Archive for Febreiro, 2012

Febreiro 27, 2012

Folla sobre a situación de Marijose Baños

Preme na imaxe para ler ou descargar a folla en PDF

María José Baños Andujar é militante dos GRAPO. Natural de Murcia e veciña da Coruña. Ten 47 anos de idade e leva 17 anos en prisión. Actualmente atópase na de Picassent (Valencia). Ten graves problemas hepáticos. Desde fai 20 anos padece unha hepatite C e en 2007 descubríuselle uns vultos de sangue no fígado con serio risco de producir cirrose. Aínda que a propia presa política é escéptica sobre a evolución da súa enfermidade, todo depende do éxito do tratamento de choque que en breve debe empezar a tomar. Do tratamento e dun seguimento e coidados médicos incompatíbeis coa situación de detención na que se atopa.

Liberdade Marijose!!

Liberdade presas e presos políticos enfermos!!

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE, febreiro 2012.

Advertisements
Febreiro 21, 2012

Carta de David Garaboa sobre a necesidade da axuda económica

Aproveitando que a primeiros deste mes recibín os 60 euros dos beneficios do concerto de Pablo Hasél, quero darvos as grazas por estes cartos e por todos os ingresos que me levades feito dende que o COMITÉ comezou o seu labor solidario. Sempre lle dou as grazas á miña querida Pepita [Josefa Seoande Vaz, nai dos presos políticos Paco e Suso Cela e de Carlos que tamén estivo preso nove meses], coa que falo todas as semanas por teléfono, pero nesta ocasión quero facervos chegar as miñas palabras de agradecemento a todas e cada unha das persoas que formades o COMITÉ. Moitas grazas.

Como ben sabedes, todos nós somos membros de familias traballadoras, e o feito de que teñamos que cumprir a nosa condena a centos de quilómetros da Galiza (eu atópome a máis de 1000 do Burgo, onde viven os meus pais), por mor da “política de dispersión” que o Estado fascista español ven aplicando contra o conxunto de presos políticos, supón unha enorme sangría económica para as nosas familias. Xa que logo, calquera axuda, por modesta que sexa, é moi importante para aliviar a castigada economía dos nosos familiares.

Ademais, teño que dicirvos que aquí dentro non se precisan moitos cartos, pero si que é imprescindíbel ter algo, aínda que sexa pouco. É imprescindíbel para poder chamar por teléfono, que é o único medio que temos para manter o contacto diario cos familiares e amigos que estades na rúa. E tamén é imprescindíbel para mercar comida, pois a comida da cadea, alén de que teña mellor ou peor sabor, ten moitas carencias dende o punto de vista nutricional: chega para no pasar fame pero non para manterse san.

Isto é moi importante, pois enfermar na cadea supón enfrontarse co grave problema da desatención sanitaria. Este é un problema xeral nas cadeas, pero agrávase moito no caso das presas e presos políticos, porque en moitos ocasións estes fascistas poñen todo tipo de trabas para impedir a atención médica dos presos enfermos, coa intención apenas disimulada de agravar a súas doenzas. Por iso… hai que coidarse!

Compañeiros e compañeiras, unha vez máis, moitos grazas por eses cartiños que con tanto esforzo e sacrificios conseguides enviarnos. Pero sobre todo, moitas grazas por estar aí, facéndonos chegar o voso apoio e cariño, e axudándonos a conseguir que os nosos berros de Resistencia rachen as reixas e balados, e non deixen de tronar nas rúas da Nosa Terra.

David Garaboa Bonillo

Preso Político de PCE(r)

Prisión de Villena, xaneiro 2012

Etiquetas:
Febreiro 16, 2012

Aurora cumpre 55 anos, 30 en prisión

Aurora Cayetano Navarro naceu en Vigo o 19 de febreiro de 1957, no barrio de Cabral, no «Campo da Feira». Alí criouse e permaneceu até os 18 anos. Un barrio moi modesto, composto por familias de traballadores do mar, os estaleiros, Citroen e mulleres da fábrica de cerámicas Álvarez.

Con 14 anos entrou a traballar nunha conserveira de peixe, onde aprendeu un curso acelerado de explotación e abusos da patronal, pero tamén das súas ferramentas de opresión e da importancia da unidade entre os obreiros. Concienciouse a golpe de realidade da necesidade de loitar por cambiar toda esta situación. Ademais, e á calor da experiencia deixada pola Folga Xeral Revolucionaria de 1972, contacta coa Organización Obreira e entra a militar na OMLG (Organización de Marxistas Leninistas Galegos). En 1975 ingresa no xa reconstituído PCE(r). En decembro de 1976 é detida en Ferrol e encarcerada por dous meses.

Tocoulle vivir directamente a represión. E os sucesos sanguentos do 27 de Setembro de 1975 (cos 5 antifascistas fusilados) e do 3 de marzo de 1976 en Vitoria (con 5 obreiros asasinados e máis de 100 feridos de bala). Ao saír do cárcere organizouse na guerrilla antifascista GRAPO.

En 1978 é detida formando parte dun comando operativo dos GRAPO, nesta organización desenvolveu unha ampla actividade de resistencia armada contra o Estado monopolista español. Foi torturada brutalmente pola Brigada Político Social de «Billy el Niño» e demais secuaces. Viñeron 20 anos exactos de presidios, pasando por un total de 15 cárceres e 21 folgas de fame, unha delas de 435 días de duración xunto ao resto dos seus camaradas.

Entre 1992 e 1994 é trasladada de forma continua e ininterrompida de cárcere en cárcere.

Saíu en liberdade en 1998, tras máis dos 20 anos cos que as súas propias leis a condenaron e retornou a súa actividade política comunista. Pero a criminalización e a represión fan que no 2000 se incorpore ao labor comunista do PCE(r) na clandestinidade.

É detida o 18 de xullo de 2002 en Madrid, xunto a súa camarada Iolanda Fernández, nun dispositivo policial de «todo é GRAPO», onde 19 militantes dos GRAPO, do PCE(r) ou do SRI ingresaron en prisión.

Foi condenada a 12 anos de prisión pola súa militancia comunista, parecidos anos que os que lle caeron aos outros militantes do PCE(r) xulgados e aos solidarios do SRI (Socorro Roxo Internacional). No xuízo escapoulle un comentario ao xuíz-presidente: «aquí non hai nin unha patada no nocello a un policía». Pero a fascista Lei de Partidos xa tiña escrita outras condenas.

Pasou de novo por varios cárceres, e agora áchase a 1000 quilómetros dos seus familiares e da súa miña terra. Ten unha filla, Celestina. A súa irmá Carmiña tamén desenvolveu un vida dedicada á loita, estivo presa primeiro máis de 16 anos entre 1983 e 1999 e logo dende 2006 até a actualidade.

Aurora Cayetano Navarro
Presa política do PCE(r)

Prisión de Alicante II
03400 Villena, Alacant

Etiquetas:
Febreiro 12, 2012

Trasladan a Maria Osorio e Eduardo Vigo

Segundo informa CEIVAR, a presa política independentista Maria Osorio López, que se atopaba no módulo de illamento de Soto del Real foi trasladada á cadea de Brieva, en Ávila. Tamén foi trasladado á cadea de Teixeiro o combatente galego Eduardo Vigo Dominguez, que se atopa en Navalcarnero (no módulo de illamento); o día 21 de febreiro ten que comparecer como acusado nun xuízo nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, xunto a catro independentistas máis.

Pola súa banda, Antom Santos Perez, que se atopaba no módulo de illamento da cadea de Aranjuez, foi cambiado a un módulo normal. En canto que Roberto Rodríguez “Teto” foi levado ao módulo de illamento da prisión madrileña de Estremera (Madrid) por negarse a compartir cela con outros presos. Isto ocasionou que perdera o vis a vis que tiña autorizado coa súa compañeira sentimental.

Os novos enderezos de Maria e Eduardo (provisorio este) son os seguintes:

Maria Osorio López
C.P. Brieva
Ctra. de Vizcolozano
05194 – Brieva
(Ávila)

Eduardo Vigo Dominguez
C.P. de Teixeiro
Crta. de Paradela s/n
15310 – Teixeiro
Curtis (A Corunha)

Etiquetas:
Febreiro 9, 2012

Carta de Eduardo Vigo

Agradezo moito o apoio é animo que enviades dende aí. Por aquí eu ando ben, no “illamento” co artigo 75,1 á espera de clasificación de Madrid e, despois, ou me pasan ao Módulo ou artigo 10, primeiro grao preventivo. Seguro que me caerá isto. Saio só ao patio, porque estou eu só nese artigo. Podo estar así meses mais supoño que nunha cantas semaniñas comunicarme destino. Xa vos digo, ando ben, fago deporte, leo, estudo e aproveito o tempo no posíbel.

Ademais da vosa postal, chegáronme unha cantas máis de algunha xente [presa] vosa. Xa lles irei respondendo nas próximas semanas. De momento, envíalle unha aperta forte a todos e ánimo para resistir nas cadeas do inimigo. Á xente solidaria da Coruña mándovos moito ánimo, forza e un empurrón de forza combativa para continuar traballando nese labor tan importante de apoio e loita dos presos políticos galegos, e de socialización da represión española.

O dito, Adiante Sempre!

Moito ánimo!

Resistindo, Vencemos!

Eduardo Vigo Dominguez

Preso político independentista

Prisión de Navalcarnero, Madrid

Etiquetas:
Febreiro 1, 2012

Carta de Xaime Simón, “Moreno”, dende o illamento de Herrera de la Mancha

Descarga e difunde esta imaxe!

Como vos atopades? Espero que ben. Eu, aclimatándose aos rigores do inverno manchego. Levo catro días aquí e aínda non me afixen. Eu creo que máis que o frío, o duro é a transición de Sevilla 1 ao illamento de Herrera. Separado dos camaradas e perdido nun lugar da Mancha no que a miña radio só sintoniza tres emisoras (Radio 5, Radio Nacional e Radio Castilla-La Mancha.

Iso si, nunca vin tanta pegas e grallas como nos días de ingreso. Aquí, ao illamento, non se achegan nin os pardais. É o modulo no que estiveron Lucio e Xurxo [presos politicos do PCE(r) e dos GRAPO respectivamente]. Coméntanme os ordenanzas que “okupo” a mesma cela que no seu día habitou Xurxo Garcia Vidal. En fin, a transición é fodida: levanteime varias veces desta mesa e deime co estante da televisión. Coño! non habería outro sitio onde colocala!

Non coñecía Herrera de la Mancha máis a nós ben que nos recordan aquí. Entras e directo ao “tubo”, aínda que Madrid dixese que o meu traslado a esta prisión non impedía manter a aplicación dos aspectos propios do Segundo Grao. Nun módulo de primeiro grao non é posíbel aplicar eses aspectos propios do segundo grao. Pero, non imos discutir se foi primeiro o ovo ou a galiña. Isto é Herrera e o que hai. Un GRAPO en Herrera non progresa de módulo.

Nada mais saír de ingresos e entrar no corredor do illamento, esperábame o Xefe de Servizos coa notificación da intervención das comunicacións e un anuncio de sanción por traer a televisión nos vultos da “cunda”. Saín de Sevilla con todo. A Garda Civil déixome cargar os dous vultos cando lles dixen que levaba 27 anos de cárcere e aí ía toda a miña vida. Pois nada! que transgredín as normas e metéronme un parte. Imos ver. Un botou 10 anos en Sevilla; anteriormente 10 anos en Puerto… Quero dicir que non son dos que viaxa moito e non estou moi ao tanto de traslados. Bastante teño co día a día destas “casas” para cargar cos traslados e as súas normas.

(..) Comentáronme que aquí arranxan ben os dentes e o dentista ten mellores prezos que o de Sevilla. Intentarei arranxar a boca: unha funda, uns empastes e poñer unhas pezas que me faltan… O caso é que ou arranxo a boca ou terei que apuntarme a comida dos sen dentes. Preciso unha prótese para o maxilar inferior, que é onde máis pezas me faltan. Sáenme por 350 euros. A ver se entre un pouco que eu aforre (apertareime o cinto) e outro pouco da axuda xenerosa de xentes de ben, fan posíbel que antes do verán poida facerme a prótese.

Á espera de novas vosas, recibir entrañábeis apertas. Saúde e Resistencia.

Xaime Simón Quintela, “Moreno”

Preso Político dos GRAPO

Prisión de Herrera de la Mancha

Etiquetas: ,
%d bloggers like this: