Archive for Novembro 27th, 2014

Novembro 27, 2014

Arquivada a Imputación de Pepita Seoane.

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs informa que durante a tarde de hoxe recibiu a boa nova de que a denuncia por “enaltecimiento del terrorismo”  que tiña pendente Pepita foi arquivada. A imposibilidade de presentar a grabación requerida sobre a entrevista fixo determinante a decisión final. Este feito pon todavía máis de manifesto o acoso que está a sufrir a familia Cela Seoane.

Queremos agradecer todas as mostras de solidariedade recibidas por Pepita dende o primeito día que recibiu a imputación ata o día de hoxe coa boa nova do arquivo desta denuncia represiva contra a súa persoa.

¡¡¡NON A REPRESIÓN!!!!

Novembro 27, 2014

Suso Cela en Liberdade

Dende o Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs queremos informarvos que no mediodía de hoxe Suso e os compañeiros detidos, Olarieta e Aitor Cuervo, foron postos en Liberdade. Pasadas as horas temos máis datos sobre o desproporcionado despliegue que se montou no barrio onde reside Suso para detelo. Un gran número de gardas civís o reduciron chamando a atención dos veciños porque foi detido de maneira totalmente sorpresiva e sin recibir ningunha explicación sobre os feitos que se lle imputaban. A continuación recibiron “Pepita” recibiu unha chamada no fogar familiar para informar que Suso había sido detido por “enaltecimiento do terrorismo” e que despois de realizar un control médico o levarían a Audiencia Nacional a Madrid.

A primeira hora da maña de hoce declararon ante o xuíz da Audiencia Nacional polo “delito de enaltecimiento del terrorismo”, que se lles imputa pola participación nas “II Xornadas Anti-Capitalistas”  organizadas en Llodio (Álava) entre o 22 e 23 de Novembro de 2013. Finalmente como indicamos anteriormente os tres foron postos en liberdade con cargos, a espera de Xuízo, co que agora todos se dirixen aos seus domicilios.

Por último lembrarvos a todxs que maña na Corunha se vai a realizar unha Concentración convocada pola Plataforma contra a Represión as 20:30 no Obelisco pola LIBERDADE DE TODXS OS PRESXS POLITICXS e especialmente debido a todo o mencionado en apoio co compañeiro SUSO CELA.

LIBERDADE PRESXS POLÍTICXS!!!!

A %d blogueros les gusta esto: