Archive for Novembro 11th, 2014

Novembro 11, 2014

Parabéns a Mª José Baños

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere felicitar no seu 50 aniversario a Mª Jose Baños Andujar.

Aproveitamos a ocasión ademáis para denunciar a situación que está a vivir na cadea debido ao seu estado de saúde. Precisa dun baipás urxente, padece VIH e unha doenza no fígado con perigo de cirrose.

Por último queremos trasladar todo o noso apoio ao companheiro Marcos Martín Ponce, que debido as condicións inhumanas nas que se realizan os traslados entre as cadeas vese obrigado a utilizar unha cadeira de rodas. No camiño dende a prisión de Dueñas a Picassent, onde se atopou coa súa companheira Mª José, aumentaron as molestias que xa padecía nunha hernía discal xa operada. Na chegada a cadea de Valencia foi necesaria a utilización da cadeira para poder moverse no cárcere, xa que debido a forte dor non podía camiñar e está a espera de probas para ter un diagnóstico definitivo. Esto fai que o aislamento en prisión sexa todavía maior, polo que lle queremos facer chegar todo o noso apoio. Por este feito denunciamos as condicións nas que se realizan os traslados entre as diferentes prisións do estado español.

LIBERDADE PRESXS POLITICXS ENFERMXS!!!

Novembro 11, 2014

Novidades na imputación de Pepita Seoane

Dende o Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs queremos informar que o Xulgado Central de Instrucción nº 1, Madrid, ven de trasladar a Pepita que a “Unidad Editorial Información General S.L.U.” (Diario El Mundo) non puído recuperar a grabación realizada da entrevista que foi publicada o 7 de xullo de 2013. Este material fora solicitado previamente a través das dilixencias previas.

Debido a estas declaracións, das que agora non poden presentar a grabación, impútaselle un presunto delito de “enaltecimiento del terrorismo”.

Ante a imposibilidade de trasladar esta proba mantémonos a espera de novas comunicacións  e cando señán recibidas informarémosvos.

NON A REPRESIÓN, PEPITA ABSOLUCIÓN!!!!

A %d blogueros les gusta esto: