Archive for Xuño, 2013

Xuño 27, 2013

Suso Cela hospitalizado consecuencia dunha leve hemorraxia estomacal

1006116_10201182005894003_498659438_n

Suso Cela, preso político dos GRAPO liberado o pasado venres, foi ingresado na tarde do 23 no Hospital Universitario da Coruña mor dunha fisura no duodeno que lle provocou unha leve hemorraxia interna. Unha doenza que xa sufría en prisión pero que até agora aínda non fora correctamente diagnosticada. En efecto, os problemas estomacais de Suso remóntase a varios anos e non é a primeira vez que ten que ser ingresado de urxencia por tal motivo. Non esquezamos que o noso veciño pasou en total 28 anos preso e que durante todos estes anos, ademais dunha deficiente alimentación tamén participou en numerosas folgas de fame, algunhas delas de máis de 50 días. .

Hai que ter tamén en conta o estres acumulado e o pouco descanso do compañeiro unha vez na rúa. Na madrugada o 22 foron preto de cen persoas acudiron ao chamamento do COMITÉ para dar un primeiro recibimento a Suso. Foron case dúas horas as que estivo no Bar Faluya falando con familiares e amigos, aínda que máis emocionante foi esa primeira aperta de Suso coa súa nai Pepita Seoane; tamén a do seu irmán Carlos Cela Seoane. Moitas emocións xuntas para o noso Susiño despois de case todo unha vida de separación cos seus achegados e lonxe da Terra.

Tampouco descansou moito ao día seguinte, o sábado 22, posto que o COMITÉ realizaba como todos os anos un acto no Cemiterio de Santo Amaro en lembranza aos catro militantes dos GRAPO asasinados en Girona o 17 de xuño de 1981. Ao pé do nicho de Roberto Liñeira, o propio Suso Cela evocaba a figura daquel mozo militante comunista e antifascista da primeira fornada de revolucionarios na nosa cidade. Militantes aos que logo seguirían os propios irmáns Cela, os Cabezas e outros moitos que tamén pasarían polas torturas e os longos anos de prisión. Suso Cela coñeceu a Roberto Liñeira, cuxo fatal desenlace xogaría un importante rol no seu propio proceso de maduración e compromiso coa causa do Socialismo. A xornada de Homenaxe remataría cunha comida popular.

E así foi como, despois de tantos anos de desasistencia médica, de illamento e dispersión e talvez despois de tantas emocións xuntas, acabou o Susiño entrando polas portas das saturadas Urxencias do CHUAC o día 23 de xuño, véspera de San Xoan. E alí seguía na tarde de hoxe, moi ben de ánimo e, como non pode ser doutro xeito, desexando volver definitivamente á casa.

Ánimo compañeiro!

Xuño 21, 2013

Última hora!!! SUSO VOLVE A CASA!!!

suo_parot1

Tras 23 anos de prisión o noso veciño Suso Cela está xa camiño da Coruña. Suso Cela Seoane, militante revolucionario dos GRAPO, comunicou telefonicamente a familiares amigos a súa repentina liberdade ao redor das 15:00 horas. Tras coñecer a noticia, Suso foi inmediatamente recollido por un familiar que se atopaba en Estremadura e a estas horas xa está camiño da Galiza. A súa chegada á Coruña producirase a iso das 2:00 horas da madrugada. O Bar Faluya (rúa da Orzań 75) será escenario do primeiro contacto de Suso con familiares e amigos. O COMITÉ DE SOLIDARIEDADE convoca de urxencia a todos os solidarios e amigos dos presos e presas a darlle un primeiro recibimento.

No momento presente descoñecemos as circunstancias nas que se produciu a súa liberación. O que si sabemos é que Suso Cela levaba ileGALmente retido 5 anos, dende o ano 2007 cando tiña que ter saído, unha vez cumprida integra a súa pena. Precisamente o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE e diversos organismos pro-amnistía viñan realizando unha Campaña de apoio en favor de Suso e doutro militantes aos que se lle foi aplicada a “Doutrina Parot” como é o caso do tamén militante dos GRAPO Xaime Simón Quintela que leva 28 anos. Esta liberación é pois unha vitoria do conxunto do Movemento de Solidariedade e un estrepitoso fracaso do Réxime fascista español que unha máis demostra a súa incapacidade para dobregar a resistencia e o exemplo dos presos e presas políticas.

Nos próximos días daremos conta acerca desta liberación e do Recibimento que se lle fará na cidade.

Benvido Suso !!

Amnistía total!!

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE COS PRESOS E PRESAS POLÍTICAS

Na Coruña, ás 21:00 horas do 21 de xuño de 2013.

Xuño 19, 2013

XXXII Cabodano do asasinato dos galegos Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e do catalán Antonio Cabezas

Placa en memoria do mártir Roberto Liñeira

O pasado 17 de xuño, cúmpriuse o 32 aniversario da morte ás mans da Garda Civil de 4 militantes dos GRAPO en La Farga de Bebie, Las Lloses, Girona. Masacre que, xunto á de 4 activistas dos Comandos Autónomos Anticapitalistas (CAA) na Baía de Pasaia no 84, son as maiores matanzas policiais de militantes revolucionarios dende o 27 de setembro de 1975, con Franco aínda vivo.

O catalán Antonio Cabezas Bella e os galegos Francisco Roberto Liñeira Oliveira, Albino Gabriel López e Dolores Castro Saa formaban un comando operativo da organización armada GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro) que neses meses de marzo, abril, maio e xuño de 1981 se mostrou especialmente activo. Estábanse a vivir momentos vitais na política española e europea e a devandita organización achábase no centro do ciclón.

O día 16 de xuño o comando composto por estes catro militantes enfróntase a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. O día 17 instalan a súa tenda de campaña aos arredores de La Farga de Bebie, en Las Lloses, a uns poucos quilómetros de chan francés. Albino Gabriel López e María Dolores Castro Saa se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida e tabaco. Van vestidos como simples turistas, algo habitual neses pobos fronteirizos.

Antonio Cabezas Bella e Roberto Liñeira Oliveira agardan na tenda de campaña a uns quilómetros do pobo, nunha zona estratexicamente situada e moi disimulada nunha campa de moi difícil absceso.

Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. Levados ao cuartel, un enclave estratéxico na loita contrarrevolucionaria xa dende os tempos do maquis antifascista, pois dende el se controlan os pasos a Francia son, polo que obxectivamente parece son brutalmente torturados e asasinados.

A versión do Estado foi que Dolores levaba unha pistola camuflada (no cabelo!!) e que ao intentar usala foron abatidos (de feito, os seus cadáveres estaban literalmente partidos por refachos de metralladora).

A realidade é que lles tiveron que sacar con brutais pero rápidas torturas a información da localización dos seus compañeiros, pois dende as 15.45 que se oíron os disparos polos veciños do pobo até a localización e acribillamiento dos seus outros dous camaradas, ás 18.29, até ese afastado pobo de Girona desprazáronse decenas e decenas de gardas civís e os dous máis altos cargos da Garda Civil en Catalunya. Todo iso en apenas dúas horas e corenta e catro minutos. Entre os altos cargos, o Tenente Coronel Blázquez Pedraza, xefe da comandancia de Girona, e o Xeneral Pajuelo, xefe da 4ª Zona (Catalunya).

O dispositivo de detectar e matar cumpriu a súa primeira parte. Só faltaba localizar o resto de militantes antifascistas. Actívase un círculo en torno á campiña na que estaban Roberto e Antonio. As torturas deberon facer efecto, porque a tenda estaba moi ben escondida e aínda así en menos de dúas horas dende o asasinato dos 2 primeiros militantes xa estaban localizados. Polo menos un grupo de 18 gardas civís descargan sobre eles centos de balazos, asasinándoos no acto e deixando os corpos tirados por varias horas.

Como todos os anos, dende hai 32, renderáselle homenaxe a estes catro antifascistas na cidade da Coruña -sábado 23 no cemiterio de San Amaro ás 13 h-, onde está enterrado Roberto Liñeira.

Etiquetas:
Xuño 14, 2013

CEIVAR convoca Manifestación Nacional en Compostela

ETIQUETA

O sábado 15 de xuño, o Organismo Anti-repressivo Ceivar convoca unha manifestación nacional na Alameda de Compostela ás 19hen apoio e solidariedade co Maria Osório, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto Rodrigues, os catro militantes independentistas que van ser xulgados na Audiencia Nacional o 24 e 25 deste mesmo mes e que afrontan unha petición de 64 anos de prisión.

A explicación a estas peticións desorbitadas para persoas que non teñen atuado contra a vida, a saúde ou a integridade de ninguén, encóntrase nun Estado Español inestábel e ameazado por natureza, que protexe com moito maior rigor a súa integridade e o seu ordenamento xurídico-político do que os dereitos e a liberdade das persoas e dos pobos. É por isto que o do 24 e 25 de xuño é mais un proceso de carácter nitidamente político.

Eduardo Vigo, Teto Fialhega, Antom Santos e Maria Osório son catro militantes independentistas exemplares, traballadores infatigábeis en favor das mais variadas causas políticas, sociais e culturais, galegos bos e xenerosos ao servizo do seu pobo, en quen o Estado quer descargar a súa impotencia ante a incapacidade de facerse respectar. Un exemplo perigoso para unha España en profunda crise económica, política e social, e que na lóxica represiva do Estado merece ser castigado con mais severidade que o asasinato ou a violación.

Ante a pretensión do Estado de xulgar na Audiencia Nacional a Galiza quen responde, desde Ceivar encoraxamos as persoas e colectivos solidarios a apoiar, participar e difundir esta manifestación nacional solidaria com Edu, Teto, Maria e Antom.

CEIVAR

Etiquetas:
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: