Archive for Decembro, 2011

Decembro 30, 2011

Por un 2012 alegre e combativo!!

David Garaboa na Audiencia Nazional

E aproveito a ocasión para desexarvos un bo ano, sobre todo en saúde, porque no político, a situación vai seguir empeorando como consecuencia da crise económica, política e social do capitalismo; polo tanto, as condicións obxectivas van seguir mellorando para que as ideas e principios comunistas sexan comprendidas e asumidas polo pobo traballador. Dicía Victor Hugo “Non hai nada máis poderoso que unha idea á que lle chegou o seu momento”. E as ideas do vello Marx son cada día máis vixentes.

O futuro é o comunismo!
Compañeros e compañeiras: Venceremos!

Por un 2012 alegre e combativo!

David Garaboa, preso político do PCE(r)

Advertisements
Etiquetas:
Decembro 23, 2011

“Acuerdo de Dirección”

Notificación do CP de Badajoz ao preso dos GRAPO Suso Cela

“Esta Dirección en resolución del día de la fecha, ha tomado el acuerdo de no autorizar la entrega de la documentación que se indica: carta remitida por… Por atentar contra la seguridad y el buen orden del Establecimiento Penitenciario. Dicha carta quedará retenida en su expediente personal…”

Etiquetas:
Decembro 20, 2011

Pablo Hasél no CSOA de Palavea (vídeo)

Etiquetas:
Decembro 19, 2011

Éxito da xornada pro-amnistía do sábado

Pablo Hasél no CSOA de Palavea

Máis de cincuenta persoas asistiron á palestra organizada polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE e CEIVAR no CSOA de Palavea, na Coruña. A denuncia da situación dos presos e presas políticas enfermas do PCE(r) e dos GRAPO e a dos independentistas galegos recentemente detidos, centrou a intervención destes dous organismos de solidariedade. Pola súa banda, Pabló Hásel falou de como foi detido pola policía política e trasladado a Madrid para ser procesado pola Audiencia Nacional por “enxalzamento do terrorismo”. Logo da exposición, abriuse unha quenda de preguntas que contou coa intervención dalgúns e dalgunhas das presentes.

Finalizada a palestra, o cantante Pablo Hasél actuou durante unha hora para un auditorio composto por unhas cen persoas. O rapeiro catalán repasou parte de seu repertorio máis combativo, deixando moi claro que as súas ideas e o seu compromiso cos presos políticos é hoxe tan firme como antes de súa detención. Recordamos que nin Pablo Hasél nin a organización da Casa Ocupada de Palavea cobraron un só céntimo de euro, quedando todo o recadado para os Colectivos de Solidariedade e os propios presos e presas políticas. Agradecemos a ambos, así como en xeral a todos os asistentes, a súa colaboración e asistencia á esta intensa xornada pro-amnistía.

Etiquetas:
Decembro 13, 2011

Liberdade presas e presos políticos enfermos

Etiquetas:
Decembro 11, 2011

Enderezos de Antom, Eduardo, Maria e Teto

Prisión de Madrid VI - 28300 Aranjuez (Madrid)

Prisión de Madrid IV - 28600 Navalcarnero (Madrid)

Prisión de Madrid V - 28770 Soto del Real (Madrid)

Prisión de Madrid VII - 2859 Estremera (Madrid)

 

Etiquetas:
Decembro 8, 2011

Ceivar chama á mobilización

En resposta ao último operativo represivo desenvolvido polo Estado Español na nosa terra, en solidariedade cos e coas detidas, en apoio aos presos e ás presas, para expresar de forma colectiva o noso caro e a nosa rabia, o Organismo Popular Anti-repressivo CEIVAR fai un chamamento a todas aquelas persoas e colectivos solidarios a se mobilizar no próximo Domingo dia 11 de Decembro, ás 12:00 na compostelana Praza do Toural.

Para expresar a nosa vontade firme de continuar a traballar dia a dia por esa Galiza libre e rebelde que España quer encarcerar; para dicirlles a Eduardo, a Maria, a Teto e a Antom que non están sós.

Tod@s a Compostela!
Liberdade independentistas!!

Etiquetas:
Decembro 6, 2011

Prisión incomunicada para Teto, Eduardo, Maria e Antón

Os militantes independentistas Teto Fialhega, Eduardo Vigo e Antom Santos, e a militante Maria Osório, ingresaron en prisión no día de hoxe [por onte 5 de decembro] por orden do xuíz español Eloy Velasco. Aos dous primeiros, que levaban nas mans da policía española desde a pasada cuarta feira, o xuíz do tribunal de excepción impútalles delitos de integración en organización terrorista, tenencia de explosivos, falsificación de documentos e tentativa frustrada de estragos, en canto a Antón e María, detidos en Lugo na pasada sexta-feira, os delitos que se lles imputan son os de integración en organización terrorista e falsificación de documentos.

Jessica Rodriguez foi libertada coa obriga de comparecer ante os xulgados españois mensualmente. Pola súa banda, a sexta das detidas no operativo, Catalina Alonso, ficou en liberdade sen cargos no sábado pasado.

Dado que o operativo represivo continua aberto, de Ceivar esiximos que se levante de forma inmediata a incomunicación dos presos e da presa, a fin de que podan falar coas súas familias e avogados, e mantemos o chamamento feito nestes dias á Galiza independentista e solidaria para que siga expresando nas convocatorias que se farán públicas nos próximos días o seu rexeitamento á represión española e o seu apoio e cariño ás e aos militantes capturados.

LIBERDADE PATRIOTAS GALEG@S!

http://www.ceivar.org/

Etiquetas: ,
Decembro 5, 2011

Palestra e concerto no CSOA de Palavea

Sábado, 17 de decembro no Centro Social Ocupado e Autoxestionado de Palavea (A Coruña)


Palestra ás 21:00 h

Campaña pola liberación das presas e presos políticos gravemente enfermos
Denuncia da represión contra o independentismo galego, últimas detencións
Detención e procesamento de Hasél

INTERVEÑEN

Comité de Solidariedade coas Presas e Presos Políticos, Organismo Popular Anti-rrepressivo Ceivar e Pablo Hasél

 Concerto ás 22:00 h

 Actuación de PABLO HASÉL pola liberación das presas e presos políticos galegos

Etiquetas:
%d bloggers like this: