CARTA DE DAVID GARABOA SOBRE A LIBERDADE DE ARANTZA!!

Cadea de Villena, 22 de decembro de 2015

Queridas compañeiras e compañeiros do movemento de solidariedade, conquerímolo: Arantza xa está ceive!!!

A liberación de Arantza é un logro moi importante, vital, porque o que estaba en xogo era a súa vida. Só hai que lembrar que dende que ingresou no hospital o 30 de maio de 2014 por un cancro de colon; Arantza foi operada en catro ocasións. Catro operacións en apenas ano e medio!!. Nestes dous derradeiros meses, entre os ingresos hospitalarios programados e os ingresos de urxencias, Arantza ten sido ingresada no hospital, 5 veces!! Despois de tantas operacións o seu intestino non remata de funcionar ben, e nestas circunstancias a súa permanencia na cadea supuña un grave risco para a suá vida. Tiñamos que sacala á rúa antes de que fose demasiado tarde. Foi unha batalla moi dura, pero conquerímolo. Arantza está na rúa!! . E teño plena confianza en que aí fora co apoio da nosa xente, das mulleres e os homes maís conscientes e comprometidos da clase obreira, Arantza vai gañar a batalla contra o cancro.

Quero facer un recoñecemento público á tarefa que ten desenvolvido o noso avogado para conquerir a liberación de Arantza. Bravo Andreu, qué grande eres!!. Dende que en xuño de 2014, apenas uns días despois de que lle detectasen o cancro a Arantza, solicitou por primeira vez a súa excarceracion, non ten deixado nen por un intre de dar a batalla xudicial, apesares dos atrancos e os tempos dilatorios que a Audiencia Nacional impuña neste asunto. Sen a perseverancia e o bó traballo do noso avogado, Arantza non estaría agora mesmo na rúa.

 

Nembargantes, eu sempre manifestei que para conquerir a liberación das presas e presos políticos gravemente enfermos non é suficiente coas batallas xudiciais. Ademáis, precisase o apoio e a solidariedade da rúa. Estou convencido de que Arantza non tería sido liberada sen a presión da rúa, sen esa enorme onda de solidariedade que se formou na rúa para reclamar a súa liberdade. A liberdade de Arantza é unha victoria do movemento de solidariedade. Non vou a nomear a ninguén porque non podo nomealos a todos, pero quero agradecer o apoio que nós tedes prestado todas e todos os que enchichedes as rúas de pintadas, cartazes, colantes, etc. reclamando a liberdade de Arantza; os que inundachedes a súa cela de solidariedade, enviándolle cartas e postais; os que tedes enchido de calor solidario o frío módulo penitenciario do Hospital de Alacant coas voas visitas; os que tedes dado concertos pola súa liberdade ou adicarlle cancións; os que tedes denunciado a súa situación no voso bairro, en charlas antirrepresivas, en internet, en radios libres….Sen a vosa solidariedade non teríamos gañado a batalla!!. Entre todas e todos vós tedes arrincado a Arantza das gadoupas do fascismo para que poida seguir vivindo, para que poida seguir loitando.

Arantza xa está na rúa pero….a loita segue!! OUtras presas e presos políticos gravemente enfermos aínda están en prisión e precisan a nosa axuda. Manuel Pérez Martinez Arenas, Manuel Arango Riego, María Jose Baños Andujar e Paco Cela Seoane padecen graves enfermidades e mentras permanezan en prisión a súa vida estará en perigo. Temos que sacalos a todos!! Segundo a información que me tedes feito chegar dende a rúa, unha vez liberada Arantza; o caso máis preocupante e urxente a día de hoxe é o de Manuel Arango. Pois ben, celebremos a liberdade de Arantza, temos motivos de sobra para facelo, pero comezemos a berrar xa: Arango Liberdade!!!

Recibide unha aperta enorme cargado de forza e de agarimo. Bó traballo solidario!!

Liberdade pres@s polític@s enferm@s!!!

Amnistía Total!!!

 

David Garaboa. Preso Político PCE (r)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: