Archive for Novembro, 2013

Novembro 23, 2013

Benvidos Moreno, Encarni e María Jesús!

Xaime Simón, "Moreno"

Xaime Simón, “Moreno”

O pasado xoves 21 de novembro, Xaime Simón Quintela, ex-preso político dos GRAPO, abandonaba a prisión de Herrera de La Mancha tras 29 anos de encerro. “Moreno” sae despois de cumprir case integramente a pena de 30 anos á que foi condenado en 1985. Se o goberno respectara a súa propia legalidade, o veciño de Vigo tiña que estar libre dende o ano 2006, mais a aplicación da fraudulenta “Doutrina Parot” supuxo para el un alongamento da condena en sete anos.

Tamén veñen de saír de prisión as ex-militantes dos GRAPO Encarnación León Lara e María Jesús Romero Vega tras cumprir con creces as súas respectivas condenas consecuencia da mesma lei fascista. Todas elas se atopan xa con familiares e amigos que as foron a recoller ás portas da prisión. Subliñar, non obstante, os incidentes protagonizados por un grupo de ultras da extrema-dereita que segundo parece foron convocados polos carcereiros para que agrediran as persoas que foron a recoller a Encarni.

Coma contrapunto a tanta ledicia, lamentamos informar tamén do pasamento de Lola Etxeandia, nai do preso políticos vasco Enrique Kuadra e do tamén xa falecido por enfermidade Iñaki Kuadra Etxeandía, igualmente ex-preso político. As nosas condolencias para familiares e amigos desta gran loitadora da causa da Amnistía.

Advertisements
Novembro 16, 2013

Olga volve a casa

Olga_Oliveira

Olga Oliveira, por fin, libre.

Tras 23 longos anos de cativerio, a ex-presa política dos GRAPO Olga Oliveira abandonou a prisión de Albolote (Granada) o pasado xoves 14 . Olga, levaba máis de tres anos secuestrada en aplicación da coñecida como “Doutrina Parot”. Solidarios chegados dende Córdoba foron a recollela ás portas da prisión mentres outro grupo de activista dos Comités por un Socorro Roxo de Vigo puñan rumbo a Andalucía para traela de volta a Galiza.

Como ven sendo habitual nestas últimas semanas, os medios de desinformación do Réxime puxeron en marcha a conseguinte campaña de intoxicación. Faltos doutro tipo de carnaza sensacionalista, nesta ocasión os media puxeron o acento sobre o historial de loita de Olga dentro das prisións; un “curriculum moi negro” onde abundan as sucesivas folgas de fame que protagonizou xunta cos seus camaradas para manter a súa dignidade e condición de presa política.

Olga Oliveira naceu en Vigo o 15 de marzo de 1960, no seo dunha familia humilde e traballadora. O seu pai Antonio Oliveira Castro foi xubilado da naval viguesa Freire. Olga ten dous fillos. Traballadora e solidaria cos presos políticos, organizouse na ACPG durante os anos 80. Toma conciencia antifascista e a finais desa década incorpórase á organización guerrilleira GRAPO. É detida o 26 de outubro de 1990 en Madrid, xunto a outros 4 militantes. Todos foron salvaxemente torturados.

Olga Oliveira saíu de prisión coa cabeza ben alta e, coma sempre, cun grande sorriso nos beizos.

Benvida Olga!!

Novembro 6, 2013

Asaltan o despacho do avogado vigués Gustavo García

O despacho de Gustavo tralo asalto

O despacho de Gustavo Garcia tralo asalto

Segundo informa El Faro de Vigo, na noite do domingo ao luns, uns descoñecidos asaltaron o despacho do avogado vigués Gustavo García. Os asaltantes, ademais de esnaquizar o despacho (mobiliario, cadros, libros…) pintaron as paredes con esvásticas nazis, ameazas e consignas a favor do fascismo. Gustavo é moi coñecido en Vigo e en Galiza polo seu compromiso político antifascista. Entre outras moitas causas, o avogado vigués defendeu a varios presos políticos galegos do PCE(r) e dos GRAPO.Coma o propio Gustavo manifestou, este tipo de ataques “recordan aos anos setenta” cando a extrema dereita campaba as súas anchas asaltando despachos de avogados, librerías ou agredindo membros da esquerda revolucionaria amparados ou mesmo organizados directa ou indirectamente por membros das forzas da seguridade do Estado. Nada máis coñecer o sucedido, o noso COMITÉ DE SOLIDARIEDADE púxose en contacto con Gustavo para facerlle chegar o seu apoio.

%d bloggers like this: