Archive for Xullo, 2013

Xullo 28, 2013

Benvida Iolanda! Amnistía total!

Suso Cela e Iolanda Fernández, ex-presos políticos recentemente liberados

Suso Cela e Iolanda Fernández, ex-presos políticos recentemente liberados

O pasado día 24, Iolanda Fernández Caparrós, ex-presa política do Partido Comunista de España (reconstituído), volvía, por fin, á casa. Iolanda e a tamén galega Aurora Cayetano Navarro, foran detidas en Madrid o 18 de xullo de 2002 no marco dunha ampla operación represiva que levaría a prisión a máis de 20 activistas do PCE(r), dos GRAPO e dos Comités por un Socorro Roxo Internacional. Todos eles e elas foron condenados a elevadas penas de prisión tras ser acusados indistintamente de “pertenencia a organización terrorista”, definición inventada polo prevaricador ex-xuíz Baltasar Garzón ao calor da coñecida como “Ley de Partidos”.

Iolanda e Aurora xa están na rúa e hai que alegrarse infinitamente por iso. Pero, polo mesmo, non debemos perder de vista que “dentro” aínda quedan numerosos comunistas condenados coa “Ley de Partidos”. Entres eles o noso veciño David Garaboa, detido e cruelmente torturado no ano 2005 que actualmente cumpre unha pena de 11 anos; ou o noso Paquiño, Paco Cela Seoane, detido en 2007 -tras pasar máis de 20 anos na cadea- e que foi condenado a idéntica pena. Seguen inxustamente presos tamén, os militantes dos GRAPO condenados todos eles, na práctica, á cadea perpetua. Tal é o caso, por exemplo, do vigués Xaime Simón Quintela, camiño dos 30 anos de prisión (leva 28 ininterrumpidos) retido ileGALmente en aplicación da chamada “Doutrina Parot”, o mesmo que a súa camarada Olga Oliveira e tantos outros e outras…

Por iso hoxe máis que nunca, cando recibimos con ledicia a estes homes e mulleres, cómpre recordar -como fixo o propio Suso Cela na súa homenaxe- que: “na cadea aínda quedan moitos compañeiros e compañeiras” e que, entre todos e todas, temos que facer o posíbel por liberar.

Benvidos Suso, Iolanda e Aurora!!

Non estamos todos!! Faltan as presas!!

Amnistía Total!!

Advertisements
Etiquetas:
Xullo 22, 2013

O COMITÉ expresa a súa satisfación e agradecemento polo acto do sábado e convoca a unha primeira toma de contacto con Iolanda Fernández

Organizado polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE, o pasado sábado 20 celebrouse na Coruña o acto de recibimento do ex-preso político Suso Cela Seoane recentemente liberado tras pasar 23 anos en prisión.

O acto comezou sobre as 18:00 na Praza do Áfricano, no coruñés barrio do Orzán, onde unhas cincuenta persoas recibiron a Suso entre os berros de “Non estamos todos, faltan os presos!” e o ondear de bandeiras da Patria e da República Popular. No alto da praza, unha faixa daba igualmente a benvida a este ex-combatente guerrilleiro dos Grupos de Resistencia Antifascista de Outubro, dos GRAPO, con máis de trinta anos de militancia e case outros tantos de cárcere ás costas.

Pasados os primeiros de emoción, un membro do COMITÉ dirixiuse aos presentes para darlle o primeiro saúdo ao compañeiro e facer as presentacións. Interviñeron membros do Comités por un Socorro Roxo de Vigo, de Plataforma Que Voltem a Casa, do Organismo Anti-represivo Ceivar, e do Centro Social Okupado de Palavea. Tamén contamos con presenza internacional da man dun militantes comunista venezolano e un membro da diáspora palestina, igualmente militante comunista. O vídeo elaborado polos compañeiros de Galiza Contr-Info da boa conta do contido destas intervencións.

Unha vez rematado o acto político, o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE en colaboración co Bar Faluya, ofreceu a todos os asistentes uns petiscos. “O Faluya” volveu, como tantas veces, a encherse de solidariedade e confraternización, nun ambiente festivo e de celebración que se prolongaría toda a noite con momentos non exentos de grande emoción como cando o propio homenaxeado retirou a súa foto da parede onde se poden ver os retratos de varios presos e presas políticas galegas.

E xa para rematar o Acto, foi a quenda dos vigueses Pipe Díaz e Oliver Botana, quen co seu hip-hop social arrincaron os aplausos dos asistentes e demostraron, unha vez, o seu compromiso total e desinteresado coa causa da Amnistía. Desde este COMITÉ dámoslle as grazas unha vez máis a esta parella de uns músicos, sempre dispostos a colaborar cando se lles necesita.

En definitiva, un acto humilde -e até modesto se se quere- pero moi digno e do que este COMITÉ se sente moi satisfeito e agradecido a todos e todas as participantes. Proximamente informaremos a cerca do Acto de Recibimento que se lle fará a tamén ex-presa política do PCE(r) e veciña da Coruña Iolanda Fernández Caparrós liberada hai poucos días xunto coa tamén militante comunista viguesa Aurora Cayetano Navarro. E para todos aqueles que queiran ter un primeiro contacto con Iolanda, anunciamos que chegará a Coruña o vindeiro mércores 24 e que temos previsto facerlle un primeiro recibimento informal no Bar Faluya ás 20:00 horas.

Etiquetas:
Xullo 15, 2013

O Sábado 20, a partir das 18.00 horas, recibimos ao Susiño!

Recibimento Suso

Para o vindeiro sábado 20 de xullo a partir das 18:00 H, o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE está a organizar o acto recibimento ao o ex-preso político dos GRAPO Suso Cela Seone. O noso Susiño saíu en liberdade o pasado día 13 logo de permanecer 23 anos en prisión, os 5 últimos secuestrado en función da “enxeñería xurídica” deseñada na Audiencia Nacional por encargo do Ministerio do Interior do Réxime. Situación na que aínda se atopan, entre outros, os vigueses Xaime Simón Quintela (28 anos ininterrompidos) e Olga Oliveira (23 anos), ambos vítimas do terrorismo do Estado vía “Doutrina Parot”.

Para o Recibimento esperamos contar coa presencia de diferentes Colectivos pro-Amnistía e pro-persoas presas da cidade, amais dunha representación do Socorro Roxo Internacional vigués e de numerosos amigos e solidarios chegados de diferentes puntos da xeografía galega e estatal. A Xornada comezará as 18:00 horas cun acto político no que haberá diferentes intervencións. A continuación, sempre tomando como referencia o Bar Faluya na rúa do Orzán 75 da Coruña, o COMITÉ organizará unha cea informal a base de pinchos. Como remate á xornada, tamén haberá unha breve actuación musical a cargo duns amigos do COMITÉ, solidarios cos presos e presas e simpatizantes da causa en prol da Amnistía.

BENVIDO SUSO CELA!!

SÁBADO 20 DE XULLO ÁS 18:00 H NO BAR FALUYA!!

TODOS E TODAS COS PRESOS E PRESAS!!

AMNISTÍA TOTAL!!

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE

Xullo 14, 2013

Benvidas Aurora e Iolanda!!

Iolanda Fernández Caparrós

Iolanda Fernández Caparrós

Tal e como estaba previsto, Aurora Cayetano e Iolanda Fernández abandonaron hoxe as cadeas de Villena e Castellón respectivamente tras cumprir integramente as condenas de 11 anos que lles foron impostas por militar no PCE(r). Familiares, amigos e solidarios de Madrid, Galiza e o propio País Valenciano recibiron calorosamente a estas dúas mulleres ás portas destas prisións e arestora xa están ambas as dúas camiño de casa, se ben Iolanda permanecerá aínda uns días en Madrid.

A estas novas liberacións de comunistas galegas do PCE(r) súmase á do exmilitante dos GRAPO Suso Cela, posto recentemente en liberdade e para quen este COMITÉ DE SOLIDARIEDADE está a preparar un recibimento para o vindeiro sábado 20 de xullo . Proximamente informaremos acerca dos actos de Recibimento que se lle farán na Coruña e Vigo a estas dúas militantes comunistas.

Benvidas Iolanda e Aurora!!

Non estamos todas!!

Amnistía total!!

COMITE DE SOLIDARIEDADE

Xullo 8, 2013

Despois de 11 anos de prisión, Aurora e Iolanda quedarán en liberdade o vindeiro 14 de xullo

Aurora Cayetano01

O vindeiro domingo 14 de xullo, saen en liberdade as presas políticas do PCE(r) Aurora Cayetano Navarro, natural de Vigo e Iolanda Fernández Caparrós, veciña da Coruña. Aurora e Ioli foron condenada a 11 anos de cárcere por militancia no PCE(r). Detidas o 18 de xullo de 2002 en Madrid, sairán dende os cárceres de Villena, Alicante (Aurora) e dende a de Castelló I (Iolanda).

Aurora Cayetano Navarro naceu en Vigo o 19 de febreiro de 1957, no barrio de Cabral, un barrio moi modesto, composto por familias de traballadores do mar, os estaleiros, Citroen e mulleres da fábrica de cerámicas Álvarez. Con 14 anos entra a traballar nunha conserveira de peixe. Coa Folga Xeral Revolucionaria de 1972 aínda recente, contacta coa Organización Obreira e entra a militar na OMLG (Organización de Marxistas Leninistas Galegos). En 1975 ingresa no xa reconstituído PCE(r). En decembro de 1976 é detida en Ferrol e encarcerada por dous meses.

En 1978 é detida novamente cando formaba parte dun comando operativo dos GRAPO. Foi torturada brutalmente pola Brigada Político Social de «Billy el Niño» e demais secuaces. Viñeron 20 anos exactos de presidios, pasando por un total de 15 cárceres e 21 folgas de fame, unha delas de 435 días de duración xunto ao resto dos seus camaradas. Entre 1992 e 1994 é trasladada de forma continua e ininterrompida de cárcere en cárcere.

Saíu en liberdade en 1998, tras máis dos 20 anos cos que as súas propias leis a condenaron e retornou a súa actividade política comunista. Pero a criminalización e a represión fan que no 2000 se incorpore ao labor comunista do PCE(r) na clandestinidade. É detida o 18 de xullo de 2002 en Madrid, xunto a súa camarada Iolanda Fernández, nun dispositivo policial de «todo é GRAPO», onde 19 militantes dos GRAPO, do PCE(r) ou do SRI ingresaron en prisión.

iolanda-fernc3a1ndez

Iolanda Fernández Caparrós é filla de emigrantes. Comezou a traballar con 13 anos e xa con 15 anos a frecuentar os ambientes independentistas. Mentres estudaba, empezou a militar en “Estudantes Independentistas” e pouco despois nas JuGA, Juntas Galegas pola Amnistía. Por aquel entón entra en contacto con militantes do PCE(r). Como simpatizante, empeza a participar en distintas campañas políticas. Aínda sen 18 anos pasa á militancia de pleno. Na Coruña participa numerosas veces na repartición da propaganda do PCE(r) ás portas das fábrias.

En novembro de 2000 deteñen en Francia varios camaradas da Dirección do PCE(r), entre eles ao seu Secretario Xeral: Manuel Pérez Martínez, “Arenas”, e comeza un extenso traballo na campaña de denuncia. Con 20 anos, xunto con outros camaradas, participa na reorganización do PCE(r) a nivel nacional e se traslada a vivir a Vigo. Salta á clandestinidade o 2 de xullo de 2002. O 18 de xullo, 16 días despois, detéñena xunto á camarada Aurora Caetano cando saía dun piso en Madrid.

Nestes 11 anos de prisión que leva presa, pasou por 5 cárceres, a maior parte deste tempo clasificada en Primeiro Grao, con todo tipo de restricións, limitacións, gravación de visitas, etc a centos de quilómetros de familiares e amigos.

Xullo 4, 2013

Xornada pola Amnistía en A Guarda

vigo

Etiquetas:
Xullo 1, 2013

Suso Cela abandona o Hospital Universitario da Coruña

Suso no CHUAC.

Suso Cela no CHUAC, disfrutando das vistas…

Ás 15:00 horas da tarde de hoxe o expreso político Suso Cela Seoane recibiu a Alta Médica tras pasar toda a semana ingresa no Hospital Universitario da Coruña. Suso ingresou de urxencia o pasado domingo día 24 de xuño consecuencia dunha hemorraxia estomacal que non remitía e que xa viña arrastrando dende uns días antes de saír de prisión. Como xa comentamos, non é a primeira vez que o noso veciño ten que ser ingresado de urxencia para tratar este problema aínda que esperamos que sexa a última, toda vez que no CHUAC si parece que se tratou o problema como se debía. De feito, toda esta semana de ingreso non tivo máis obxecto que o de observar a evolución do paciente para comprobar que, efectivamente, a fisura que tiña no duodeno fora curada e remitira definitivamente a hemorraxia. Nestes anos de prisión os “coidados médicos” limitáronse a tratamentos paliativos que buscaban unicamente taponar a hemorraxia para devolver ao paciente á prisión.

 

%d bloggers like this: