Archive for Febreiro, 2016

Febreiro 9, 2016

Carta de Maria Osorio

maria2014_web

Ola Pepita!!!

Que tal todo pola Corunha?

Por aquí turrando co frío ainda que melhor que o ano passado. Recentemente enterei-me da posta en liberdade de Arantza, coa que coincidín brevemente en Ávila no 2012. Alegro-me moito e, se podes, manda-lhe saúdos, ánimos e apertas da minha parte.

Nom tenho muitas novidades, já sabes como vai isto, deporte, estudos, manualidades e boa conversa, quando a hai. Eu e o companheiro ainda estamos esperando a que se faga efectivo e o auto do julgado para ter o vis. Levamos case dous anos sem nos a ver.

Como bem dis, esperemos que o 2016 venha carregado de liberdade e sáude para todos.

Muitos sáudos para a gente do Comité da Corunha e apertas para ti.

Mansilla de las Mulas 3-1-2016

Advertisements
Febreiro 9, 2016

Carta de David Garaboa

Querida Pepita, queridas compañeiras e compañeiros solidarios da Coruña. Arantza e maís eu tiñamos previsto felicitarvos o aninovo xuntos, porén….Arantza Liberdade!!! É unha gran victoria do movemento de Solidariedade. E agora, a pola Amnistía!

Por un 2016 carregado de Sáude e de Resistencia!!!

Moitos bicos e apertas cheos de forza e agarimo para todos nós. Venceremos!!!

decembro 20151918984_1057076941011287_495156013565254613_n

Febreiro 9, 2016

Manifa antirepresiva na Coruña do 23 de xaneiro

o pasado 23 de xaneiro, perto de 200 persoas percorreron o centro da cidade para denunciar a represión que se cerne e que non cesa sobre os movementos sociais. Consignas como “Audiencia Nacional, Tribunal Fascista”, “Contra a represón, mobilización”, “Contra o Estado e a súa violencia, agora e sempre, Resistencia”, “Operación Piñata, Montaxe policial”, “Alfón liberdade”, “Non estamos todas, faltan as presas”, foron algunhas das que se berraron ese día. Ao final, leeronse sendos comunicados da Plataforma contra a Represión, de apoio a Causa Galiza e de apoio á Plataforma pola absolución de Oliver, Nerea e Sine.12573936_1064337086951939_4327076911251417251_n12573681_1064336760285305_2597692069838641399_n12523203_1064337070285274_346967224904132812_n12495043_1064337036951944_605694198547136134_n

%d bloggers like this: