Primeiro procedemento sancionador polo Acompañento Solidario a Pepita Seoane

Un compañeiro recibiu unha notificación para informalo que se iniciaba un procedimiento sancionador contra a súa persoa pola participación no acto realizado para acompañar a Pepita Seoane aos Xulgados da Coruña.

O Acompañamento foi realizado o 12 de Xuño de 2014 debido a citación da nosa compañeira por presunto enaltecemento do terrorismo por unhas declaracións realizadas a “El Mundo”. Esta data será lembrada na cidade porque se conseguiu realizar un acto solidario e moi masivo pese ao horario laboral, 9:30. Incluso no atestado mencionase que en torno a 50 ou 60 persoas se deron cita. Debido a este e outros feitos xa coñecidos os “corpos de seguridade do Estado” dende primeira hora tiveron unha amplia presencia na praza de Monforte e os Xulgados. No auto enviado fan un resumo do ocurrido ese día con indicacións moi presisas como as pancartas utilizadas, “Tod@s con Pepita contra a Represión” sirve de cabeceira seguida en segunda línea doutra co texto “Audiencia Nacional Tribunal Fascista”.  Tamén trasladan o momento no que os acompañantes saen da Praza dirección ao Xulgado permanecendo nas escaleiras cando Pepita entra a declarar acompañada dun dos seus fillos e a súa avogada, feito que se inclue de maneira máis detallada.

Estos feitos consideranos constitutivos de sanción porque o compañeiro non sigue as ordes, continua co acompañanto a Pepita realizando canticos continuados polos ali presentes e non permite a entrada aos Xulgados do público pese a insistencia das “forzas do orde” pra que abandone ese lugar, mantendo resistencia ante o intento de desplazalo do lugar de transito.

A primeira proposta de sanción é de 150€. Varios compañeiros presentes no acompañamento están a espera de recibir esta proposta porque nesa data viviuse unha persecución xa acostumada nos movementos solidarios con identificacións realizadas incluso fora da zoa dos Xulgados a unhos compañeiros que se dirixian aos seus fogares.

Debido aos feitos ocurridos naquela data e que volven estar de actualidade solicitamos toda a solidariedade co compañeiro sancionado e que ante novos procedementos sancionadores os fagades públicos para que entre todos os colectivos consigamos que a solidariedade mostrada ese 12 de Xuño siga vixente na nosa cidade ante este tipo de actos denunciables por todxs.

¡¡¡ NON A REPRESIÓN !!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: