Archive for Setembro 21st, 2013

Setembro 21, 2013

Recibimento de Aurora Ceyetano e Iolanda Fernández

Ioli -Aurora

O vindeiro sábado 28 de setembro recibiremos na Coruña as ex-presas políticas Aurora Cayetano e Iolanda Fernández, liberadas o pasado mes de xullo tras cumprir integramente as condenas de 11 anos que lles foron impostas por militar no Partido Comunista de España (reconstituído).

Aurora -natural de Vigo- e Ioli -veciña da Coruña- foran detidas en Madrid o 18 de xullo de 2002 no marco dunha ampla operación represiva que levaría a prisión a máis de 20 militantes deste partido, dos GRAPO e do Socorro Roxo Internacional. Todos e todas foran duramente condenados pola Audiencia Nacional en aplicación da lexislación antiterrorista.

Para o acto esperamos contar con representación de diversos colectivos do eido do Movemento de Solidariedade de Galiza. Tamén se desprazarán para a ocasión diversos solidarios e solidarias procedentes de Euskal Herria e de Madrid, onde reside actualmente Iolanda Fernández. O Recibimento terá lugar no Bar Faluya (Rúa do Orzán 75) a partir das seis da tarde.

A %d blogueros les gusta esto: