O compañeiro David Garaboa quixo trasladarlle a Pepita os seus sentimentos de felicidade pola absolución que tivo lugar recientemente. A continuación mostrámosvos a carta redactada dende a cárcere de Alicante II:
“Querida Pepita,
Esta maña entereime de que finalmente fuches desimputada do delito de “enaltecemento do terrorismo” do cal acusábate a Audiencia Nazional. Noraboa!. Non puideron contigo, coa tua firmeza, coherencia e dignidade, e unha vegada máis desmostrácheslle a esa xentiña que a verba sendición non está no teu vocabulario.
Noraboa tamén a toda-las persoas e colectivos que forman parte da “Plataforma pola Absolución de Pepita e contra a Represión” porque se estes fascistas decidiron secuas non foi pos ningunha cuestión xurídica, senón que vironse desbordados pola onda de solidariedade que ergueuse na Coruña a raiz da tua imputación. Hai que dicir, con lexítima fachenda, que a tua absolución e unha victoria do movemento de solidariedade e da loita contra a represión.
Nembargantes, a detención do teu fillo Suso xunto con Olarieta e Aitor Cuervo lémbranos que a represión non vai a pasar, xa que logo … a loita continua!. Moitos folgos para a próxima batalla: pola absolución de Suso, para evitar o seguinte desafiuzamento … Adiante a loita de solidariedade e contra a represión!
Pepita, queridiña, recebe unha enorme aperta cargada de forza e agarimo.
Venceremos!”