Archive for Agosto, 2012

Agosto 23, 2012

Concerto pola Amnistía no CSO de Palavea (A Coruña)

Advertisements
Etiquetas:
Agosto 18, 2012

Liberdade para Iosu Uribetxeberria!!

Xurxo García Vidal, preso político dos GRAPO, declarouse en folga de fame indefinida na prisión de Dueñas-Palencia en solidariedade co preso político vasco Iosu Uribetxeberria. Recordamos que tamén están en folga de fame solidaria outros presos políticos do colectivo de presos comunistas e antifascistas como o tamén galego Nacho Varela, o vasco Enrike Kuadra ou o madrileño Marcos Martín Ponce, todos eles militantes dos GRAPO.

Como é sabido, Josu Uribetxeberria está gravemente enfermo cun cancro terminal, e en folga de fame indefinida dende hai 11 días para esixir a súa inmediata e incondicional posta en liberdade, tal e como prevén a lexislación vixente para os casos de doenzas graves e incurábeis. Máis de cen presos do MNLV están a participar na protesta. De novo a cerrazón do Estado fascista e o seu delirio represivo é respondido coa loita, a resistencia e a dignidade dos propios presos e presas políticas.

Iosu Uribetxeberria Askatu!!
Presos Políticos Enfermos Liberdade!!
Amnistía
Total Presos Políticos!!

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE

Agosto 13, 2012

XXXI Cabodano do asasinato de Abelardo Collazo Arauxo

O próximo 29 ade agosto cumpriranse 31 anos do asasinato de Abelardo Collazo Arauxo en Madrid. Sobre as cinco da tarde daquel fatídico día, Abelardo ten unha cita con outro obreiro vigués, Luís Fernández González, “O Ché”. Ambos son combatentes dos GRAPO. As oito e media do serán soben pola madrileña rúa de Bravo Murillo e collen pola rúa Coruña. Mentres, a policía prepara a emboscada. O lugar está pouco transitado; é o sitio idóneo, sen testemuñas. Varios policías aproxímanse polas costas e, sen mediar palabra, descargan as pistolas sobre os corpos de Abelardo e máis O Ché. Xa no chan, rematan a Abelardo. Xosé Luís recebará varios impactos; un tiro secciónalle a medula espinal a altura do peito, quedará parapléxico de por vida.

Abelardo era un mozo de Teis, que traballa dende os doce anos. A finais dos anos sesenta, cando comeza a rexurdir o movemento obreiro en Vigo, volta da emigración en Francia onde estivera a traballar; axiña entra a formar parte das Xuventudes Comunistas do PCE en Galiza. Ao pouco Abelardo salienta como organizador e dirixente nato entre os compañeiros pola súa seriedade, disciplina, entrega… máis por riba de todo porque é quen de darlle sentido revolucionario á loita, máis alá dos textos e das consignas oficiais dos carrillistas do PCE. Así comezarán os desencontros e os primeiros choques cos dirixentes carrillistas, friccións que favorecerán a configuración dunha corrente verdadeiramente comunista no seo do PCE.

Esta confrontación cos representantes da política burguesa nas filas obreiras vai manifestándose cada día máis claramente na loita política, na loita sindical, etc, até adquirir un carácter verdadeiramente antagónico, que amosa a imposibilidade de manter un traballo comunista de rectificación no seo do PCE. Será nese momento cando a corrente proletaria que personifica Abelardo, racha cos carrillistas e dá lugar á formación da Organización Obreira (O.O). O papel desta nova organización comunista revelarase en toda a súa dimensión cando se pon ao fronte da Folga Xeral de setembro do 72 en Vigo.

Mais Organización Obreira e Abelardo, ao mesmo tempo que rachan cos carrillistas, presentan como unha necesidade política prioritaria a reconstrución do partido proletario. Traballando nesa perspectiva é cando comezan os contactos coa Organización de Marxistas-Leninistas de España. O que comeza cun intercambio de experiencias, debates a a colaboración práctica entre ambas as dúas organizacións, remata cun fondo entendemento entre comunistas que dá lugar ao nacemento da Organización de Marxistas-Leninistas de Galiza que de seguido fusionarase coa OM-LE. Abelardo alenta este proceso que culminará coa reconstitución, en xuño de 1975, do Partido Comunista, agora baixo as siglas PCE(r). O camarada “Alfonso”, como se lle coñecía na Organización, será tamén membro fundador dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro, GRAPO.

A noticia do asasinato do tiroteo que remataría coa morte de Abelardo e deixaría malferido a Luís Fernández, provocou unha reacción de ira sen precedentes na recente historia da Galiza. O enterro de Abelardo Collazo en Vigo congregou unha multitude de obreiros. A Asemblea para Ceibar aos Presos Políticos Galegos (ACPG), convocaría unha folga xeral na comarca secundada por numerosos obreiros e unha manifestación a que acudiron en torno a mil persoas e que acabaría con duros enfrontamentos coa policía. O pobo galego, moi particularmente o proletariado vigués, recoñecía así a un irmán de clase, a un líder indiscutíbel que non dubidou en entregar a súa vida pola causa da República Popular e o Socialismo.

Etiquetas:
Agosto 3, 2012

Aurora remata a folga de fame tras acadar as súas reivindicacións mínimas

Debuxo de Aurora Cayetano

Etiquetas:
Agosto 2, 2012

Aurora Cayetano Navarro en folga de fame

Aurora Cayetano Navarro, presa política galega do PCE(r), ven de declararse en folga de fame indefinida. Situación na que se atoparía, segundo informa o SRI, dende o 25 de xullo. Aurora áchase no Módulo de illamento da prisión de Alacant tras negarse a partillar a súa cela cunha presa social. Como xa explicamos anteriormente, os presos e presas políticas levan moitos anos defendendo o dereito que teñen todos eles -incluídos os socias- a ocupar unha cela individual. Só en casos puntuais, os presos políticos aceptan partillar os pouco máis de nove metros cadrados disponíbeis con outros presos políticos.

Aurora, veciña de Vigo, ten cincuenta anos, dos que leva privada de liberdade máis de trinta. A súa última detención data de xullo de 2002 cando foi detida en Madrid acusada de militar no Partido Comunista de España (reconstituído). Anteriormente estivo outros vinte anos no cárcere por formar parte dun comando dos GRAPO. Durante estas tres décadas de loita e resistencias nas cadeas españolas, Aurora realizou múltiples folgas de fame, unha delas de 465 días que lle custou a vida ao seu camarada José Sevillano Martín.

Etiquetas:
%d bloggers like this: