16 COLECTIVOS ASINAN COMUNICADO ESIXINDO A LIBERDADE DE ARANTZA DIAZ

Os colectivos abaixo asinantes esiximos a inmediata posta en liberdade de Arantza Díaz Villar:

A Arantza detectouselle un cancro de colon o 26 de maio de 2014. o 29 é transladada de urxencia ao hospital e o 30 é operada de oclusión intestinal. O 9 de xuño operanna de segunda vez en dez días., esta vez para extirparlle o cancro. En todo o tempo que estivo no hospital estivo incomunicada de visitas e chamadas telefónicas. O 18 de xullo informalle o hospital que vai ser sometida a 6 meses de quimioterapia. O tratamento dura de agosto de 2014 a comezos de febreiro de 2015. Informaselle que en marzo se lle farań probas de comprobación do tratamento. En xuño dinlle que as probas serán definitivamente en xullo. O 28 de xullo falece a súa nai. O 30 de xullo dinlle que as probas serán en setembro. O 4 de setembro os médicos dinlle que nin tan sequer teñen data de saida para as probas.

Por fin, e logo de varias denuncias e solidariedade da rúa, asi como a súa actitude de loita na cadea ( ian principiar unha folga de fame indefinida) o 5 de outubro ( 7 meses despois do previsto) ingresa para realizarlle o TAC de comprobación do seu cancro de colon. O xoves danna de alta e xa na cadea comunicanlle que o cancro voltou a reproducirse. En principio, a finais de outubro voltanna a operar e tras iso, comezará un novo tratamento de quimioterapia contra o cancro de colon.

Asi o viviu ela: ” A incertidume rachame os nervos. Tocoume esta tempada dura, ademais coa morte de mi amatxu, de ter que facer plans de enfrontamento ao posible resultado, i este se retrasa e retrasa. Non é o mesmo ter que planificar a miña vida en prisión se o cancro pechase, e probas de comprobación semestrais, que non teñan feito e teña que voltar a comezar cun duro tratamento”, nun medio xa d epor sí moi hostil, con grandes tensións e hostigamento por parte dos carcereiros seguindo as políticas represivas contra os presos políticos, das que a desatención sanitaria é unha máis; un medio, ademáis, sen as mínimas atencións médico-sanitarias e nas piores condicións para facer fornte a este tipo de enfermidades.

Paralelo ao proceso médico está o xudicial. Segundo a súa propia lexislación este tipo de presos terían que ser postos en liberdade:

Artigo 92 do Código Penal:

No obstante lo dispuesto en artículos anteriores, los sentenciados que hubieran cumplido la edad de setenta años, o la cumplan durante la extinción de la condena y reúnan  los requisitos establecidos, excepto el haber extinguido las tres cuartas partes de aquella, o, en su caso, las dos terceras partes, podrán obtener la concesión de la libertad condicional.

O mesmo criterio aplicarase cando, segundo o informe médico, tratese de enfermos moi graves, con padecementos incurables:

Artigo 196 do Regulamento Penitenciario. Liberdade de septuagenarios y enfermos terminales.

1.Se elevará al Juez de Vigilancia Penitenciaria el expediente de libertad condicional de los penados que hubiesen cumplido setenta años o los cumplan durante la extinción de la condena. En el expediente deberá acreditarse el cumplimiento de los requisitos establecidos en el Código Penal. excepto el de haber extinguido las tres cuartas partes o, en su caso. las dos terceras partes de la condena o de las condenas.

2. Igual sistema se seguirá cuando, según informe médico, se trate de nefermos muy graves con padecimientos incurables. Cuando los servicios médicos del Centro consideren que concurren las condiciones para la concesión de la libertad condicional por esta causa, lo pondrán en conocimiento de la Junta de Tratamiento, mediante la elaboración del oportuno informe médico.

O avogado xa solicitou, mediante resurso, a liberdade de Arantza por padecer unha enfermidade grave e incurable ao Tribunal Especial da Audiencia Nacional, sendolle denegado en varias ocasións e atopándose en apelación, a pesares dos informes médicos que amosan a gravidade da súa enfermidade. Está claro que Arantza estará condeada a morrer na cadea, máxime cando tería que sair da cadea en xuño de 2017.

Por iso, que os abaixo asinantes solicitamos a śua inmediata posta en liberdade.

 

 

  • 15 M MONTE ALTO
  • STOP DESFIUZAMENTOS A CORUÑA
  • CEIVAR
  • CENTRO DE F.P TOMÁS BARRON
  • ATENEO LIBERTARIO XOSÉ TARRÍO
  • QUE VOLTEM A CASA
  • ASOCIACIÓN JIMMY CON NÓS
  • ELVIÑA NON SE VENDE
  • ASOCIACIÓN FEMINISTA RABUDA
  • ISCA
  • NAIS CONTRA A IMPUNIDADE
  • XEIRA
  • PLATAFORMA CONTRA A REPRESIÓN, CORUÑA
  • CENTRO SOCIAL GOMEZ GAIOSO
  • COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
  • COMITÉ DE SOLIDARIEDADE C@S PRES@S POLÍTIC@S

 

12369149_1538087776514979_3199895776550198691_n

12391392_1538088256514931_3280793503054675148_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: