Archive for Novembro 16th, 2013

Novembro 16, 2013

Olga volve a casa

Olga_Oliveira

Olga Oliveira, por fin, libre.

Tras 23 longos anos de cativerio, a ex-presa política dos GRAPO Olga Oliveira abandonou a prisión de Albolote (Granada) o pasado xoves 14 . Olga, levaba máis de tres anos secuestrada en aplicación da coñecida como “Doutrina Parot”. Solidarios chegados dende Córdoba foron a recollela ás portas da prisión mentres outro grupo de activista dos Comités por un Socorro Roxo de Vigo puñan rumbo a Andalucía para traela de volta a Galiza.

Como ven sendo habitual nestas últimas semanas, os medios de desinformación do Réxime puxeron en marcha a conseguinte campaña de intoxicación. Faltos doutro tipo de carnaza sensacionalista, nesta ocasión os media puxeron o acento sobre o historial de loita de Olga dentro das prisións; un “curriculum moi negro” onde abundan as sucesivas folgas de fame que protagonizou xunta cos seus camaradas para manter a súa dignidade e condición de presa política.

Olga Oliveira naceu en Vigo o 15 de marzo de 1960, no seo dunha familia humilde e traballadora. O seu pai Antonio Oliveira Castro foi xubilado da naval viguesa Freire. Olga ten dous fillos. Traballadora e solidaria cos presos políticos, organizouse na ACPG durante os anos 80. Toma conciencia antifascista e a finais desa década incorpórase á organización guerrilleira GRAPO. É detida o 26 de outubro de 1990 en Madrid, xunto a outros 4 militantes. Todos foron salvaxemente torturados.

Olga Oliveira saíu de prisión coa cabeza ben alta e, coma sempre, cun grande sorriso nos beizos.

Benvida Olga!!

A %d blogueros les gusta esto: