O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere felicitar no seu 50 aniversario a Mª Jose Baños Andujar.
Aproveitamos a ocasión ademáis para denunciar a situación que está a vivir na cadea debido ao seu estado de saúde. Precisa dun baipás urxente, padece VIH e unha doenza no fígado con perigo de cirrose.
Por último queremos trasladar todo o noso apoio ao companheiro Marcos Martín Ponce, que debido as condicións inhumanas nas que se realizan os traslados entre as cadeas vese obrigado a utilizar unha cadeira de rodas. No camiño dende a prisión de Dueñas a Picassent, onde se atopou coa súa companheira Mª José, aumentaron as molestias que xa padecía nunha hernía discal xa operada. Na chegada a cadea de Valencia foi necesaria a utilización da cadeira para poder moverse no cárcere, xa que debido a forte dor non podía camiñar e está a espera de probas para ter un diagnóstico definitivo. Esto fai que o aislamento en prisión sexa todavía maior, polo que lle queremos facer chegar todo o noso apoio. Por este feito denunciamos as condicións nas que se realizan os traslados entre as diferentes prisións do estado español.
LIBERDADE PRESXS POLITICXS ENFERMXS!!!
Deixar unha resposta