Archive for Abril, 2013

Abril 29, 2013

Viva o Primeiro de Maio!! 36 anos de Resistencia!! Comunicado do SRI

 

sri+logo

A todas e todos os traballadores:

Hai 36 anos da existencia dos presos e presas políticas. Comunistas, antifascistas, independentistas, anarquistas… Son moitos anos, xa pasou auga baixo as pontes, e son de unha importancia considerable na historia da loita obreira e do Movemento de Resistencia Organizado fronte a súa “democracia”. Con longas condenas de cárcere, aplicándolles a tortura branca con asañamento, tratando de exterminalos no illamento de 23 horas nunha cela expostos a calquera aldraxe da besta represiva con luva de seda constitucional. E por se isto fose pouco, difámanos de todos os xeitos posibles para que as súas ideas non desperten curiosidade no pobo traballador…

Os presos e presas políticas do PCE(r) e dos GRAPO representan a SOLIDARIEDADE ESENCIAL da que falaba o Ché Guevara, a que nós precisamos aquí na rúa como aire que respirar e que a mesma necesidade nos empuxa a practicar: porque desobedecemos cada día máis e non comungamos coas rodas de muíño das súas leis que teñen dúas varas de medir; porque cada vez tragamos menos e deixamos de ser submisos e indignos; por que loitar pola defensa e a liberación dos presos e presas políticas significa que imos resistir e non apandar co peso da crise.

Este é o espírito de resistencia fronte a ofensiva de explotación e represión de toda a caterva de “demócratas”, con luva de seda constitucional. Recórtannos, asobállannos, con máis explotación, máis paro, precariedade, salarios de miseria, desafiuzamentos, róubanos os aforros, atentan contra a nosa dignidade; a súa corrupción e podremia, cos seus politicastros corruptos, reformistas-parasitos de toda pelaxe, comungan coa constitución da monarquía franquista móstranse con tanta claridade, feden tanto, que ningún traballador cun mínimo de conciencia pode aturalo. Así, están deslindados os campos.

O CAPITAL SEN OS TRABALLADORES NON É NADA, OS TRABALLADORES SEN O CAPITAL SONO TODO!!

SOCIALISMO OU BARBARIE CAPITALISTA! AMNISTÍA!!

 

Comités por un Socorro Roxo Internacional

Primeiro de Maio de 2013

Advertisements
Etiquetas:
Abril 16, 2013

«O Faluya encheuse de solidariedade», por Aitor Cuevo

Ao fondo Aitor Cuervo

Ao fondo, Aitor Cuervo Taboada

«As xornadas do domingo na Coruña contra a Doutrina Parot foron un éxito. O Bar Faluya encheuse de xente e de solidariedade. Pasamos un día inesquecíbel entre a comida popular, as charlas e as actuacións.

Durante o xantar, lemos cartas dos presos políticos coruñeses, eu a de Suso Cela, en quen ía focalizado o acto, xa que a súa condena rematou en 2007, pero coa ilegal Doutrina Parot andará encerrado até 2015; tiven ademais logo a ocasión de saudalo vía teléfono e foi moi emotivo.

Hai que comentar tamén que o domingo saíron do cárcere de Córdoba os compañeiros Ciete Calcerrada e Carmen Muñoz tras longos anos de prisión. Moitos solidarios achegáronse a recibilos á súa saída, e xa me contaron que a festa de recibimento para ambos os dous foi épica .

Cada vez máis xente mostra o seu apoio aos que máis loitaron pola liberdade, e é que, a solidariedade avanza como unha onda imparábel que non deixa de medrar.»

Aitor Cuervo Taboada é poeta.

Etiquetas:
Abril 9, 2013

Xantar popular, recital poético e hip-hop, contra a “Doutrina Parot”

sus

O próximo domingo 14 de abril a partir das 15:00 horas no Bar Faluya (rúa Orzán 75 da Coruña), o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE ten previsto organizar unha xornada lúdico-reivindicativa contra a chamada “Doutrina Parot” e a liberación dos presos condenados pola súa fraudulenta aplicación, en especial pola liberdade do noso veciño Suso Seoane. Suso debería estar na rúa dende o ano 2007 unha vez pasados 17 anos en prisión.

 A xornada consistira nun xantador popular ao que dende aquí queremos invitar a todos os familiares, amigos e solidarios cos presos e presas políticas. Durante a comida leranse diferentes cartas dos presos. Ao remate do xantar, Aitor Cuervo recitara algúns versos do seu repertorio poético máis combativo. Asemade, contamos coa participación de dous grupos de hip-hop, un coruñés e outro de Vigo. Todos os artistas actuarán en beneficio única e exclusivamente da causa en prol da amnistía.

Etiquetas:
Abril 4, 2013

Non a “Doutrina Parot”!! Polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE.

Cartel editado polo SRI de Euskal Herria Norte

Cartel editado en Euskal Herria Norte

A “Doutrina Parot” é o nome habitual co que se coñece a xurisprudencia establecida a partir da sentenza do Tribunal Supremo do 28 de febreiro de 2006. Até esa data o conxunto de condenas dun preso unificábanse nunha de 30 anos, o máximo considerado pola lei até ese momento, e as redencións de condena descontábanse sobre esa pena máxima de 30 anos.

Na mencionada sentenza 197/2006 o Estado inaugura unha nova forma de aplicar as redencións, que se contabilizaban sobre cada unha das condenas e non sobre o total. Desta forma, o resultado é un alongamento da condena até a aplicación efectiva daena máxima de 30 anos. En base á aplicación fraudulenta do dereito foi como se evitou a saída en liberdade de case cen presos e presas políticas.

A ileGALidade da “Doutrina Parot”, denunciada dende hai anos polo Movemento pola Amnistía, numerosas organizacións, colectivos e amplos sectores da propia xudicatura, ven de ser abalada agora polo Tribunal de Estrasburgo. O Goberno español apelou a sentenza condenatoria mais para este Tribunal non hai dúbida de que a medida non cumpre cos principios do Convenio Europeo de Dereitos Humanos, porque engade de xeito retroactivo unha condena máis dura que a aplicable cando estas persoas foron xulgadas.

Unha sentenza definitiva en Estrasburgo (prevista para os próximos meses), obrigaría, en teoría, a liberar e indemnizar economicamente a numerosos presos políticos. Porén, o goberno español xa avisou de que botarían man da “enxeñería xurídica” para evitar a que esas situacións se desen. É sabido que as leis nunca foron un problema para o Réxime. Para iso, para facer “enxeñería xurídica” crearon a Audiencia Nacional e para iso teñen tamén en nómina a toda unha lexión de mercenarios-periodistas e intelectuais orgánicos que logo xustifiquen os seus atropelos.

Por iso nós non confiamos, evidentemente, en ningún tribunal. Nós cremos que unicamente a indignación, a presión e a mobilización popular pode facer recuar ao Estado para que este anule a “Doutrina Parot”. Da mesma maneira que pensamos que só esa mobilización pode evitar sucesivos endurecementos do Código Penal como o que se está preparando e que entre outras medidas contempla a imposición formal da cadea perpetua. Os tribunais ratificarán, en todo caso, o que a rúa e a mobilización popular impoñan.

Abril 2, 2013

Campaña do COMITÉ contra a Doutrina Parot e a liberdade do noso veciño Suso Cela

SusoParot

Suso Cela Seoane naceu na Xironda (Ourense) o 13 de decembro de 1964. Combatente dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro (GRAPO) e militante do Partido Comunista de España (reconstituído), foi detido e torturado por primeira vez en outubro de 1985. Tras cumprir integramente a pena imposta por “pertenza a banda armada”, Suso foi posto en liberdade o 23 de xaneiro de 1990, cando levaba 53 días en folga de fame.

Á semana de ser posto na rúa e regresar A Coruña -de onde é veciño- Suso Cela foi secuestrado por un comando do posteriormente coñecido como “GAL Verde”. Suso foi interrogado durante un día enteiro por un grupo de descoñecidos nun lugar indeterminado da xeografía galega ou pode que portuguesa. Debido ao acoso policial, Suso volve a incorporarse á loita clandestina en xullo dese mesmo, sendo novamente detido e torturado en outubro de 1990.

Suso Cela Seoane foi condenado a varias ducias de anos por participar na realización de varios ataques con explosivos, expropiación de fondos, etc, realizadas polos GRAPO. Tras cumprir o máximo marcado polo co Código Penal vixente, Suso tiña marcada data de saída de prisión para outubro de 2007. Porén, días antes de ser posto en liberdade, aplicáronlle a coñecida como “Doutrina Parot”, invento xurídico creado na Audiencia Nacional para alongar a pena de numerosos presos e presas políticas.

Durante todos estes anos, pasou polas cadeas de Carabanchel, Soria, Alcalá Meco, Sevilla, Topas e Badajoz, na que se atopa dende hai máis de dazaoito anos. En canto ao réxime de vida, Suso está clasificado en Primeiro Grao o que implica todo tipo de limitacións en canto ás visitas e todo tipo censura nas comunicacións coa rúa e entre os próprios presos políticos. O seu irmán Paco tamén está en prisión pola súa militancia comunista mais non se lles permite ver.

Suso Cela leva, en total, máis de 28 anos na cadea; estes 5 últimos de maneira totalmente ileGAL.

%d bloggers like this: