en prisión. Pasou por numerosos cárceres: Soto, Brieva, Villanubla, Donas, Castelló I…; actualmente atópase na de Picassent (Valencia). Ten graves problemas hepáticos ata tal punto de necesitar un transplante. Desde fai 20 anos padece unha hepatite C e en 2007 descubríuselle uns vultos de sangue no fígado con serio risco de producir cirrosis. O tratamento que recibe ten como obxectivo rexenerar o fígado, pero as condicións de prisión non permiten unha recuperación efectiva. Ademais ten VIH, actualmente controlado. Frecuentemente queda sen poder andar, debido aos problemas circulatorios que padece e polos que tamén está esperando unha intervención. Leva moito tempo esperando un baipás coronario, pero cada vez que parece que llo van a implantar, é trasladada.

Etiquetas:
Novembro 14, 2011

Situación dos presos políticos enfermos: Paco Cela Seoane

Natural de Galiza. Leva 26 anos de cárcere ás súas costas. Sofre de diabetes mellitus grave, necesita administrarse insulina cinco veces ao día. É obvio que as condicións en prisión, como son as presións ás que son sometidos os presos, o completo illamento no que se atopa e a imposibilidade de seguir un réxime alimenticio adecuado, poden converter esta enfermidade en moi grave e até mortal.

Veciño da Coruña, naceu en Verín (Ourense), o 29 de outubro de 1958 Ten dous irmáns: Suso (tamén preso político) e Carlos (en liberdade provisional tras 10 meses de cárcere por actividade nos Comités por un SRI). A súa nai Pepita é unha loitadora solidaria cos presos políticos, desde os anos 1980.

Comeza a súa loita nos ambientes anarquistas, é detido e encarcerado. Ao ser liberado, dá o salto á clandestinidade e ingresa nos GRAPO. É detido en 1983. Unha vez no cárcere, ingresa no PCE(r). Cumpriu unha condena de 22 anos, participou na Folga de Fame máis longa da historia dos presos políticos pola reunificación e contra a tortura branca (dispersión, illamento, malleiras).

Ao saír en liberdade reincorpórase á loita política. En xuño do 2007 é detido de novo polo súa militancia comunista no PCE(r), e condenado a 12 anos en aplicación da fascista Lei de Partidos.

É un prolixo escritor, de relatos curtos e sobre todo de poesía política, reproducida en decenas de fanzíns, folletos, web, etc.

______________________________–

Extraido do folleto editado polo SRI “La desatención médica es la muerte lenta de los presos políticos”

Etiquetas:
Novembro 7, 2011

Fin de semana antirrepresivo no CSOA de Palavea na Coruña

Cartaz do concerto do venres

Venres 11 novembro:

A partir das 20h concerto antirrepresivo de Furnier e do colectivo Verso Libre

Sábado 12 novembro:

12h Asamblea de Mulheres

14h Xantador solidario organizado polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE COAS PRESAS E PRESOS POLÍTICOS

21h Concerto de Metabuz e Trazos

smb://okupacorunha.wordpress.com/

Etiquetas:
Novembro 6, 2011

Guerra sucia contra a vida e saúde dos Presos Políticos

As técnicas de guerra sucia que, Institucións Penitenciarias, vén utilizando contra os presos políticos desde sempre, volvéronse máis sutís e silenciosas nos últimos anos da “democracia” bobónica. Todo vale para render e exterminar aos “terroristas”, é a consigna que imparten os xerarcas fascistas desde as cloacas do seu Estado Maior. E a isto din amén todos os partidos institucionais mantidos pola oligarquía financeira. Con esta “licenza para matar”, os carcereiros, con ou sen uniforme, préstanse submisos ao exterminio físico e psíquico dos revolucionarios e dos presos sociais máis rebeldes. As torturas, os malos tratos, as humillacións, as vexacións e os atropelos legais, que se cometen en galerías e módulos, amparados na impunidade que lles outorgan “as súas señorías”, convertéronse na “pedagoxía educadora” da política de “reinserción”.

Nesta repartición de funcións de “pacificación de terroristas”, os médicos-carcereiros estanse situando na avanzada das técnicas de presión e chantaxe desa engrenaxe de guerra sucia. Estes médicos, xunto a enfermeiros e demais persoal sanitario dependentes do Ministerio do Interior, son os que co seu participación activa a maioría das veces, e co seu silencio cómplice outras, están colaborando e participando no “lento” aniquilamento dos presos, minando a súa saúde coa desatención e desidia sanitaria máis canalla.

Desta forma, para os presos, tanto políticos como sociais, a práctica maioría das consultas e enfermerías das prisións, non son máis que a prolongación de celulares e illamentos onde a atención que se recibe é rutineira e superficial, limitándose estes médicos-carcereiros a receitar os escasos medicamentos de que dispón na botica, a maioría deles de pésima calidade e nula efectividade. Cando a gravidade da enfermidade do preso é irreversíbel e urxente, autorízanlle a saída ao hospital, pero só despois de ter que sufrir un calvario de trabas e impedimentos, como atrasos intencionados, cacheos vexatorios, provocacións de carcereiros e outras condicións indignas para calquera persoa.

Por se isto fose pouco, se padece algunha enfermidade de ósos, cervicais, etc., as conducións inhumanas dos traslados nos vehículos da garda civil, en celas de 1,5 m. por 1 m., onde apenas podes moverche nin respirar, acaban por agravar a enfermidade ou doenza que padecen.

Con este panorama “sanitario” son numerosos os presos políticos e sociais que foron asasinados pola neglixencia consciente dos equipos médicos das prisións, que non fan nada para impedilo. Moi ao contrario, este é o criminal método de castigo engadido con que escarmentar e someter aos presos. Nada cambiou nos cárceres! A estratexia de aniquilamento dos presos políticos non só persiste senón que se incrementou. Só que agora conseguiron acalar o escándalo que supón o que saian á luz os abusos dos seus “democráticos e tolerantes” gardiáns. Para iso, contan coa inestimábel colaboración dos xornalistas-policías.

Agora, a destrución física e psíquica dos prisioneiros revolucionarios segue cursos máis sibilinos e maquiavélicos. Para esa tarefa “limpa” de exterminio, como en tempos non afastados dos nazis nos campos de concentración, os médicos-carcereiros se encargan de que sexan “os virus”, “as bacterias”, “os fungos”, “os xermes”… os que realicen o traballo sucio (a modo de GAL bacteriolóxico) e procuren unha morte segura por centos de presos políticos e a outros presos rebeldes que se lles enfrontan. NON PODEMOS CONSENTIR QUE CONTINÚE ESTA SANGRÍA!

______________________________

Extraido do folleto editado polo SRI “La desatención médica es la muerte lenta de los presos políticos”

Etiquetas: ,
Novembro 2, 2011

Campaña da Plataforma Que volten á Casa contra a dispersión dos presos políticos galegos

Dende a Plataforma Cidadá Que Volten á Casa!, colectivo que dende fai máis de cinco anos reivindica os dereitos d@s pres@s galeg@s, e o pleno respecto á legalidade no tratamento de que son obxecto, poñémonos en contacto coa vosa organización para informarvos do inicio de unha campaña social polo dereito das persoas presas galegas a estar nunha prisión en territorio galego tal e como recolle a propia * “Ley Orgánica General Penitenciaria”, para denunciar os efectos da dispersión e para dar a coñecer á sociedade galega a existencia desta práctica.

É coñecido que a dispersión é unha medida excepcional entre outras máis (réxime FIES, restricións nas comunicacións…), utilizadas sistematicamente polo Estado Español contra @s militantes polític@s encarcerad@s, o cal deixa ben claro o tratamento específico de Instituciones Penitenciarias cara @s pres@s polític@s.

Ante a negativa reiterada do Goberno español a atender as solicitudes de traslado a Galiza dos presos galegos, demandado polo propios presos, por avogados, asociacións de solidariedade… decidimos levar á rúa esta reivindicación co fin de socializar a existencia desta medida ilegal que se lles está aplicando e facer visíbel a petición de respecto aos seus dereitos.

Convocamos unha roda de prensa para presentar a campaña de socialización deste problema. Será una campaña de divulgación, e de presentación de material ca simboloxía contra a dispersión penitenciaria e pola volta á casa dos presos políticos galegos.

Informaremos tamén da cuarta Festa pola Liberdade que se celebrará en decembro ca finalidade de recadar fondos para axuda dos familiares e amistades nos longos desprazamentos para visitar os presos nas cadeas. Por isto, solicitamos a vosa adhesión a esta campaña a fin de facer visíbel un amplo apoio social. Adhesión que se concretaría na presencia dun/a representante da vosa organización na roda de prensa. Informar-vos que esta solicitude está sendo enviada a diferentes colectivos políticos, sociais, sindicais, ecoloxistas, deportivos… galegos.

Esta roda de prensa desenvolverá-se en Compostela o sábado día 26 de novembro ás 12:00 na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, nº6, Compostela).

Pola nosa parte, recibide un saúdo e o noso agradecemento de antemán.

www.quevoltemacasa.info/

Etiquetas:
%d bloggers like this: