Carta de Iolanda Fernández

Iolanda Fernández Caparrós

As cousas por aquí están bastante máis tranquilas do que agardaba. Cousa que se agradece logo da tensión vivida nos últimos meses na prisión de Zuera, en Zaragoza (primeiro polas presións para que asinase as normas do chamado “Módulo de respecto” e logo pola incerteza de non saber onde ir parar). Pois iso, que un pouco de tranquilidade facíame falta. De todos xeitos, o certo é que as condicións son peores aquí e se digo que estou máis tranquila é simplemente porque podo gozar dun pouco máis de silencio. Ao ser este un cárcere moito máis cativo e ao haber menos mulleres, o nivel de ruído é menor (e ademais paso máis tempo na cela pechada). En case todo o demais saín perdendo co cambio. Sen dúbida o peor está no terreo das comunicacións. Á familia isto quédalle moito máis lonxe, por riba os vises son máis curtos e hai certas restricións á hora de escoller as datas.

Como a tantos outros compañeiros, a distancia dificulta as miñas comunicacións co obxectivo obvio de illarnos un pouco máis. Porén, isto non vai rachar a nosa resistencia, aquí seguimos sempre coas mesmas ganas de seguir adiante. A iso axuda cada mostra de solidariedade e cada iniciativa que levades a cabo na rúa. Por iso gustei tanto de saber o traballo que vos traedes entre mans… Para cando cheguen estas letras xa tería pasado o concerto do que me falades [o de Pablo Hasel], agardo que fose todo un éxito, que as letras cargadas de mensaxe que escribe Pablo servisen para remover conciencias e que así, entre todos, podamos arrincar das fauces do inimigo aos compañeiros enfermos. Non podemos deixalos sós! (…)

Do que tamén ando moi pendente nos últimos días foi das detencións dos independentistas galegos. Cando escribo estas letras aínda non pasaron pola Audiencia [Nacional] pero non hai que ser moi lista para supor que lles teñen ganas e que desta vez seguro que non deixar pasar a oportunidade de dar un castigo exemplar, para tentar frealos a base de represión. Ultimamente lin na prensa que dende instancias policiais galegas estábanlle esixindo á fiscalía da Audiencia Nacional un endurecemento das penas que se lle impoñen ao independentismo galego e que fosen acusados de “pertenza a banda armada”. Non queren que este movemento se lles escape das mans e unha vez máis tentan criminalizar todo o que o rodea vinculándoo coas accións armadas. Nós sabemos ben como funcionan, hai tempo que vimos sufríndoo. O último exemplo non anda lonxe, non pasou tanto dende a detención de Pablo [Hásel] como para non telo presente… A solidariedade cos revolucionarios presos pódelle saír cara (…).

Moitos biquiños para todos os compañeiros e compañeiras do Comité.

Iolando Fernández Caparrós

Presa Política do PCE(r)

Prisión de Castellón, decembro 2010.

Advertisements
Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: