Archive for Decembro 17th, 2013

Decembro 17, 2013

Olga e Moreno protagonistas no “Xantar dos Presos e Presas” celebrado en Vigo

Olga Oliveira e Xaime Simón Quintela.

Xaime Simón, “O Moreno” e Olga Oliveira

Como se ven facendo desde hai anos, o pasado domingo día 15 de decembro, celebrouse en Vigo a habitual comida polos presos e presas políticas antifascistas e comunistas do Nadal. Medio cento de persoas déronse cita nesta cidade para recordar aos seus familiares, amigos e amigas ou todos eses camaradas que aínda seguen en prisión despois de anos e anos de resistencia e loita frontal contra o exterminio carcerario e o propio fascismo.

Uns gaiteiros puxeron fin a un espléndido xantar cheo de confraternización, risas, agasallos, bailes… e tamén algunha que outra bágoa de emoción dos anfitrións desta cita solidaria: Olga Oliveira e Xaime Simón, “O Moreno”, ambos ex-presos políticos dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro, GRAPO, liberados recentemente despois de moitos anos en prisión, case tres décadas no caso de Xaime Simón.

A %d blogueros les gusta esto: