Archive for Outubro, 2014

Outubro 29, 2014

Primeiro procedemento sancionador polo Acompañento Solidario a Pepita Seoane

Un compañeiro recibiu unha notificación para informalo que se iniciaba un procedimiento sancionador contra a súa persoa pola participación no acto realizado para acompañar a Pepita Seoane aos Xulgados da Coruña.

O Acompañamento foi realizado o 12 de Xuño de 2014 debido a citación da nosa compañeira por presunto enaltecemento do terrorismo por unhas declaracións realizadas a “El Mundo”. Esta data será lembrada na cidade porque se conseguiu realizar un acto solidario e moi masivo pese ao horario laboral, 9:30. Incluso no atestado mencionase que en torno a 50 ou 60 persoas se deron cita. Debido a este e outros feitos xa coñecidos os “corpos de seguridade do Estado” dende primeira hora tiveron unha amplia presencia na praza de Monforte e os Xulgados. No auto enviado fan un resumo do ocurrido ese día con indicacións moi presisas como as pancartas utilizadas, “Tod@s con Pepita contra a Represión” sirve de cabeceira seguida en segunda línea doutra co texto “Audiencia Nacional Tribunal Fascista”.  Tamén trasladan o momento no que os acompañantes saen da Praza dirección ao Xulgado permanecendo nas escaleiras cando Pepita entra a declarar acompañada dun dos seus fillos e a súa avogada, feito que se inclue de maneira máis detallada.

Estos feitos consideranos constitutivos de sanción porque o compañeiro non sigue as ordes, continua co acompañanto a Pepita realizando canticos continuados polos ali presentes e non permite a entrada aos Xulgados do público pese a insistencia das “forzas do orde” pra que abandone ese lugar, mantendo resistencia ante o intento de desplazalo do lugar de transito.

A primeira proposta de sanción é de 150€. Varios compañeiros presentes no acompañamento están a espera de recibir esta proposta porque nesa data viviuse unha persecución xa acostumada nos movementos solidarios con identificacións realizadas incluso fora da zoa dos Xulgados a unhos compañeiros que se dirixian aos seus fogares.

Debido aos feitos ocurridos naquela data e que volven estar de actualidade solicitamos toda a solidariedade co compañeiro sancionado e que ante novos procedementos sancionadores os fagades públicos para que entre todos os colectivos consigamos que a solidariedade mostrada ese 12 de Xuño siga vixente na nosa cidade ante este tipo de actos denunciables por todxs.

¡¡¡ NON A REPRESIÓN !!!

Advertisements
Outubro 26, 2014

CAMPAÑA POLA LIBERDADE DXS PRESXS POLÍTICXS ENFERMOS

A situación dxs presxs politicxs en prisión é por todxs coñecida polo que semanas atrás decideuse comezar unha campaña que puxera nas rúas a crítica a esta sttuación.

Na actualidade estamos a denunciar a situación que sufren os presxs políticxs enfermos e os maiores de 65. Por eso creouse unha nova páxina no noso blog, Campaña pola Liberdade dxs Presxs Políticxs, na que estaredes informadxs de todas as novidades e accións que se vaian realizando co fin de rematar con esta situación de cadea perpetua que están a sufir. Xa tedes disponible un comunicado no que tedes maior información.

Dende o Comite de Solidariedade c@s Pres@s Polític@s solicitamos a unión de todos os colectivos e asociacións para denunciar a situación que se está a vivir nas prisión do estado español.

presxs

Outubro 26, 2014

A Opinión Pública

Á OPINION PÚBLICA

                Dirixímonos a opinión pública para denunciar a grave situación dos presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO que padecen actualmente graves enfermedades de diversa índole e que poñen en perigo a súa vida.

A desatención médica de todas estas persoas, ao igual que con outros presos políticos está a ser utilizada como un plan macabro especialmente deseñado para exterminalos lentamente, baixo a chantaxe de renegar das súas ideas ou deixalos morrer. E neste plan macabro están a colaborar os servizos médicos de prisións, ao servizo do Ministerio do Interior, coa súa falta de atención e ética médica: tardanza extrema nos diagnósticos e tratamentos, traslados aos hospitales previa cita para non ser atendidos e en condicións inhumanas, tratamentos inadecuados… Dinámicas que, unidas as condicións de incerteza,  illamento, malleiras, estrés, presións e tensión que se viven nun medio tan hostil como  o carcerario, provocan que estas enfermidades, xa graves de por sí, se intensifiquen ainda máis.

Hai que sinalar que estes homes e mulleres non están en prisión polo seu interés persoal ou seu ánimo de lucro, senon por loitar contra o réxime fascista, son a expresión máis consciente dese enfrontamento contra o Estado capitalista polo que todos saímos a diario as rúas, polo emprego, por unha sanidades e educación públicas e gratuítas, polo dereito a unha casa e a reunirnos, organizarnos e expresarnos que nos negan, polo dereito de autodeterminación dos pobos oprimidos, contra as agresión imperialistas, etc.

Pero todo vale para render e exterminar estes homes e mulleres, como sucedeu cos predecesores dos que nos gobernan. É a mesma política: ou arrepinteste e renuncias a loitar ou te asasinamos. A pena de morte segue tan vixente como sempre. Abonda recordar a Miguel Hernández, asesinado en prisión por non renunciar a súa militancia comunista. Na actualidade son cinco xa os presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO que foron exterminados seguindo esta política: Enrique Alvarez Abalde, Iñaki Kuadra Etxeandía e José María Sánchez Casas, ou os de José Ortín Martínez, morto na prisión de Alicante dunha enfermidade cardíaca que por suposto non fora detectada a pesar dos síntomas evidentes que presentaba. Igualmente sucedeulle a Isabel Aparicio o 1 de abril deste ano, que faleceu dun infarto que non foi tratado como das numerosas doenzas que padecía e que non foron tratadas.

Deste xeito instáurase a pena de morte en “democracia”. E por todo isto que nos diriximos á opinión pública para impedir o asesinato lento dos revolucionarios en prisión denunciando e mostrando a solidaridade activa con estas persoas.

COMITÉ DE SOLIDARIDADE C@S PRES@S POLITIC@S

 

nonestamostodos@gmail.com

%d bloggers like this: