Archive for Abril 16th, 2013

Abril 16, 2013

«O Faluya encheuse de solidariedade», por Aitor Cuevo

Ao fondo Aitor Cuervo

Ao fondo, Aitor Cuervo Taboada

«As xornadas do domingo na Coruña contra a Doutrina Parot foron un éxito. O Bar Faluya encheuse de xente e de solidariedade. Pasamos un día inesquecíbel entre a comida popular, as charlas e as actuacións.

Durante o xantar, lemos cartas dos presos políticos coruñeses, eu a de Suso Cela, en quen ía focalizado o acto, xa que a súa condena rematou en 2007, pero coa ilegal Doutrina Parot andará encerrado até 2015; tiven ademais logo a ocasión de saudalo vía teléfono e foi moi emotivo.

Hai que comentar tamén que o domingo saíron do cárcere de Córdoba os compañeiros Ciete Calcerrada e Carmen Muñoz tras longos anos de prisión. Moitos solidarios achegáronse a recibilos á súa saída, e xa me contaron que a festa de recibimento para ambos os dous foi épica .

Cada vez máis xente mostra o seu apoio aos que máis loitaron pola liberdade, e é que, a solidariedade avanza como unha onda imparábel que non deixa de medrar.»

Aitor Cuervo Taboada é poeta.

Etiquetas:
A %d blogueros les gusta esto: