Nova Campaña pola Liberación de María José Baños

Imaxe para difundir na Campaña

Imaxe para difundir na Campaña

Mª José Baños Andújar, presa política dos GRAPO e veciña da Coruña, está a sufrir unha desatención sanitaria grave na Prisión de Picassent, en Alicante, onde se atopa dispersada e illada.

Xa no ano 1992 lle comunicaran -estando tamén en prisión- que era seropositiva. Daquela, sufrira múltiples torturas e desatención sanitaria continuada, até que por fin, no ano 2000 o Director da Unidade de Infecciosos do Hospital Infanta Cristina de Badaxoz (onde estaba presa), ratificou a gravidade do seu estado de saúde. Por este motivo foi excarcerada, atendendo aos artigos 104.4 e 196.2 do Regulamento Peni-tenciario, así como ao artigo 92 do Código Penal, referentes á excarceración de presos e presas con doenzas moi graves e incurables; normativa que actualmente segue vixente pero que non se cumpre.

Foi detida de novo no ano 2002, e a dinámica da desatención sanitaria séguese producindo a día de hoxe por parte dos servizos médicos das prisións polas que foi pasando, motivo polo cal o seu estado de saúde, xa de por si delicado, foi empeorando gradualmente. Como é sabido, a desatención sanitaria -como o illamento ou a dispersión penitenciaria- está a ser utilizada como un plan macabro especialmente deseñado para exterminar lentamente as presas e presos políticos que non renegan das súas ideas.

Mª José, ademais de padecer VIH, non está a ser atendida da súa doenza de fígado -a hepatite C- e unha obstrución da vea aorta -claudicación intermitente. Para a hepatite, o especialista proporcionáralle no seu momento un tratamento que funcionaba ben. Non obstante, en prisión modificaron o devandito tratamento, motivo polo cal comezou a empeorar de novo e, malia a evolución negativa do seu estado de saúde, non se lle permitiu retomar a medicación. Se non se trata correctamen-te a hepatite C, esta pode derivar nunha cirrose e levar a María José á morte!

Debemos recordar que María José non permanece en prisión dende hai anos polo seu interese persoal, senón por loitar contra o réxime fascista, sendo a expresión máis consecuente do enfrontamento contra o Estado capitalista pola que todos e todas saímos a diario ás rúas, loitando polo emprego, por unha sanidade e educación públicas e gratuítas, contra o patriarcado, polo dereito a unha casa e polo dereito a reunirnos, organizarnos e expresarnos que nos negan, polo dereito á autodeterminación, contra as agresións imperialistas… En definitiva: María José está no cárcere por ser unha comunista que loita polo Socialismo.

Xa que logo, esiximos que María José sexa posta en liberdade, atendendo á normativa vixente e, en todo caso, que sexa atendida correctamente de cada unha das súas doenzas, e que o servizo médico da prisión lle proporcione os tratamentos axeitados para cada unha das súas enfermidades, cesando de inmediato esta tortura continuada á que está sometida como presa política.

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE PRESOS E PRESAS POLÍTICAS

A Coruña, febreiro 2014 

Descarga este comunicado en PDF aquí: María José Liberdade

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: