Solidariedade cos companheiros detidos en Compostela

Dende o Cómite de Solidareidade cxs Presxs Politicxs queremos mostrar o noso apoio aos companheiros detidos no día de hoxe en Compostela. As detencións producíronse a primeira hora da tarde sendo trasladados as dependencias policiais en primeiro lugar e a continuación polos a disposición xudicial nos Xulgados das Fontinhas.

Nas inmediacións dos Xulgados dende o primeiro momento, en torno as 17:00 h., concentráronse  companheirxs solidarixs pra arroupar aos detidos e esixir a súa posta en liberdade. A presencia policial durante toda a tarde ata a posta en liberdade foi a que acostuman ter ante este tipo de convocatorias.

A última hora da tarde, pasadas as 19:00 h. , foron postos en liberdade con cargos os dous companheiros detidos. As acusacións vincúlanse coa protesta estudiantil ocurrida en Compostela hai duas semanas, na que se lles acusa de “atentado contra a autoridade” e “lesións”. Nesa data Nuñez Feijoo tivo que saír escoltado e sin inaugurar a conferencia de ámbito estatal que se quería celebrar na facultade de Matemáticas.

A  loita é o único camiño!!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: