Non a “Doutrina Parot”!! Polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE.

Cartel editado polo SRI de Euskal Herria Norte

Cartel editado en Euskal Herria Norte

A “Doutrina Parot” é o nome habitual co que se coñece a xurisprudencia establecida a partir da sentenza do Tribunal Supremo do 28 de febreiro de 2006. Até esa data o conxunto de condenas dun preso unificábanse nunha de 30 anos, o máximo considerado pola lei até ese momento, e as redencións de condena descontábanse sobre esa pena máxima de 30 anos.

Na mencionada sentenza 197/2006 o Estado inaugura unha nova forma de aplicar as redencións, que se contabilizaban sobre cada unha das condenas e non sobre o total. Desta forma, o resultado é un alongamento da condena até a aplicación efectiva daena máxima de 30 anos. En base á aplicación fraudulenta do dereito foi como se evitou a saída en liberdade de case cen presos e presas políticas.

A ileGALidade da “Doutrina Parot”, denunciada dende hai anos polo Movemento pola Amnistía, numerosas organizacións, colectivos e amplos sectores da propia xudicatura, ven de ser abalada agora polo Tribunal de Estrasburgo. O Goberno español apelou a sentenza condenatoria mais para este Tribunal non hai dúbida de que a medida non cumpre cos principios do Convenio Europeo de Dereitos Humanos, porque engade de xeito retroactivo unha condena máis dura que a aplicable cando estas persoas foron xulgadas.

Unha sentenza definitiva en Estrasburgo (prevista para os próximos meses), obrigaría, en teoría, a liberar e indemnizar economicamente a numerosos presos políticos. Porén, o goberno español xa avisou de que botarían man da “enxeñería xurídica” para evitar a que esas situacións se desen. É sabido que as leis nunca foron un problema para o Réxime. Para iso, para facer “enxeñería xurídica” crearon a Audiencia Nacional e para iso teñen tamén en nómina a toda unha lexión de mercenarios-periodistas e intelectuais orgánicos que logo xustifiquen os seus atropelos.

Por iso nós non confiamos, evidentemente, en ningún tribunal. Nós cremos que unicamente a indignación, a presión e a mobilización popular pode facer recuar ao Estado para que este anule a “Doutrina Parot”. Da mesma maneira que pensamos que só esa mobilización pode evitar sucesivos endurecementos do Código Penal como o que se está preparando e que entre outras medidas contempla a imposición formal da cadea perpetua. Os tribunais ratificarán, en todo caso, o que a rúa e a mobilización popular impoñan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: