“O Moreno” leva 27 anos en prisión

Preme para descargar a súa biografía

Xaime Simón Quintela naceu en Vigo o 22 de xuño de 1960 e foi detido en xaneiro de 1985. Dos seus cincuenta e un anos de vida, hai que decir que máis da metade lévaos no cárcere. E coa disposición establecida pola Audiencia Nacional, en base a unha Sentencia da Sá do Penal do Tribunal Supremo, do 20 de febreiro do 2006 [a chamada “Doutrina Parot”], Xaime terá que cumprir trinta anos de prisión.

Se lle aplicasen o Código Penal que estaba vixente cando foi detido, en xaneiro de 1985, este galego de Vigo tería que ser excarcerado en xullo de 2006. Aínda que non ten outras limitacións que as propias do réxime FIES, o estar afastado a case mil quilómetros de todos os seus familiares e amigos, dificúltalle enormemente as comunicacións e imposibilítalle manter as relacións epistolares que recoñecen e outorgan as leis penais para todos os presos. 

Chegou á prisión sevillana a mediados de febreiro de 2002, despois de pasar dez anos no Módulo de illamento de Puerto II. Antes da prisión portuense, estivo en Badaxoz. Nesta cadea foi na que rematou os máis de 435 días de folga de fame que realizaron todos os presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO contra a política penitenciaria de dispersión e exterminio. Actualmente atópase en Herrera de La Mancha, Ciudad Real.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: