Carta de Suso Cela a Pablo Hásel

Suso Cela Seoane

Ola Pablo!

Que tal? O primeiro que quería facer é achegarte unha forte aperta. Gustaríame que puidera ser en persoa pero… De todos xeitos espero que algún día poidamos acudir a un dos teus concertos. Como dicían da poesía, pola reaccións do inimigo, esas cancións “son unha arma cargada de futuro” e nunca mellor dito. Xa que logo, dende aquí todo o noso ánimo e apoio para seguir nese labor.

Coñecinche grazas á miña compañeira que me mandou unha entrevista túa que aparecera na internet xunto con algunhas letras dos teus temas. E, logo, un día que estaba vendo as noticias, vinche aparecer cunha camiseta con un debuxo no peito de “Amnistía Presos Políticos” que fixéramos na Comuna Carlos Marx de Soria antes da Dispersión. Así foi como souben da túa detención.

E teño que dicir que, en gran medida, alegreime… Non pola detención, por suposto, senón porque na rúa siga viva esa voz. Porque hai unha mocidade que se fai eco da loita e a plasma nas súas letras. Logo vinche saír da Audiencia Nazional enchido de orgullo e coas cousas moi claras.

O dito Pablo, espero poder algún día acudir a un dos teus concertos e coñecernos. Que non decaia o ánimo por aí fóra que por aquí dentro tampouco o fai. E aínda que pareza que as cousas están algo mal, os acontecementos futuros, prometen uns tempos convulsos. Tan só se tráta de non desistir e seguir mantendo a bandeira en alto e, por suposto, cantando. Así que ánimo, moita forza e unha aperta moi forte.

Suso Cela Seoane

Preso Políticos dos GRAPO

Prisión de Badajoz

Advertisements
Etiquetas:

One Trackback to “Carta de Suso Cela a Pablo Hásel”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: