PRESXS MAIORES DE 65 ANOS
- Manuel Pérez Martinez (Prisión de Castellón II: 12140 Alcocasser).
- Victoria Gómez Méndez (Prisión de Caceres II: C.P. Caceres II, 10004 Cáceres).
- Lucía García Blanco (Prisión de Topas: 37799 Topas (Salamanca).
- Juan García Martín (Prisión de Puerto III. Puerto de Santa María. CP Puerto III. 11500 Puerto (Cádiz)
Presxs Gravemente Enfermxs
- Arantza Díaz Villar (Prisión de Villena-Alicante II, CN 330 km. 66. 03400 Villena (Alicante)
- Mª José Baños Andujar (Prisión de Picassent-Valencia II: a.c. 1002. 46225 Picassent (Valencia).
- Francisco Cela Seoane (Prisión de Picassent-Valencia II: a.c. 1002. 46225 Picassent (Valencia).
- Manuel Riego Arango (Prisión de Zuera-Zaragoza: CN 338 km. 539. 50800 Zuera (Zaragoza).
As últimas condenas impostas aos presxs polítcxs Lucio García Blanco, Manuel Pérez Martínez, Juan García Martín e Victoria Méndez, todos eles maiores de 65 anos, son unha cadea perpetua encuberta. Estes vellos comunistas levan toda a súa vida defendendo os dereitos e liberdades dxs traballadorxs, polo que foron detidos e encarcelados en múltiples ocasions. Son un exemplo de firmeza e resistencia. Nas últimas montaxes xudiciais que sufriron, os sumarios foron amañados ou inventados para alargar artificialmente de forma considerable as súas condeas en varias decenas de anos o que significaba que o Estado os encarcelou de por vida castigando así a súa militancia comunista.
Por outra parte, temos que denunciar a situación que padecen os presxs políticxs comunistas e antifascistas gravemente enfermos. Manuel Arango Riego, Arantza Díaz Villar, Mª Jose Baños Andujar e Paco Cela Seoane padecen enfermedades irreversibles agravadas pola súa estancia en prisión, a cal dificulta un tratamento adecuado, poñendo en perigo a vida destes loitadores. Non podemos esquecer a recente norte da presa política comunista Isabel Aparicio.
E por iso que facemos un chamamento a solidariedade con todxs os presxs políticxs e en especial con aqueles maiores de 65 anos e os gravemente enfermos. É necesario denunciar e dar a coñecer o seu estado e romper o seu illamento. Todas as iniciativas son importantes: pintadas, cartéis, cartas de apoio, etc. A situación dxs presxs políticxs é un asunto que completa a toda a clase obreira xa que eles entregaron o mellor da súa vida por defender os dereitos e liberdades de todxs os traballadorxs, de todo o pobo. Por iso debemos levar as súas reivindicacións a todos os colectivos e asociación. Que o berro de amnistía e pola liberdade dxs presxs políticxs enfermos esté presente en todas as loitas obreiras e populares.
¡¡¡LIBERDADE PRESXS POLÍTICOS ENFERMOS!!!
¡¡¡NON ÁS CADEAS PERPETUAS ENCUBERTAS!!!
¡¡¡POLA AMNISITÍA!!!
Deixar unha resposta