“Chámanlle democracia e non o é”

David Garaboa

Queridos compañeiros e compañeiras:

Recentemente impuxéronme unha nova prohibición, unha máis: a partir de agora non podo escribir nos sobres das miñas cartas a lenda “preso político”, nin tampouco debuxar ningunha estrela vermella, tal e como viña facendo até agora. Do contrario, ditas cartas serán retidas.

Esta prohibición é unha medida de censura política dirixida exclusivamente contra os presos e presas políticas. De feito, algúns presos comúns, por unha mistura de racismo e ignorancia, debuxan acotío esvásticas e outros símbolos nazis, sen que isto supoña ningún problema para as autoridades penitenciarias. A súa leGALidade “democrática” tolera e ampara os símbolos nazis e fascistas; porén, prohibe a estrela vermella, símbolo da loita proletaria. Xa que logo, eu tamén estou indignado, e igual que fai a mocidade na rúa, eu tamén berro ben alto: “chámanlle democracia e non o é”. É fascismo!

É probábel que denuncie esta nova restrición diante do xuíz de vixilancia penitenciaria, por evidente vulneración do meu dereito á liberdade de expresión. Porén, a miña confianza na xustiza do Estado fascista español é nula. Por experiencia propia teño máis que comprobada a certeza daqueles versos do poeta antifascista León Felipe que dicían que a xustiza española vale menos, infinitamente menos que os mexos dos cans; e ten menos, infinitamente menos categoría que o esterco.

Non sei exactamente a que ven agora esta nova prohibición. Pero resulta evidente que a estes fascistas fódeslle moito que non baixemos a cabeza, que non renunciemos aos nosos principios, e que aínda por riba nos mostremos moi orgullosos da nosa militancia comunista e revolucionaria. O seu problema é que malia todas as restricións e medidas represivas que nos queiran impor, hai unha realidade que xamais poderán mudar: somos presos e presas políticos… e seguiremos resistindo!

Recibide unha enorme aperta cargada de forza e agarimo. Biquiños!

Venceremos!

David Garaboa Bonillo

Preso político do PCE(r)

Prisión de Villena, 26 de decembro de 2011

Advertisements
Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: