“O fígado está mal, moi mal”. Carta de Marijose Baños

Descarga e difunde esta imaxe!

En relación á enfermidade dicirvos que volvín a saír ao hospital. A saída ben e a consulta correcta, era outro médico e segundo entrei na consulta pediu que me quitasen as esposas. Os resultados ben, tomoume a tensión e o pulso nas pernas e díxome que había unha lixeira melloría, estou con máis pastillas para que o sangue sexa máis liquido e pase mellor polas arterias e así é. Iso permíteme andar ben durante tempo aínda que sexa a marcha lenta; de todos os xeitos uns médicos na rúa estanme a levar o tema.

Pero tamén hai unha mala noticia, o fígado está moi, moi mal. Co médico do módulo non me falo pois me tratou bastante mal nunha consulta. Falei co subdirector médico e de paso díxenlle que me mirase a analítica que me fixeran. Co tema da SIDA fenomenal, teño case 800 defensas e a carga viral indetectábel pero díxome que o fígado esta moi fodido, foi bastante claro ou tomo tratamento ou non o conto. Preparoume unha saída ao hospital e estou a esperar; este tema tamén mo están a mirar na rúa, hai médicos que non me aconsellaron tomalo. En Langraitz intenteino e ás 2 semanas rematei ingresada, son tratamentos dun ano de duración e moi fortes e o que é peor, teño poucas posibilidades de que funcione pois o xenotipo que teño é o peor e os tratamentos non fan nada.

É posíbel que teña que volver intentalo, xa que non hai alternativa. O transplante só é cando entra en fase de cirrose; nese caso meteríanme en lista de espera. Ben, mantéñovos informados, pero dicirvos que eu estou ben, encóntrome ben e animada e xa sabedes que de peores saín.

Iso, que vos quero moito, a toda Galiza e a todos e todas.

María José Baños Andujar

Presa política dos GRAPO

Prisión de Picassent

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: