Archive for Xaneiro, 2015

Xaneiro 27, 2015

Carta de María José Baños Andujar

Dende o Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs querémosvos facer chegar o contido dunha carta recibida recientemente de María José. Mostrámola a continuación:

“O primeiro e darvos un abrazo e decirvos que recibo todo o apoio e solidariedade que me mandades. Tamen decirvos que Marcos sigue por aquí, pero xa se vai, o xoves pasado levavano pero a Sub. Médico parou a conducción para que o levaran na ambulancia, xa que polo visto están recibindo presións de Madrid para que o leven xa, asi que de momento estamos esperando que lle preparen a ambulancia. Imaxino que será para esta semana que entra; espero que non seña maña porque pola tarde temos vis. A semana pasada saleu ao hospital e en febreiro ten pedida unha resonancia, a ver si para esa fecha pode estar de novo por aquí, a verdade é que estar así é unha putada pero é o q hai, A verdade é que as súas visitas son todo un subidón pois poder falar con alguén é a hostia e máis nestes momentos que está todo moi quentiño.

De min, direivos que estou ben. O luns salín ao hospital e fai unhas semanas fixeronme un fibroscan, estou igual que a anterior, 7,5. No hospital comenteille o do novo tratamento pois son elos os que mo teñen que poñer. De momento deron largas ata dentro de seis meses; dixome que entonces estudiaríase. Creo que vai estar difícil e non confío moito pero mentres non empeore poido aguantar. De todas formas creo que en poucos anos saldrán novos fármacos económicos. Das pernas aínda non me sacaron, non tardarán pero con este tema, de momento, non hai nada que facer pois o especialista do hospital non mo aconsella, di que esa operación faise a partir dos 60-65 anos e polo demáis ben.

Por certo, dixome Marcos que lle habían autorizado vis con allegados, asi que vou solicitalos.

Aproveito  para desexarvos un bo comezo de ano cheo de ánimo e resistencia.”

Advertisements
Xaneiro 20, 2015

Postal de Manuel Arango Riego

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere mostravos a postal enviada por Manuel Arango na que nos traslada de maneira moi resumida pero clara a situación persoal pola que está a pasar. A continuación reproducimos o texto recibido:

“(…) Nestos meses, entre os problemas físicos, as consecuencias polo sucedido a Isabel eo Xudicial, non dediquei tempo as redaccións, etc. Sobre todo dediqueime ao númeroso volumen de cartas por Isable.

Fai unhos meses comenzei o tratamento ( por terceira vez en 20 anos) sobre a Hepatite C; es el tratamiento clásico, xa que o novo a min non mo poden poñer por que non está experimentado no meu xenotipo. Son moi duros os efectos secundarios.

Coidarse da represión e do “poderismo”, a penúltima maniobra do réxime para frear o seu afundimento.

¡Salud e resistencia!”

IMG_20150112_0001

Xaneiro 14, 2015

Concentración Antifeixista

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs informa da concentración que tera lugar este Venres 16 de Xaneiro as 20:30 no Obelisco.

Creemos que debemos estar de fronte coa loita antifeixista porque o Estado Capitalista español nas últimas datas continua mostranda a sua faciana máis represiva. Non e algo novo nin que non denunciaramos dende fai decadas con multitude de presxs políticxs todavía nas cárceres polas condeas perpetuas encuebertas. As recientes condeas aos 18 antifascitstas de Madrid e os casos persoais de Alfón ou Adriel fan necesario que saiamos a rúa de maneira masiva pra mostrar a forza e solidariedade que nos caracteriza loitando contra o Estado fascista español.

A loita popular debe ser sempre o camiño para derrotar o fascismo polo que A Coruña debe mostrar na rúa o Venres a condena contra a represión fascita.

milu

%d bloggers like this: