TOD@S CON PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN!

Cartaz convocatoría editado pola Plataforma

Estamos asistindo nos últimos tempos a un desenmascaramento do Estado Español que está a amosar a súa face máis autoritaria.

A indefensión na que deixa aos traballadores e as súas familias coas sucesivas reformas laborais, a criminalización das protestas sociais por medio dos encausamentos xudiciais a sindicalistas, membros de STOP Desafiuzamentos, etc…- moitos deles con sentencias de anos de cadea-, hai que sumar o ataque directo á liberdade de expresión que supón o encausamento de PEPITA SEOANE baseado única e exclusivamente nas opinións expresadas nunha perversa entrevista na prensa do xornal EL MUNDO.

Os mais de trinta anos de experiencia na loita pola liberdade non só dos seus fillos senón de todos os presos políticos, e a reclamación de respecto aos dereitos humanos nas cadeas denunciando os malos tratos, illamentos, e demais formas de tortura dos presos, así como a súa presenza permanente “na primeira liña” en todo tipo de actos ou mobilizacións en contra das inxustizas do sistema capitalista, fan de Pepita unha vítima propiciatoria para amedrentarnos a todos ; por iso acode aos actos contra a represión:

29 de Maio ás 20:00 H

PALESTRA SOBRE A REPRESIÓN. Coa presenza de Pepita, un membro de STOP Desafiuzamentos e unha avogada. Centro TOMAS Y BARROS, rúa Ramón Aller 10. A Coruña

7 de Xuño ás 20:00 H

MANIFESTACIÓN A PROL DE PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN – Saída dende o Obelisco.

12 de Xuño ás 9:30 H

ACOMPAÑAMENTO DE PEPITA AO XULGADO. Saída dende a Praza de Monforte.

ACUDE E DIFUNDE!

PLATAFORMA POLA ABSOLUCIÓN DE PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN

 
 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: