Aurora cumpre 55 anos, 30 en prisión

Aurora Cayetano Navarro naceu en Vigo o 19 de febreiro de 1957, no barrio de Cabral, no «Campo da Feira». Alí criouse e permaneceu até os 18 anos. Un barrio moi modesto, composto por familias de traballadores do mar, os estaleiros, Citroen e mulleres da fábrica de cerámicas Álvarez.

Con 14 anos entrou a traballar nunha conserveira de peixe, onde aprendeu un curso acelerado de explotación e abusos da patronal, pero tamén das súas ferramentas de opresión e da importancia da unidade entre os obreiros. Concienciouse a golpe de realidade da necesidade de loitar por cambiar toda esta situación. Ademais, e á calor da experiencia deixada pola Folga Xeral Revolucionaria de 1972, contacta coa Organización Obreira e entra a militar na OMLG (Organización de Marxistas Leninistas Galegos). En 1975 ingresa no xa reconstituído PCE(r). En decembro de 1976 é detida en Ferrol e encarcerada por dous meses.

Tocoulle vivir directamente a represión. E os sucesos sanguentos do 27 de Setembro de 1975 (cos 5 antifascistas fusilados) e do 3 de marzo de 1976 en Vitoria (con 5 obreiros asasinados e máis de 100 feridos de bala). Ao saír do cárcere organizouse na guerrilla antifascista GRAPO.

En 1978 é detida formando parte dun comando operativo dos GRAPO, nesta organización desenvolveu unha ampla actividade de resistencia armada contra o Estado monopolista español. Foi torturada brutalmente pola Brigada Político Social de «Billy el Niño» e demais secuaces. Viñeron 20 anos exactos de presidios, pasando por un total de 15 cárceres e 21 folgas de fame, unha delas de 435 días de duración xunto ao resto dos seus camaradas.

Entre 1992 e 1994 é trasladada de forma continua e ininterrompida de cárcere en cárcere.

Saíu en liberdade en 1998, tras máis dos 20 anos cos que as súas propias leis a condenaron e retornou a súa actividade política comunista. Pero a criminalización e a represión fan que no 2000 se incorpore ao labor comunista do PCE(r) na clandestinidade.

É detida o 18 de xullo de 2002 en Madrid, xunto a súa camarada Iolanda Fernández, nun dispositivo policial de «todo é GRAPO», onde 19 militantes dos GRAPO, do PCE(r) ou do SRI ingresaron en prisión.

Foi condenada a 12 anos de prisión pola súa militancia comunista, parecidos anos que os que lle caeron aos outros militantes do PCE(r) xulgados e aos solidarios do SRI (Socorro Roxo Internacional). No xuízo escapoulle un comentario ao xuíz-presidente: «aquí non hai nin unha patada no nocello a un policía». Pero a fascista Lei de Partidos xa tiña escrita outras condenas.

Pasou de novo por varios cárceres, e agora áchase a 1000 quilómetros dos seus familiares e da súa miña terra. Ten unha filla, Celestina. A súa irmá Carmiña tamén desenvolveu un vida dedicada á loita, estivo presa primeiro máis de 16 anos entre 1983 e 1999 e logo dende 2006 até a actualidade.

Aurora Cayetano Navarro
Presa política do PCE(r)

Prisión de Alicante II
03400 Villena, Alacant

Advertisements
Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: