A Opinión Pública

Á OPINION PÚBLICA

                Dirixímonos a opinión pública para denunciar a grave situación dos presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO que padecen actualmente graves enfermedades de diversa índole e que poñen en perigo a súa vida.

A desatención médica de todas estas persoas, ao igual que con outros presos políticos está a ser utilizada como un plan macabro especialmente deseñado para exterminalos lentamente, baixo a chantaxe de renegar das súas ideas ou deixalos morrer. E neste plan macabro están a colaborar os servizos médicos de prisións, ao servizo do Ministerio do Interior, coa súa falta de atención e ética médica: tardanza extrema nos diagnósticos e tratamentos, traslados aos hospitales previa cita para non ser atendidos e en condicións inhumanas, tratamentos inadecuados… Dinámicas que, unidas as condicións de incerteza,  illamento, malleiras, estrés, presións e tensión que se viven nun medio tan hostil como  o carcerario, provocan que estas enfermidades, xa graves de por sí, se intensifiquen ainda máis.

Hai que sinalar que estes homes e mulleres non están en prisión polo seu interés persoal ou seu ánimo de lucro, senon por loitar contra o réxime fascista, son a expresión máis consciente dese enfrontamento contra o Estado capitalista polo que todos saímos a diario as rúas, polo emprego, por unha sanidades e educación públicas e gratuítas, polo dereito a unha casa e a reunirnos, organizarnos e expresarnos que nos negan, polo dereito de autodeterminación dos pobos oprimidos, contra as agresión imperialistas, etc.

Pero todo vale para render e exterminar estes homes e mulleres, como sucedeu cos predecesores dos que nos gobernan. É a mesma política: ou arrepinteste e renuncias a loitar ou te asasinamos. A pena de morte segue tan vixente como sempre. Abonda recordar a Miguel Hernández, asesinado en prisión por non renunciar a súa militancia comunista. Na actualidade son cinco xa os presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO que foron exterminados seguindo esta política: Enrique Alvarez Abalde, Iñaki Kuadra Etxeandía e José María Sánchez Casas, ou os de José Ortín Martínez, morto na prisión de Alicante dunha enfermidade cardíaca que por suposto non fora detectada a pesar dos síntomas evidentes que presentaba. Igualmente sucedeulle a Isabel Aparicio o 1 de abril deste ano, que faleceu dun infarto que non foi tratado como das numerosas doenzas que padecía e que non foron tratadas.

Deste xeito instáurase a pena de morte en “democracia”. E por todo isto que nos diriximos á opinión pública para impedir o asesinato lento dos revolucionarios en prisión denunciando e mostrando a solidaridade activa con estas persoas.

COMITÉ DE SOLIDARIDADE C@S PRES@S POLITIC@S

 

nonestamostodos@gmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: