Archive for Febreiro 20th, 2017

Febreiro 20, 2017

Carta de Teto dende o aillamento de Villanubla

boas Pepita!!!!c4vuledweayyx

Grande ledicia!! Chegoume a túa postalcinha do Comité de Solidariedade!! Um ano mais ou menos…dependendo para que se boten as contas….jejeje…..mas sexa como sexa que a Solidariedade NOM PARE pois entre todos temos que afer por xuntar forzas e colher este novo 2017 com mais ganhas aínda que o anterior, pra seguir dandolle mais do mesmo: Luita, dignidade, rebeldía, bem de amor e un pouco de raiba (da boa) tamén, Resistencia a mares e AVANTE TODA ate a AMNISTÏA (coma diz ti), que xa te digo que por ela soa non vai chegar, mas facer…imos faze-lo NÓS!!!.

Insisto, chegoume a túa postalcinha e misson feita, porque apanho o teu ánimo e forte aperta (nutritiva e vitaminada) que son todo empurrón pra seguir turrando neste longo roteiro pola liberdade que nos tocou viver. Porque son pequenas mensaxes, pero irreductiveis no seu obxetivo de brincar muros, acurtar tempos e distancias…..i encher de quentura humana estas galerías tan frías e pechadas…que son todo arroupamento para @s que por agora non podemos estar na Terra ( e voltar a casa), mas ESTAREMOS.

MUITOS GRANDES BIKOS E FORTE ABRAÇO!!! tamén a túa familia e aos coleguis….

NA GALIZA; SEMPRE CEIVES!!!!

ate pronto, TETO

 

 

A %d blogueros les gusta esto: