XXXI Cabodano do asasinato dos galegos Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e do catalán Antonio Cabezas

Placa en memoria do mártir Roberto Liñeira

O vindeiro domingo 17 de xuño, cúmprese o 31 aniversario da morte ás mans da Garda Civil de 4 militantes dos GRAPO en La Farga de Bebie, Las Lloses, Girona. Masacre que, xunto á de 4 activistas dos Comandos Autónomos Anticapitalistas (CAA) na Baía de Pasaia no 84, son as maiores matanzas policiais de militantes revolucionarios dende o 27 de setembro de 1975, con Franco aínda vivo.

O catalán Antonio Cabezas Bella e os galegos Francisco Roberto Liñeira Oliveira, Albino Gabriel López e Dolores Castro Saa formaban un comando operativo da organización armada GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro) que neses meses de marzo, abril, maio e xuño de 1981 se mostrou especialmente activo. Estábanse a vivir momentos vitais na política española e europea e a devandita organización achábase no centro do ciclón.

O día 16 de xuño o comando composto por estes catro militantes enfróntase a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. O día 17 instalan a súa tenda de campaña aos arredores de La Farga de Bebie, en Las Lloses, a uns poucos quilómetros de chan francés. Albino Gabriel López e María Dolores Castro Saa se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida e tabaco. Van vestidos como simples turistas, algo habitual neses pobos fronteirizos.

Antonio Cabezas Bella e Roberto Liñeira Oliveira agardan na tenda de campaña a uns quilómetros do pobo, nunha zona estratexicamente situada e moi disimulada nunha campa de moi difícil absceso.

Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. Levados ao cuartel, un enclave estratéxico na loita contrarrevolucionaria xa dende os tempos do maquis antifascista, pois dende el se controlan os pasos a Francia son, polo que obxectivamente parece son brutalmente torturados e asasinados.

A versión do Estado foi que Dolores levaba unha pistola camuflada (no cabelo!!) e que ao intentar usala foron abatidos (de feito, os seus cadáveres estaban literalmente partidos por refachos de metralladora).

A realidade é que lles tiveron que sacar con brutais pero rápidas torturas a información da localización dos seus compañeiros, pois dende as 15.45 que se oíron os disparos polos veciños do pobo até a localización e acribillamiento dos seus outros dous camaradas, ás 18.29, até ese afastado pobo de Girona desprazáronse decenas e decenas de gardas civís e os dous máis altos cargos da Garda Civil en Catalunya. Todo iso en apenas dúas horas e corenta e catro minutos. Entre os altos cargos, o Tenente Coronel Blázquez Pedraza, xefe da comandancia de Girona, e o Xeneral Pajuelo, xefe da 4ª Zona (Catalunya).

O dispositivo de detectar e matar cumpriu a súa primeira parte. Só faltaba localizar o resto de militantes antifascistas. Actívase un círculo en torno á campiña na que estaban Roberto e Antonio. As torturas deberon facer efecto, porque a tenda estaba moi ben escondida e aínda así en menos de dúas horas dende o asasinato dos 2 primeiros militantes xa estaban localizados. Polo menos un grupo de 18 gardas civís descargan sobre eles centos de balazos, asasinándoos no acto e deixando os corpos tirados por varias horas.

Como todos os anos, dende hai 31, renderáselle homenaxe a estes catro antifascistas na cidade da Coruña -domingo 17 no cemiterio de San Amaro ás 13 h-, onde está enterrado Roberto Liñeira.

Advertisements
Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: