Suso Cela hospitalizado consecuencia dunha leve hemorraxia estomacal

1006116_10201182005894003_498659438_n

Suso Cela, preso político dos GRAPO liberado o pasado venres, foi ingresado na tarde do 23 no Hospital Universitario da Coruña mor dunha fisura no duodeno que lle provocou unha leve hemorraxia interna. Unha doenza que xa sufría en prisión pero que até agora aínda non fora correctamente diagnosticada. En efecto, os problemas estomacais de Suso remóntase a varios anos e non é a primeira vez que ten que ser ingresado de urxencia por tal motivo. Non esquezamos que o noso veciño pasou en total 28 anos preso e que durante todos estes anos, ademais dunha deficiente alimentación tamén participou en numerosas folgas de fame, algunhas delas de máis de 50 días. .

Hai que ter tamén en conta o estres acumulado e o pouco descanso do compañeiro unha vez na rúa. Na madrugada o 22 foron preto de cen persoas acudiron ao chamamento do COMITÉ para dar un primeiro recibimento a Suso. Foron case dúas horas as que estivo no Bar Faluya falando con familiares e amigos, aínda que máis emocionante foi esa primeira aperta de Suso coa súa nai Pepita Seoane; tamén a do seu irmán Carlos Cela Seoane. Moitas emocións xuntas para o noso Susiño despois de case todo unha vida de separación cos seus achegados e lonxe da Terra.

Tampouco descansou moito ao día seguinte, o sábado 22, posto que o COMITÉ realizaba como todos os anos un acto no Cemiterio de Santo Amaro en lembranza aos catro militantes dos GRAPO asasinados en Girona o 17 de xuño de 1981. Ao pé do nicho de Roberto Liñeira, o propio Suso Cela evocaba a figura daquel mozo militante comunista e antifascista da primeira fornada de revolucionarios na nosa cidade. Militantes aos que logo seguirían os propios irmáns Cela, os Cabezas e outros moitos que tamén pasarían polas torturas e os longos anos de prisión. Suso Cela coñeceu a Roberto Liñeira, cuxo fatal desenlace xogaría un importante rol no seu propio proceso de maduración e compromiso coa causa do Socialismo. A xornada de Homenaxe remataría cunha comida popular.

E así foi como, despois de tantos anos de desasistencia médica, de illamento e dispersión e talvez despois de tantas emocións xuntas, acabou o Susiño entrando polas portas das saturadas Urxencias do CHUAC o día 23 de xuño, véspera de San Xoan. E alí seguía na tarde de hoxe, moi ben de ánimo e, como non pode ser doutro xeito, desexando volver definitivamente á casa.

Ánimo compañeiro!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: