Archive for Novembro 6th, 2013

Novembro 6, 2013

Asaltan o despacho do avogado vigués Gustavo García

O despacho de Gustavo tralo asalto

O despacho de Gustavo Garcia tralo asalto

Segundo informa El Faro de Vigo, na noite do domingo ao luns, uns descoñecidos asaltaron o despacho do avogado vigués Gustavo García. Os asaltantes, ademais de esnaquizar o despacho (mobiliario, cadros, libros…) pintaron as paredes con esvásticas nazis, ameazas e consignas a favor do fascismo. Gustavo é moi coñecido en Vigo e en Galiza polo seu compromiso político antifascista. Entre outras moitas causas, o avogado vigués defendeu a varios presos políticos galegos do PCE(r) e dos GRAPO.Coma o propio Gustavo manifestou, este tipo de ataques “recordan aos anos setenta” cando a extrema dereita campaba as súas anchas asaltando despachos de avogados, librerías ou agredindo membros da esquerda revolucionaria amparados ou mesmo organizados directa ou indirectamente por membros das forzas da seguridade do Estado. Nada máis coñecer o sucedido, o noso COMITÉ DE SOLIDARIEDADE púxose en contacto con Gustavo para facerlle chegar o seu apoio.

A %d blogueros les gusta esto: