Archive for Febreiro, 2015

Febreiro 24, 2015

Carta de Roberto Rodríguez “Teto”

Como todos os anos  preto do Nadal chegoume a postal solidaria do Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs. Aínda que a resposta vaia con demora, eu tampouco quería deixar pasar máis tempo sen devolvervos polo menos un bocadinho de Forza e Resistencia que vos xa me fixechedes chegar a min.

Quero darvos un empurrón de enerxía positiva para voltar a coller este novo ano, xa 2015, con máis ganas que nunca, porque por agora aínda non sabemos o que nos pode traer, pero si sabemos o que lle imos dar, o de sempre, máis do mesmo, MUITA LUITA, XENEROSIDADE, OPTIMISMO, DESOBEDIENCIA, REBELDIA, ALEGRÍA e tamén como dín polo Caribe “as Revolucións tenhense que facer con un sorriso na cara”, pero con un pouco de raiba (da boa).

Debemos pechar os punhos e apretar os dentes cando senha preciso, porque aquí non se cansa ninguém.

Un mui grande biko e muitos fortes abrazos pra todxs vos.

NA GALIZA, SEMPRE CEIVES!!! Ate pronto Teto.

BOM 2015 E LIBERDADES A MOREAS

CÁRCERE DE VALLADOLID, VILLANUBLA.

teto

Febreiro 22, 2015

As mulleres deciden e as menores tamén!!!

O Comité de Solidariedade cxs Presxs  Politicxs apoia a convocatoria que terá lugar maña nas principais cidades galegas contra a lei do aborto. Creemos moi importante que a cidadania senha consciente do caracter restrictivo da norma. Non podemos permitir que as mulleres vexan limitada a sua capacidade de decision ante un feito tan importante como o aborto sexa cal sexa a sua idade. Por eso animamosvos a sair a rua porque a revolucion popular sera o único medio posible de chegar a conquistar as liberdades que nos pertenecen.

Na Coruña maña as 20:00 diante da Sede do PP,ACUDE!
aborto
Febreiro 17, 2015

A loita e solidariedade popular eo camiño

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere agradecer a todxs os participantes no xantar solidario e a aqueles que non puíderon acudir pero si mostrarón o seu apoio ao acto a súa aportación que fixo que o acto fora un éxito. Sobre todo destacar o coloquio levado a cabo entre todxs os asistentes que fixo ca xornada de solidariedade finalizará con boas sensacións e coas ideas máis claras todavía en canto ao traballo a realizar para lograr a AMNISTIA dos Presxs Políticxs.

A continuación mostramos un texto  realizado co fin de exponer a situación actual que se está a vivir e a actividade do Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticos

¡RACHEMOS O ILLAMENTO!

Existen dous principais motivos polos que, dende o Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs, cremos necesario organizar actos deste tipo. En primeiro lugar, informar sobre a existencia do gran número de presxs políticxs, que fican secuestradxs por un Estado que de democrático ten ben pouco, así como da situación que viven dentro dos centros penitenciarios. En segundo lugar, e como consecuencia do anterior, trasladarvos a necesidade de visibilizar entre todxs ista situación, tan silenciada polos mesmos que a provocan.

Por todxs é sabido que a escala represiva do Estado non fai máis que ir en aumento e que esta dinámica non vai a parar, senón todo o contrario. Cada vez érguese máis xente para reivindicar un sistema máis xusto, para reclamar o que é do pobo traballador por dereito e que nos rouban día tras día, e iso lles da medo. Por iso necesitan amedrentarnos, intentar frear a resposta popular mediante a represión a tódolos niveis e de cada vez máis sectores da loita social. Un exemplo disto pode ser a posta en marcha da coñecida como Ley Mordaza. Desta forma, as cadeas vanse ir enchendo pouco a pouco de presxs políticxs de todo tipo de colectivos antifascistas e anticapitalistas. Non obstante, non debemos esquecer que a represión non é ningún fenómeno novo, nin sequera recente.

Cóntanse por centos xs compañeirxs que levan encerradxs dende fai décadas por loitar contra un Estado criminal, que non dubida en condear á miseria á clase obreira co fin de perpetuar os privilexios duns poucos, conseguidos a base de explotar, despedir, deportar, desafiuzar, e incluso asasinar a traballadores e traballadoras de todo o mundo.

A realidade é que a tan modélica transición que nos venderon foi unha farsa que levou ó encerro a centos de militantes que non caeron nin no engano, nin na comodidade de aceptar poltronas a cambio de renunciar á súa loita. Moitxs de elxs seguen hoxe en día na prisión, sufrindo todo tipo de torturas físicas e psicolóxicas como chantaxe para que reneguen das súas ideas. Non obstante, moi a pesar de quenes lles encerraron e intentan silencialos, demóstrannos que son o máis claro exemplo de resistencia, manténdose firmes e fieis ás suas ideas. E de elxs queremos falarvos hoxe.

Non lles chega con telos secuestradxs, privadxs de liberdade, senón que moitxs de elxs están a sufrir cadeas perpetuas encubertas, e con máis de 65 anos seguen encerradxs como castigo á súa militancia política. De feito, o novo acordo firmado sobre a prisión permanente revisable tampouco é nada novo, senón un respaldo legal e mediático cara algo que leva existindo de facto dende fai moito tempo.

Convén tamén recalcar que nas prisións do Estado tortúrase mediante a desatención médica. De feito, segundo as súas propias leis, xs presxs gravemente enfermxs non deben ficar nas mesmas. E non só lles condean a ficar nos centros penitenciarios, senón que tamén lles negan a atención médica que precisan. Lles privan das visitas médicas que lles corresponden, non lles proporcionan os tratamentos adecuados, etc, cuestións que fan que as súas enfermidades véxanse agravadas polo mero feito de ficar na cadea. Non podemos esquecer que esta dinámica de lento exterminio hacia xs presxs políticxs fixo que varixs de elxs faleceran durante o pasado ano, entre as que atopábase Isabel Aparicio.

A todos estes atropelos e torturas hay que sumarlles todo tipo de humillacións, agresións físicas, ou medidas como o illamento, que todxs elxs sufren e/ou sufriron durante o seu paso polas súas prisións.

E, por suposto, non podemos esquecer tampouco a dispersión, que utilizan como castigo non só contra xs presxs senón tamén contra ás súas familias. Para poder visitarlles, deben facer frente a un enorme esforzo económico, a viaxes longas que non todo o mundo pode asumir por idade ou por compromisos familiares ou económicos, e o propio risco que supón facer unha viaxe de centos de kilómetros. En definitiva, trátase doutra forma máis de illarlles, e de torturalxs psicolóxicamente inducindo ó sufrimento ós seus seres queridos.

Ante esta grave situación, a solidariedade para con as persoas encerradas por loitar por unha sociedade máis xusta debe ser unánime, sen excusas. A exixencia da Amnistía debe estar sempre presente nas nosas reivindicacións. Debemos facerlles chegar o noso apoio de tódalas formas posibles, e rachar co illamento ao que lles someten. E é precisamente o que intentamos facer, humildemente, dende este Comité, porque todo axuda: denunciar a súa situación, escribirlles, axudar económicamente na medida do posible as súas familias, etc. Porque elxs o deron todo por nós, e calqueira pode ser o seguinte.

LIBERDADE PRESXS POLÍTICXS!


LIBERDADE PRESXS ENFERMXS!

Por último mostramos o video que se pasou no que mostra as vivencias dos compañeirxs durante a folga de fame e a comuna realizada na cadea.

Febreiro 1, 2015

Comida Solidaria polxs Presxs Políticxs

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere informar da comida solidaria que terá lugar o Sábado 7 de Febreiro as 14:30 no bar Faluya, rúa Orzán 75.

A loita pola liberdade de todxs os Presxs Políticxs, AMNISTIA, debe estar na primeira línea de loíta contra o Estado, sin conseguir este reconocemento a chamada democracia nunca será tal. Ademáis cada vez e maior o número de persoas que son condenadas a penas de cárcere pola súa ideoloxía.

A través desta páxina informámosvos periodicamente das activades e campañas que se levan a cabo para mostar o apoio e solidariedade axs presxs políticxs e hoxe animámosvos a participar na comida solidaria que ao finalizar contará coa lectura de poemas realizados polos presxs, pase de video e coloquio entre todxs os asistentes.

Por último solicitamos confirmar asistencia antes do Xoves 5 de Febreiro no Faluya ou no correo nonestamostodos@gmail.com.

comida

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: