Carta de María José Baños Andujar

Dende o Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs querémosvos facer chegar o contido dunha carta recibida recientemente de María José. Mostrámola a continuación:

“O primeiro e darvos un abrazo e decirvos que recibo todo o apoio e solidariedade que me mandades. Tamen decirvos que Marcos sigue por aquí, pero xa se vai, o xoves pasado levavano pero a Sub. Médico parou a conducción para que o levaran na ambulancia, xa que polo visto están recibindo presións de Madrid para que o leven xa, asi que de momento estamos esperando que lle preparen a ambulancia. Imaxino que será para esta semana que entra; espero que non seña maña porque pola tarde temos vis. A semana pasada saleu ao hospital e en febreiro ten pedida unha resonancia, a ver si para esa fecha pode estar de novo por aquí, a verdade é que estar así é unha putada pero é o q hai, A verdade é que as súas visitas son todo un subidón pois poder falar con alguén é a hostia e máis nestes momentos que está todo moi quentiño.

De min, direivos que estou ben. O luns salín ao hospital e fai unhas semanas fixeronme un fibroscan, estou igual que a anterior, 7,5. No hospital comenteille o do novo tratamento pois son elos os que mo teñen que poñer. De momento deron largas ata dentro de seis meses; dixome que entonces estudiaríase. Creo que vai estar difícil e non confío moito pero mentres non empeore poido aguantar. De todas formas creo que en poucos anos saldrán novos fármacos económicos. Das pernas aínda non me sacaron, non tardarán pero con este tema, de momento, non hai nada que facer pois o especialista do hospital non mo aconsella, di que esa operación faise a partir dos 60-65 anos e polo demáis ben.

Por certo, dixome Marcos que lle habían autorizado vis con allegados, asi que vou solicitalos.

Aproveito  para desexarvos un bo comezo de ano cheo de ánimo e resistencia.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: