Comunicado do Comité pola folga estudantil do 13.

Compañeir@s, actualmente atopámonos nunha situación onde existen centos de motivos polos que manifestarnos, coma hoxe, por un ensino en galego, público, anticlasista, antipatriarcal e anticapistalista, pola derogación da LOMCE e do 3+2.

Non son poucas as accións que as estudantes galegas temos feito anos atrás facendo manifestacións, charlas informativas, boicots contra a presenza de fascistas e machistas nos nosos centros educativos…  Manifestacións en diversas zonas de Galiza, onde houbo companheiras que foron identificadas, golpeadas e represaliadas por parte das forzas represivas do Estado, contando coa colaboración de chivatos coma o Sindicatos de Estudantes.  Actualmente existen moitos casos de companheiras con sancións económicas por facer uso da súa rebelión e outros casos d
as que se enfrontran a varios anos de prisións.

 

Bzlb7VfCYAAkANREstos últimos casos son os de Mario, Atanes, Antía por protestar fronte Feijoo, o de Adriel por participar nunha mani do 2013, e os de Oliver, Sine e Nerea por manifestarse en contra da LOMCE en Vigo no 2014. Pola existencia destes casos na Galiza, a nosa solidariedade debe ser activa, clamando pola AMNISTÍA das encausadas e de todalas presas políticas existentes no Estado Espanhol por defender un cambio de raíz. Un cambio máis xusto onde o estudantado non sexa producto de mercado, senon unha peza imprescindible para acadar dita transformación social.

Por este motivo, hoxe e sempre debemos lembrarnos das companheiras represaliadas e esixir a súa absolución e a sua amnistía total. Elas sofreron a represión por manifestarse coma hoxe face mos nós, co que non debemos esquecer que calquer día podemos ser unha de nós a que se enfronte a unha condea de cárcere.

LOITAR POR UN ENSINO PÚBLICO, EN GALEGO E ANTICAPITALISTA NON É DELITO

SOLIDARIEDADE ACTIVA CON TODALAS COMPANHEIRAS ENCAUSADAS POR DEFENDER O ENSINO

AMNÍSTÍA PRESXS POLITICXS!!

Comité de Solidariedade coas Presas e Presos políticos/as

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: