Archive for Marzo, 2014

Marzo 24, 2014

Ultima hora: A Audiencia Nacional imputa a Pepita por unhas declaracións a El Mundo

Extracto da citación enviada pola Audencia Nacional

Extracto da citación recibida hoxe

A Secretaría do Xulgado nº 5 da Coruña ven de citar a Josefa Seoane Vaz a comparecer o vindeiro día 12 de xuño ás 10,30 horas logo de que a fiscalía dá Audiencia Nacional a imputase por un presunto delito de “enaltecemento do terrorismo”. Pepita, nai do preso político do PCE(r) Paco Cela e de Suso e Carlos (ambos os dous tamén ex-presos), é acusada de “xustificar á banda criminal [GRAPO] como unha resposta a unha suposta violencia do Estado” e “menosprezar ou mesmo calumniar e humillar ás vítimas” nunha entrevista concedida a El Mundo que foi publicada o 7 de xullo de 2013. A petición fiscal pode oscilar entre un e dous anos de prisión. Recordamos que Pepita ten actualmente 75 anos.

Seguiremos informando.

Advertisements
Marzo 19, 2014

J.M. Olarieta en Compostela e Redondela para falar sobre a nova “Lei de Seguridade Cidadá”

Olarieta recentemente en Huesca

José Manuel Olarieta recentemente en Huesca

O vindeiro xoves 20 de marzo, o avogado e ex-represaliado político José Manuel Olarieta Alberdi falará da nova Lei de Seguridade Cidadá no Centro Social O Pichel de Compostela (rúa Santa Clara 21) a partir das 20:00 horas. O sábado 22 a charla-coloquio co avogado será as 19:00 horas na Casa da Cultura de Redondela (antigo cárcere).

%d bloggers like this: