O COMITÉ expresa a súa satisfación e agradecemento polo acto do sábado e convoca a unha primeira toma de contacto con Iolanda Fernández

Organizado polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE, o pasado sábado 20 celebrouse na Coruña o acto de recibimento do ex-preso político Suso Cela Seoane recentemente liberado tras pasar 23 anos en prisión.

O acto comezou sobre as 18:00 na Praza do Áfricano, no coruñés barrio do Orzán, onde unhas cincuenta persoas recibiron a Suso entre os berros de “Non estamos todos, faltan os presos!” e o ondear de bandeiras da Patria e da República Popular. No alto da praza, unha faixa daba igualmente a benvida a este ex-combatente guerrilleiro dos Grupos de Resistencia Antifascista de Outubro, dos GRAPO, con máis de trinta anos de militancia e case outros tantos de cárcere ás costas.

Pasados os primeiros de emoción, un membro do COMITÉ dirixiuse aos presentes para darlle o primeiro saúdo ao compañeiro e facer as presentacións. Interviñeron membros do Comités por un Socorro Roxo de Vigo, de Plataforma Que Voltem a Casa, do Organismo Anti-represivo Ceivar, e do Centro Social Okupado de Palavea. Tamén contamos con presenza internacional da man dun militantes comunista venezolano e un membro da diáspora palestina, igualmente militante comunista. O vídeo elaborado polos compañeiros de Galiza Contr-Info da boa conta do contido destas intervencións.

Unha vez rematado o acto político, o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE en colaboración co Bar Faluya, ofreceu a todos os asistentes uns petiscos. “O Faluya” volveu, como tantas veces, a encherse de solidariedade e confraternización, nun ambiente festivo e de celebración que se prolongaría toda a noite con momentos non exentos de grande emoción como cando o propio homenaxeado retirou a súa foto da parede onde se poden ver os retratos de varios presos e presas políticas galegas.

E xa para rematar o Acto, foi a quenda dos vigueses Pipe Díaz e Oliver Botana, quen co seu hip-hop social arrincaron os aplausos dos asistentes e demostraron, unha vez, o seu compromiso total e desinteresado coa causa da Amnistía. Desde este COMITÉ dámoslle as grazas unha vez máis a esta parella de uns músicos, sempre dispostos a colaborar cando se lles necesita.

En definitiva, un acto humilde -e até modesto se se quere- pero moi digno e do que este COMITÉ se sente moi satisfeito e agradecido a todos e todas as participantes. Proximamente informaremos a cerca do Acto de Recibimento que se lle fará a tamén ex-presa política do PCE(r) e veciña da Coruña Iolanda Fernández Caparrós liberada hai poucos días xunto coa tamén militante comunista viguesa Aurora Cayetano Navarro. E para todos aqueles que queiran ter un primeiro contacto con Iolanda, anunciamos que chegará a Coruña o vindeiro mércores 24 e que temos previsto facerlle un primeiro recibimento informal no Bar Faluya ás 20:00 horas.

Advertisements
Etiquetas:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: