Posts tagged ‘CONVOCATORIAS’

Xuño 18, 2014

XXXIII Cabodano do asasinato dos militantes dos GRAPO: Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e Antonio Cabezas

Placa en memoria do mártir Roberto Liñeira

O pasado 17 de xuño, cúmpriuse o 33 aniversario da morte ás mans da Garda Civil de 4 militantes dos GRAPO en La Farga de Bebie, Las Lloses, Girona. Masacre que, xunto á de 4 activistas dos Comandos Autónomos Anticapitalistas (CAA) na Baía de Pasaia no 84, son as maiores matanzas policiais de militantes revolucionarios dende o 27 de setembro de 1975, con Franco aínda vivo.

O catalán Antonio Cabezas Bella e os galegos Francisco Roberto Liñeira Oliveira, Albino Gabriel López e Dolores Castro Saa formaban un comando operativo da organización armada GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro) que neses meses de marzo, abril, maio e xuño de 1981 se mostrou especialmente activo. Estábanse a vivir momentos vitais na política española e europea e a devandita organización achábase no centro do ciclón.

O día 16 de xuño o comando composto por estes catro militantes enfróntase a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. O día 17 instalan a súa tenda de campaña aos arredores de La Farga de Bebie, en Las Lloses, a uns poucos quilómetros de chan francés. Albino Gabriel López e María Dolores Castro Saa se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida e tabaco. Van vestidos como simples turistas, algo habitual neses pobos fronteirizos.

Antonio Cabezas Bella e Roberto Liñeira Oliveira agardan na tenda de campaña a uns quilómetros do pobo, nunha zona estratexicamente situada e moi disimulada nunha campa de moi difícil absceso.

Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. Levados ao cuartel, un enclave estratéxico na loita contrarrevolucionaria xa dende os tempos do maquis antifascista, pois dende el se controlan os pasos a Francia son, polo que obxectivamente parece son brutalmente torturados e asasinados.

A versión do Estado foi que Dolores levaba unha pistola camuflada (no cabelo!!) e que ao intentar usala foron abatidos (de feito, os seus cadáveres estaban literalmente partidos por refachos de metralladora).

A realidade é que lles tiveron que sacar con brutais pero rápidas torturas a información da localización dos seus compañeiros, pois dende as 15.45 que se oíron os disparos polos veciños do pobo até a localización e acribillamiento dos seus outros dous camaradas, ás 18.29, até ese afastado pobo de Girona desprazáronse decenas e decenas de gardas civís e os dous máis altos cargos da Garda Civil en Catalunya. Todo iso en apenas dúas horas e corenta e catro minutos. Entre os altos cargos, o Tenente Coronel Blázquez Pedraza, xefe da comandancia de Girona, e o Xeneral Pajuelo, xefe da 4ª Zona (Catalunya).

O dispositivo de detectar e matar cumpriu a súa primeira parte. Só faltaba localizar o resto de militantes antifascistas. Actívase un círculo en torno á campiña na que estaban Roberto e Antonio. As torturas deberon facer efecto, porque a tenda estaba moi ben escondida e aínda así en menos de dúas horas dende o asasinato dos 2 primeiros militantes xa estaban localizados. Polo menos un grupo de 18 gardas civís descargan sobre eles centos de balazos, asasinándoos no acto e deixando os corpos tirados por varias horas.

Como todos os anos, dende hai 33, renderáselle homenaxe a estes catro antifascistas na cidade da Coruña -sábado 21 no cemiterio de San Amaro ás 13 h-, onde está enterrado Roberto Liñeira.

Advertisements
Etiquetas:
Outubro 23, 2013

Recital poético de Aitor Cuervo e palestra informativa sobre a “Doutrina Parot” no Bar Faluya

Presentación Aitor

O vindeiro sábado 26 a partir das 21:00 H o ex-preso político durante 23 anos Suso Cela e o poeta revolucionario Aitor Cuervo participarán nun acto en solidariedade cos presos e presas políticas. Suso Cela falará da coñecida “Doutrina Parot” e Aitor Cuervo presentará o seu último libro de poemas: “Bombas, poemas y otras necesidades”. Como é sabido o coruñés Suso Cela estivo preso 6 anos máis dos que lle correspondían tras cumprir os 17 aos que fora condenado pola súa militancia nos GRAPO. Dous presos políticos galegos (Xaime Simón e Olga Oliveira) seguen aínda detidos ilegalmente -secuestrados- tras cumprir as súas penas en aplicación da coñecida como “Doutrina Parot”.

 

Etiquetas:
Agosto 27, 2013

Homenaxe a Abelardo Collazo en Vigo

XXXII Cabodano

No XXXII aniversario do asasinato do veciño de Teis e militante comunista Abelardo Collazo Araúxo, unha homenaxe á súa figura terá lugar o vindeiro xoves 29 de agosto a partir das 20:30 h. No acto intervirán X. Luís Fernández, membro do Socorro Roxo Internacional, e Xesús Chaves, dirixente de Organización Obreira no ano 1972. Seguidamente, petiscos, confraternidade e o rap contestatario de Pipe Díaz, Oliver Botana e Óscar Sine.

Etiquetas:
Xullo 22, 2013

O COMITÉ expresa a súa satisfación e agradecemento polo acto do sábado e convoca a unha primeira toma de contacto con Iolanda Fernández

Organizado polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE, o pasado sábado 20 celebrouse na Coruña o acto de recibimento do ex-preso político Suso Cela Seoane recentemente liberado tras pasar 23 anos en prisión.

O acto comezou sobre as 18:00 na Praza do Áfricano, no coruñés barrio do Orzán, onde unhas cincuenta persoas recibiron a Suso entre os berros de “Non estamos todos, faltan os presos!” e o ondear de bandeiras da Patria e da República Popular. No alto da praza, unha faixa daba igualmente a benvida a este ex-combatente guerrilleiro dos Grupos de Resistencia Antifascista de Outubro, dos GRAPO, con máis de trinta anos de militancia e case outros tantos de cárcere ás costas.

Pasados os primeiros de emoción, un membro do COMITÉ dirixiuse aos presentes para darlle o primeiro saúdo ao compañeiro e facer as presentacións. Interviñeron membros do Comités por un Socorro Roxo de Vigo, de Plataforma Que Voltem a Casa, do Organismo Anti-represivo Ceivar, e do Centro Social Okupado de Palavea. Tamén contamos con presenza internacional da man dun militantes comunista venezolano e un membro da diáspora palestina, igualmente militante comunista. O vídeo elaborado polos compañeiros de Galiza Contr-Info da boa conta do contido destas intervencións.

Unha vez rematado o acto político, o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE en colaboración co Bar Faluya, ofreceu a todos os asistentes uns petiscos. “O Faluya” volveu, como tantas veces, a encherse de solidariedade e confraternización, nun ambiente festivo e de celebración que se prolongaría toda a noite con momentos non exentos de grande emoción como cando o propio homenaxeado retirou a súa foto da parede onde se poden ver os retratos de varios presos e presas políticas galegas.

E xa para rematar o Acto, foi a quenda dos vigueses Pipe Díaz e Oliver Botana, quen co seu hip-hop social arrincaron os aplausos dos asistentes e demostraron, unha vez, o seu compromiso total e desinteresado coa causa da Amnistía. Desde este COMITÉ dámoslle as grazas unha vez máis a esta parella de uns músicos, sempre dispostos a colaborar cando se lles necesita.

En definitiva, un acto humilde -e até modesto se se quere- pero moi digno e do que este COMITÉ se sente moi satisfeito e agradecido a todos e todas as participantes. Proximamente informaremos a cerca do Acto de Recibimento que se lle fará a tamén ex-presa política do PCE(r) e veciña da Coruña Iolanda Fernández Caparrós liberada hai poucos días xunto coa tamén militante comunista viguesa Aurora Cayetano Navarro. E para todos aqueles que queiran ter un primeiro contacto con Iolanda, anunciamos que chegará a Coruña o vindeiro mércores 24 e que temos previsto facerlle un primeiro recibimento informal no Bar Faluya ás 20:00 horas.

Etiquetas:
Xuño 19, 2013

XXXII Cabodano do asasinato dos galegos Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e do catalán Antonio Cabezas

Placa en memoria do mártir Roberto Liñeira

O pasado 17 de xuño, cúmpriuse o 32 aniversario da morte ás mans da Garda Civil de 4 militantes dos GRAPO en La Farga de Bebie, Las Lloses, Girona. Masacre que, xunto á de 4 activistas dos Comandos Autónomos Anticapitalistas (CAA) na Baía de Pasaia no 84, son as maiores matanzas policiais de militantes revolucionarios dende o 27 de setembro de 1975, con Franco aínda vivo.

O catalán Antonio Cabezas Bella e os galegos Francisco Roberto Liñeira Oliveira, Albino Gabriel López e Dolores Castro Saa formaban un comando operativo da organización armada GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro) que neses meses de marzo, abril, maio e xuño de 1981 se mostrou especialmente activo. Estábanse a vivir momentos vitais na política española e europea e a devandita organización achábase no centro do ciclón.

O día 16 de xuño o comando composto por estes catro militantes enfróntase a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. O día 17 instalan a súa tenda de campaña aos arredores de La Farga de Bebie, en Las Lloses, a uns poucos quilómetros de chan francés. Albino Gabriel López e María Dolores Castro Saa se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida e tabaco. Van vestidos como simples turistas, algo habitual neses pobos fronteirizos.

Antonio Cabezas Bella e Roberto Liñeira Oliveira agardan na tenda de campaña a uns quilómetros do pobo, nunha zona estratexicamente situada e moi disimulada nunha campa de moi difícil absceso.

Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. Levados ao cuartel, un enclave estratéxico na loita contrarrevolucionaria xa dende os tempos do maquis antifascista, pois dende el se controlan os pasos a Francia son, polo que obxectivamente parece son brutalmente torturados e asasinados.

A versión do Estado foi que Dolores levaba unha pistola camuflada (no cabelo!!) e que ao intentar usala foron abatidos (de feito, os seus cadáveres estaban literalmente partidos por refachos de metralladora).

A realidade é que lles tiveron que sacar con brutais pero rápidas torturas a información da localización dos seus compañeiros, pois dende as 15.45 que se oíron os disparos polos veciños do pobo até a localización e acribillamiento dos seus outros dous camaradas, ás 18.29, até ese afastado pobo de Girona desprazáronse decenas e decenas de gardas civís e os dous máis altos cargos da Garda Civil en Catalunya. Todo iso en apenas dúas horas e corenta e catro minutos. Entre os altos cargos, o Tenente Coronel Blázquez Pedraza, xefe da comandancia de Girona, e o Xeneral Pajuelo, xefe da 4ª Zona (Catalunya).

O dispositivo de detectar e matar cumpriu a súa primeira parte. Só faltaba localizar o resto de militantes antifascistas. Actívase un círculo en torno á campiña na que estaban Roberto e Antonio. As torturas deberon facer efecto, porque a tenda estaba moi ben escondida e aínda así en menos de dúas horas dende o asasinato dos 2 primeiros militantes xa estaban localizados. Polo menos un grupo de 18 gardas civís descargan sobre eles centos de balazos, asasinándoos no acto e deixando os corpos tirados por varias horas.

Como todos os anos, dende hai 32, renderáselle homenaxe a estes catro antifascistas na cidade da Coruña -sábado 23 no cemiterio de San Amaro ás 13 h-, onde está enterrado Roberto Liñeira.

Etiquetas:
Xuño 14, 2013

CEIVAR convoca Manifestación Nacional en Compostela

ETIQUETA

O sábado 15 de xuño, o Organismo Anti-repressivo Ceivar convoca unha manifestación nacional na Alameda de Compostela ás 19hen apoio e solidariedade co Maria Osório, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto Rodrigues, os catro militantes independentistas que van ser xulgados na Audiencia Nacional o 24 e 25 deste mesmo mes e que afrontan unha petición de 64 anos de prisión.

A explicación a estas peticións desorbitadas para persoas que non teñen atuado contra a vida, a saúde ou a integridade de ninguén, encóntrase nun Estado Español inestábel e ameazado por natureza, que protexe com moito maior rigor a súa integridade e o seu ordenamento xurídico-político do que os dereitos e a liberdade das persoas e dos pobos. É por isto que o do 24 e 25 de xuño é mais un proceso de carácter nitidamente político.

Eduardo Vigo, Teto Fialhega, Antom Santos e Maria Osório son catro militantes independentistas exemplares, traballadores infatigábeis en favor das mais variadas causas políticas, sociais e culturais, galegos bos e xenerosos ao servizo do seu pobo, en quen o Estado quer descargar a súa impotencia ante a incapacidade de facerse respectar. Un exemplo perigoso para unha España en profunda crise económica, política e social, e que na lóxica represiva do Estado merece ser castigado con mais severidade que o asasinato ou a violación.

Ante a pretensión do Estado de xulgar na Audiencia Nacional a Galiza quen responde, desde Ceivar encoraxamos as persoas e colectivos solidarios a apoiar, participar e difundir esta manifestación nacional solidaria com Edu, Teto, Maria e Antom.

CEIVAR

Etiquetas:
Maio 22, 2013

Sobre o Colectivo Alexis Vive Carajo da República Bolivariana de Venezuela

alexis

«A raíz das conspiracións golpistas por parte de sectores da ultradereita no ano 2.001, materialízase o golpe fascista do 11 de Abril de 2002 ao Goberno Bolivariano que encabeza o Comandante Hugo Rafael Chávez Frías, produto da refrega de resistencia populares cae polas balas asasinas o camarada Alexis González Revette militante da Coordinadora Simón Bolívar, é aí onde tomamos o seu nome e o fixemos nosa bandeira; internacionalista, revolucionario, bolivariano e socialista exemplo de dignidade e perseveranza revolucionaria, que mellor homenaxe a este mártir revolucionario que levar o seu nome en cada un das nosas loitas.

O Colectivo Alexis Vive Carajo é unha organización política de cadros, con traballo de masas que realiza un amplo labor social e organizativo a través da concienciación do pobo en xeral, que ten a súa mais fidedigna expresión nos centos de mozos, estudantes, campesiños, obreiros, intelectuais, profesionais e desposuídos que día a día se incorporan á loita sen protagonismos pola construción dun mañá de utopías nos diferentes ámbitos da vida en que se desenvolven, tendo como misión fundamental a de organizar e dirixir ao pobo Venezolano na loita pola construción dunha patria socialista, a liberación nacional dos corrompidos lazos coa orde capitalista establecido, e a concreción dunha alborada comunista para os pobos do mundo.»

Col__Alexis_Vive

Máis info: colectivoalexisvivecarajo.blogspot.com

Etiquetas:
Maio 22, 2013

Palestra do Colectivo Alexis Vivista (Venezuela) e COMITÉ DE SOLIDARIEDADE

alexis

Etiquetas:
Abril 9, 2013

Xantar popular, recital poético e hip-hop, contra a “Doutrina Parot”

sus

O próximo domingo 14 de abril a partir das 15:00 horas no Bar Faluya (rúa Orzán 75 da Coruña), o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE ten previsto organizar unha xornada lúdico-reivindicativa contra a chamada “Doutrina Parot” e a liberación dos presos condenados pola súa fraudulenta aplicación, en especial pola liberdade do noso veciño Suso Seoane. Suso debería estar na rúa dende o ano 2007 unha vez pasados 17 anos en prisión.

 A xornada consistira nun xantador popular ao que dende aquí queremos invitar a todos os familiares, amigos e solidarios cos presos e presas políticas. Durante a comida leranse diferentes cartas dos presos. Ao remate do xantar, Aitor Cuervo recitara algúns versos do seu repertorio poético máis combativo. Asemade, contamos coa participación de dous grupos de hip-hop, un coruñés e outro de Vigo. Todos os artistas actuarán en beneficio única e exclusivamente da causa en prol da amnistía.

Etiquetas:
Novembro 6, 2012

Xornadas solidarias en León

Etiquetas:
Outubro 16, 2012

Pablo Hásel e Aitor Cuervo en Galiza

Cartaz da actuación na Coruña

Coa solidariedade por bandeira, Pablo  Hásel e Aitor Cuervo visitarán Galiza os próximos 26 e 27 de outubro. O venres 26 estarán no Bar Faluya da Coruña (Rúa Orzán 75) para ofrecer un recital poético-revolucionario dentro da xira que están a facer  por todo o Estado en apoio aos presos e presas políticas comunistas e antifascistas. En Vigo a cita será o sábado, en Redondela, na Discotaska da Rúa Mendiño. Nesta ocasión Pablo e Aitor actuarán nun festival no que tamén estará A Quenlla, nun concerto conmemoración do 40 Aniversario das xornadas revolucionarias do ano 72 en Vigo e da Organización Obreira.

 

 

Etiquetas:
Xullo 6, 2012

Xornadas na Coruña en solidariedade coa loita dos mineiros

Cartaz do concerto no Bar Faluya

Venres 6 de Xullo a partir das 21:00 Concerto de canta-autor punk Bitxobola na Baiuca Terra (Rúa Vista, A Coruña) en solidariedade coa resistencia mineira.

Sábado 7 de xullo ás 19:00 h. Charla-coloquio cunha representación dos mineiros asturianos no Bar Faluya (Rúa Orzán – A Coruña) . Concerto solidario ás 21:00 horas no mesmo sitio.

Etiquetas:
Xuño 11, 2012

XXXI Cabodano do asasinato dos galegos Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e do catalán Antonio Cabezas

Placa en memoria do mártir Roberto Liñeira

O vindeiro domingo 17 de xuño, cúmprese o 31 aniversario da morte ás mans da Garda Civil de 4 militantes dos GRAPO en La Farga de Bebie, Las Lloses, Girona. Masacre que, xunto á de 4 activistas dos Comandos Autónomos Anticapitalistas (CAA) na Baía de Pasaia no 84, son as maiores matanzas policiais de militantes revolucionarios dende o 27 de setembro de 1975, con Franco aínda vivo.

O catalán Antonio Cabezas Bella e os galegos Francisco Roberto Liñeira Oliveira, Albino Gabriel López e Dolores Castro Saa formaban un comando operativo da organización armada GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro) que neses meses de marzo, abril, maio e xuño de 1981 se mostrou especialmente activo. Estábanse a vivir momentos vitais na política española e europea e a devandita organización achábase no centro do ciclón.

O día 16 de xuño o comando composto por estes catro militantes enfróntase a tiros coa Brigada Antiterrorista en Barcelona. Conseguen fuxir e recalan nun pobo preto da fronteira con Francia. O día 17 instalan a súa tenda de campaña aos arredores de La Farga de Bebie, en Las Lloses, a uns poucos quilómetros de chan francés. Albino Gabriel López e María Dolores Castro Saa se encamiñan ao pobo a por información sobre trens e algo de comida e tabaco. Van vestidos como simples turistas, algo habitual neses pobos fronteirizos.

Antonio Cabezas Bella e Roberto Liñeira Oliveira agardan na tenda de campaña a uns quilómetros do pobo, nunha zona estratexicamente situada e moi disimulada nunha campa de moi difícil absceso.

Albino e Dolores, no pobo, son localizados pola garda civil e detidos. Levados ao cuartel, un enclave estratéxico na loita contrarrevolucionaria xa dende os tempos do maquis antifascista, pois dende el se controlan os pasos a Francia son, polo que obxectivamente parece son brutalmente torturados e asasinados.

A versión do Estado foi que Dolores levaba unha pistola camuflada (no cabelo!!) e que ao intentar usala foron abatidos (de feito, os seus cadáveres estaban literalmente partidos por refachos de metralladora).

A realidade é que lles tiveron que sacar con brutais pero rápidas torturas a información da localización dos seus compañeiros, pois dende as 15.45 que se oíron os disparos polos veciños do pobo até a localización e acribillamiento dos seus outros dous camaradas, ás 18.29, até ese afastado pobo de Girona desprazáronse decenas e decenas de gardas civís e os dous máis altos cargos da Garda Civil en Catalunya. Todo iso en apenas dúas horas e corenta e catro minutos. Entre os altos cargos, o Tenente Coronel Blázquez Pedraza, xefe da comandancia de Girona, e o Xeneral Pajuelo, xefe da 4ª Zona (Catalunya).

O dispositivo de detectar e matar cumpriu a súa primeira parte. Só faltaba localizar o resto de militantes antifascistas. Actívase un círculo en torno á campiña na que estaban Roberto e Antonio. As torturas deberon facer efecto, porque a tenda estaba moi ben escondida e aínda así en menos de dúas horas dende o asasinato dos 2 primeiros militantes xa estaban localizados. Polo menos un grupo de 18 gardas civís descargan sobre eles centos de balazos, asasinándoos no acto e deixando os corpos tirados por varias horas.

Como todos os anos, dende hai 31, renderáselle homenaxe a estes catro antifascistas na cidade da Coruña -domingo 17 no cemiterio de San Amaro ás 13 h-, onde está enterrado Roberto Liñeira.

Etiquetas:
Abril 25, 2012

Recital pola Amnistía o 1º de Maio

Etiquetas:
Xaneiro 20, 2012

Nós non te choramos!

Cartel da convocatoria

Este sábado ás 12:00 desde a Alameda de Compostela até a Praza 8 de Marzo terá lugar unha manifestación baixo a lenda: “Fraga Iribarne foi un fascista”, “A transición foi unha fraude contra o pobo galego”. Este dia terá lugar o prolongamento do engano histórico e exaltación da figura de Fraga desatada polo arco político e mediático que sustenta ao Estado español: “un gran funeral” no Obradoiro con decenas de gaiteiros, revivindo as investiduras como presidente da “Xunta”. Ante a noxenta campaña desatada nos últimos dias convocamos ao movemento popular a rexeitar na rúa a este inimigo da Galiza e do pobo galego.

SÁBADO DÍA 21 DE 17:00 EN DIANTE FESTA RACHADA EN COMPOSTELA!!

Etiquetas:
Decembro 8, 2011

Ceivar chama á mobilización

En resposta ao último operativo represivo desenvolvido polo Estado Español na nosa terra, en solidariedade cos e coas detidas, en apoio aos presos e ás presas, para expresar de forma colectiva o noso caro e a nosa rabia, o Organismo Popular Anti-repressivo CEIVAR fai un chamamento a todas aquelas persoas e colectivos solidarios a se mobilizar no próximo Domingo dia 11 de Decembro, ás 12:00 na compostelana Praza do Toural.

Para expresar a nosa vontade firme de continuar a traballar dia a dia por esa Galiza libre e rebelde que España quer encarcerar; para dicirlles a Eduardo, a Maria, a Teto e a Antom que non están sós.

Tod@s a Compostela!
Liberdade independentistas!!

Etiquetas:
Decembro 5, 2011

Palestra e concerto no CSOA de Palavea

Sábado, 17 de decembro no Centro Social Ocupado e Autoxestionado de Palavea (A Coruña)


Palestra ás 21:00 h

Campaña pola liberación das presas e presos políticos gravemente enfermos
Denuncia da represión contra o independentismo galego, últimas detencións
Detención e procesamento de Hasél

INTERVEÑEN

Comité de Solidariedade coas Presas e Presos Políticos, Organismo Popular Anti-rrepressivo Ceivar e Pablo Hasél

 Concerto ás 22:00 h

 Actuación de PABLO HASÉL pola liberación das presas e presos políticos galegos

Etiquetas:
Novembro 28, 2011

Hasél actuará na Coruña o 17 de decembro

Pablo Hasél actuará no Centro Social Ocupado de Palavea o vindeiro sábado 17 de decembro. O cantante catalán, recentemente procesado por “enxalzamento do terrorismo”, participará ademais nunha palestra na que o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE falará da situación dos presos e presas políticas enfermas e doutros temas relacionados coa represión como foi a propia detención e procesamento de Hasél.

Etiquetas: ,
Novembro 7, 2011

Fin de semana antirrepresivo no CSOA de Palavea na Coruña

Cartaz do concerto do venres

Venres 11 novembro:

A partir das 20h concerto antirrepresivo de Furnier e do colectivo Verso Libre

Sábado 12 novembro:

12h Asamblea de Mulheres

14h Xantador solidario organizado polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE COAS PRESAS E PRESOS POLÍTICOS

21h Concerto de Metabuz e Trazos

smb://okupacorunha.wordpress.com/

Etiquetas:
Novembro 2, 2011

Campaña da Plataforma Que volten á Casa contra a dispersión dos presos políticos galegos

Dende a Plataforma Cidadá Que Volten á Casa!, colectivo que dende fai máis de cinco anos reivindica os dereitos d@s pres@s galeg@s, e o pleno respecto á legalidade no tratamento de que son obxecto, poñémonos en contacto coa vosa organización para informarvos do inicio de unha campaña social polo dereito das persoas presas galegas a estar nunha prisión en territorio galego tal e como recolle a propia * “Ley Orgánica General Penitenciaria”, para denunciar os efectos da dispersión e para dar a coñecer á sociedade galega a existencia desta práctica.

É coñecido que a dispersión é unha medida excepcional entre outras máis (réxime FIES, restricións nas comunicacións…), utilizadas sistematicamente polo Estado Español contra @s militantes polític@s encarcerad@s, o cal deixa ben claro o tratamento específico de Instituciones Penitenciarias cara @s pres@s polític@s.

Ante a negativa reiterada do Goberno español a atender as solicitudes de traslado a Galiza dos presos galegos, demandado polo propios presos, por avogados, asociacións de solidariedade… decidimos levar á rúa esta reivindicación co fin de socializar a existencia desta medida ilegal que se lles está aplicando e facer visíbel a petición de respecto aos seus dereitos.

Convocamos unha roda de prensa para presentar a campaña de socialización deste problema. Será una campaña de divulgación, e de presentación de material ca simboloxía contra a dispersión penitenciaria e pola volta á casa dos presos políticos galegos.

Informaremos tamén da cuarta Festa pola Liberdade que se celebrará en decembro ca finalidade de recadar fondos para axuda dos familiares e amistades nos longos desprazamentos para visitar os presos nas cadeas. Por isto, solicitamos a vosa adhesión a esta campaña a fin de facer visíbel un amplo apoio social. Adhesión que se concretaría na presencia dun/a representante da vosa organización na roda de prensa. Informar-vos que esta solicitude está sendo enviada a diferentes colectivos políticos, sociais, sindicais, ecoloxistas, deportivos… galegos.

Esta roda de prensa desenvolverá-se en Compostela o sábado día 26 de novembro ás 12:00 na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, nº6, Compostela).

Pola nosa parte, recibide un saúdo e o noso agradecemento de antemán.

www.quevoltemacasa.info/

Etiquetas:
%d bloggers like this: