Posts tagged ‘Biografías’

Febreiro 16, 2012

Aurora cumpre 55 anos, 30 en prisión

Aurora Cayetano Navarro naceu en Vigo o 19 de febreiro de 1957, no barrio de Cabral, no «Campo da Feira». Alí criouse e permaneceu até os 18 anos. Un barrio moi modesto, composto por familias de traballadores do mar, os estaleiros, Citroen e mulleres da fábrica de cerámicas Álvarez.

Con 14 anos entrou a traballar nunha conserveira de peixe, onde aprendeu un curso acelerado de explotación e abusos da patronal, pero tamén das súas ferramentas de opresión e da importancia da unidade entre os obreiros. Concienciouse a golpe de realidade da necesidade de loitar por cambiar toda esta situación. Ademais, e á calor da experiencia deixada pola Folga Xeral Revolucionaria de 1972, contacta coa Organización Obreira e entra a militar na OMLG (Organización de Marxistas Leninistas Galegos). En 1975 ingresa no xa reconstituído PCE(r). En decembro de 1976 é detida en Ferrol e encarcerada por dous meses.

Tocoulle vivir directamente a represión. E os sucesos sanguentos do 27 de Setembro de 1975 (cos 5 antifascistas fusilados) e do 3 de marzo de 1976 en Vitoria (con 5 obreiros asasinados e máis de 100 feridos de bala). Ao saír do cárcere organizouse na guerrilla antifascista GRAPO.

En 1978 é detida formando parte dun comando operativo dos GRAPO, nesta organización desenvolveu unha ampla actividade de resistencia armada contra o Estado monopolista español. Foi torturada brutalmente pola Brigada Político Social de «Billy el Niño» e demais secuaces. Viñeron 20 anos exactos de presidios, pasando por un total de 15 cárceres e 21 folgas de fame, unha delas de 435 días de duración xunto ao resto dos seus camaradas.

Entre 1992 e 1994 é trasladada de forma continua e ininterrompida de cárcere en cárcere.

Saíu en liberdade en 1998, tras máis dos 20 anos cos que as súas propias leis a condenaron e retornou a súa actividade política comunista. Pero a criminalización e a represión fan que no 2000 se incorpore ao labor comunista do PCE(r) na clandestinidade.

É detida o 18 de xullo de 2002 en Madrid, xunto a súa camarada Iolanda Fernández, nun dispositivo policial de «todo é GRAPO», onde 19 militantes dos GRAPO, do PCE(r) ou do SRI ingresaron en prisión.

Foi condenada a 12 anos de prisión pola súa militancia comunista, parecidos anos que os que lle caeron aos outros militantes do PCE(r) xulgados e aos solidarios do SRI (Socorro Roxo Internacional). No xuízo escapoulle un comentario ao xuíz-presidente: «aquí non hai nin unha patada no nocello a un policía». Pero a fascista Lei de Partidos xa tiña escrita outras condenas.

Pasou de novo por varios cárceres, e agora áchase a 1000 quilómetros dos seus familiares e da súa miña terra. Ten unha filla, Celestina. A súa irmá Carmiña tamén desenvolveu un vida dedicada á loita, estivo presa primeiro máis de 16 anos entre 1983 e 1999 e logo dende 2006 até a actualidade.

Aurora Cayetano Navarro
Presa política do PCE(r)

Prisión de Alicante II
03400 Villena, Alacant

Advertisements
Etiquetas:
Novembro 20, 2011

Situación dos presos políticos enfermos: María José Baños

Militante dos GRAPO. Natural de Murcia e veciña da Coruña. Ten 47 anos de idade e leva 17 anos en prisión. Pasou por numerosos cárceres: Soto, Brieva, Villanubla, Donas, Castelló I…; actualmente atópase na de Picassent (Valencia). Ten graves problemas hepáticos ata tal punto de necesitar un transplante. Desde fai 20 anos padece unha hepatite C e en 2007 descubríuselle uns vultos de sangue no fígado con serio risco de producir cirrosis. O tratamento que recibe ten como obxectivo rexenerar o fígado, pero as condicións de prisión non permiten unha recuperación efectiva. Ademais ten VIH, actualmente controlado. Frecuentemente queda sen poder andar, debido aos problemas circulatorios que padece e polos que tamén está esperando unha intervención. Leva moito tempo esperando un baipás coronario, pero cada vez que parece que llo van a implantar, é trasladada.

Etiquetas:
Novembro 14, 2011

Situación dos presos políticos enfermos: Paco Cela Seoane

Natural de Galiza. Leva 26 anos de cárcere ás súas costas. Sofre de diabetes mellitus grave, necesita administrarse insulina cinco veces ao día. É obvio que as condicións en prisión, como son as presións ás que son sometidos os presos, o completo illamento no que se atopa e a imposibilidade de seguir un réxime alimenticio adecuado, poden converter esta enfermidade en moi grave e até mortal.

Veciño da Coruña, naceu en Verín (Ourense), o 29 de outubro de 1958 Ten dous irmáns: Suso (tamén preso político) e Carlos (en liberdade provisional tras 10 meses de cárcere por actividade nos Comités por un SRI). A súa nai Pepita é unha loitadora solidaria cos presos políticos, desde os anos 1980.

Comeza a súa loita nos ambientes anarquistas, é detido e encarcerado. Ao ser liberado, dá o salto á clandestinidade e ingresa nos GRAPO. É detido en 1983. Unha vez no cárcere, ingresa no PCE(r). Cumpriu unha condena de 22 anos, participou na Folga de Fame máis longa da historia dos presos políticos pola reunificación e contra a tortura branca (dispersión, illamento, malleiras).

Ao saír en liberdade reincorpórase á loita política. En xuño do 2007 é detido de novo polo súa militancia comunista no PCE(r), e condenado a 12 anos en aplicación da fascista Lei de Partidos.

É un prolixo escritor, de relatos curtos e sobre todo de poesía política, reproducida en decenas de fanzíns, folletos, web, etc.

______________________________–

Extraido do folleto editado polo SRI “La desatención médica es la muerte lenta de los presos políticos”

Etiquetas:
%d bloggers like this: