XXXI Cabodano do asasinato de Abelardo Collazo Arauxo

O próximo 29 ade agosto cumpriranse 31 anos do asasinato de Abelardo Collazo Arauxo en Madrid. Sobre as cinco da tarde daquel fatídico día, Abelardo ten unha cita con outro obreiro vigués, Luís Fernández González, “O Ché”. Ambos son combatentes dos GRAPO. As oito e media do serán soben pola madrileña rúa de Bravo Murillo e collen pola rúa Coruña. Mentres, a policía prepara a emboscada. O lugar está pouco transitado; é o sitio idóneo, sen testemuñas. Varios policías aproxímanse polas costas e, sen mediar palabra, descargan as pistolas sobre os corpos de Abelardo e máis O Ché. Xa no chan, rematan a Abelardo. Xosé Luís recebará varios impactos; un tiro secciónalle a medula espinal a altura do peito, quedará parapléxico de por vida.

Abelardo era un mozo de Teis, que traballa dende os doce anos. A finais dos anos sesenta, cando comeza a rexurdir o movemento obreiro en Vigo, volta da emigración en Francia onde estivera a traballar; axiña entra a formar parte das Xuventudes Comunistas do PCE en Galiza. Ao pouco Abelardo salienta como organizador e dirixente nato entre os compañeiros pola súa seriedade, disciplina, entrega… máis por riba de todo porque é quen de darlle sentido revolucionario á loita, máis alá dos textos e das consignas oficiais dos carrillistas do PCE. Así comezarán os desencontros e os primeiros choques cos dirixentes carrillistas, friccións que favorecerán a configuración dunha corrente verdadeiramente comunista no seo do PCE.

Esta confrontación cos representantes da política burguesa nas filas obreiras vai manifestándose cada día máis claramente na loita política, na loita sindical, etc, até adquirir un carácter verdadeiramente antagónico, que amosa a imposibilidade de manter un traballo comunista de rectificación no seo do PCE. Será nese momento cando a corrente proletaria que personifica Abelardo, racha cos carrillistas e dá lugar á formación da Organización Obreira (O.O). O papel desta nova organización comunista revelarase en toda a súa dimensión cando se pon ao fronte da Folga Xeral de setembro do 72 en Vigo.

Mais Organización Obreira e Abelardo, ao mesmo tempo que rachan cos carrillistas, presentan como unha necesidade política prioritaria a reconstrución do partido proletario. Traballando nesa perspectiva é cando comezan os contactos coa Organización de Marxistas-Leninistas de España. O que comeza cun intercambio de experiencias, debates a a colaboración práctica entre ambas as dúas organizacións, remata cun fondo entendemento entre comunistas que dá lugar ao nacemento da Organización de Marxistas-Leninistas de Galiza que de seguido fusionarase coa OM-LE. Abelardo alenta este proceso que culminará coa reconstitución, en xuño de 1975, do Partido Comunista, agora baixo as siglas PCE(r). O camarada “Alfonso”, como se lle coñecía na Organización, será tamén membro fundador dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro, GRAPO.

A noticia do asasinato do tiroteo que remataría coa morte de Abelardo e deixaría malferido a Luís Fernández, provocou unha reacción de ira sen precedentes na recente historia da Galiza. O enterro de Abelardo Collazo en Vigo congregou unha multitude de obreiros. A Asemblea para Ceibar aos Presos Políticos Galegos (ACPG), convocaría unha folga xeral na comarca secundada por numerosos obreiros e unha manifestación a que acudiron en torno a mil persoas e que acabaría con duros enfrontamentos coa policía. O pobo galego, moi particularmente o proletariado vigués, recoñecía así a un irmán de clase, a un líder indiscutíbel que non dubidou en entregar a súa vida pola causa da República Popular e o Socialismo.

Advertisements
Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: