A Pepita Seoane; polo preso político Manuel Arango Riego

pepita_suso

Ao final do primeiro día de realización daquel xuízo-farsa puiden ver fugazmente a Pepita, mentres nos cruzabamos nun corredor da Audiencia Nacional. Apenas puiden adicarlle un sorriso e un curto saúdo, mentres ela a min me saudaba.

Había máis de 20 anos que non a vía.

Viñera dende A Coruña a asistir, xunto a máis traballadores da súa cidade, ao desenvolvemento dese xuízo, a apoiarnos e a ver ao seu fillo Paco, que, novamente, despois de permanecer 20 anos no cárcere, volvía ser procesado pola súa militancia comunista no PCE(r). 

Pepita ten dous fillos que se encontran en prisión pola súa participación na loita revolucionaria dende as filas do noso Partido e dende a guerrilla antifascista. O seu terceiro fillo, o máis pequeno, foi procesado por defender os presos políticos e participar na loita pola súa liberación. Son unha familia onde a causa do antifascismo e do comunismo son profundas razóns de ser.

Cos seus máis de 70 anos, Pepita é un símbolo da loita antifascista e da defensa dos presos políticos. O seu exemplo mereceu o recoñecemento dos traballadores, de diversas organizacións democráticas e do noso Partido a través de actos de pública homenaxe.

Non obstante, Pepita continúa na brecha. A súa resistencia non envellece, continúa viva, non se pasa á reserva. A súa presenza e o seu quefacer activo son unha denuncia poderosa contra os crimes e canalladas do Estado fascista e unha permanente chamada á resistencia.

Recordo algúns dos seus últimos textos de denuncia, contundentes alegacións políticas: acendidos, veraces e irrefutables. É o supremo dereito da nai a defender os seus fillos, a defender a verdade e o xusto e a loitar polos dereitos dos traballadores.

Aí encádrase o texto que lle enviou ao presidente do Goberno, sobre o cal descargou, o mesmo que contra o Estado no seu conxunto, a súa ira popular, de forma argumentada e poderosa.

O o seu máis recente texto dirixido ao presidente da Audiencia Nacional, no que manifesta o seu “maior desprezo á xustiza e aos xuíces”, porque entre outros moitos outros atropelos e represións “se aplica a fondo en ilegalizar partidos, pechar xornais ou en quitar de en medio a todo aquel que non estea de acordo co voso xeito de pensar e de actuar”.

A Pepita non lle fan falta as tribunas oficiais; as súas tribunas de expresión son os barrios, os locais populares e os centros de traballo. Tampouco a frea a ameaza das “leis antiterroristas”, nin se aplica a auto-censura: di publicamente o que sente.

Coa súa presenza entre todos aqueles traballadores que asistiron a apoiarnos, unha poderosa mensaxe de resistencia percorreu ese búnker das anti-liberdades; ese monumento á opresión fascista que é a Audiencia Nacional.

[Extraido e traducido de «La Madre» pertencente ao Capítulo X do relato “Tres días de febrero” sobre o xuízo-farsa de febreiro de 2011.]

Manuel Arango Riego, preso político do PCE(r)

Advertisements
Etiquetas:

One Comment to “A Pepita Seoane; polo preso político Manuel Arango Riego”

  1. pouca xente tan loitadora e voa coma PEPITA coñezo,sempre connosco,apoiando as causas xustas,sen dar o brazo a torcer iso cas garras dos fascistas levaronlle da sua veira a dous fillos,que levan mais da metade da sua vida na cadea e pouco disfrutou deles en liberdade,EXEMPLO a seger.Todo o meu recoñecemento e admiración a PEPITA,loitadora incansable.moitisimos BICOS e APERTAS!!!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: