Archive for Marzo, 2015

Marzo 10, 2015

Impidamos máis crímenes do Estado

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere mostrar en primeiro lugar o noso total apoio e solidariedade coa familia do preso Borja Martín Gómez que “apareceu aforcado” na prisión da Lama. O sospeitoso feito ocorreu o pasado sabado pero a nova non transcendeu porque dende os medios de “comunicación” do réxime considerárono como un “suicidio máis”. Volvo, como era coñecido, foi un preso activo dentro da cadea o que fai máis posible pensar que a cárcere se cobraran unha nova vítima que por desgraza non se investigará como faleceu e a verdade sobre o ocurrido na prisión o sabado entre as 13 e as 14 horas quedará sin investigación como outros feitos similares xa ocurridos.

Por todo o que acabamos de mencionar non debemos permitir que este asesinato senha olvidado e entre todos debemos difundir a realidade sobre un novo crime ocurrido dentro do sistema penitenciario do estado español.

image3 (1)

Ademáis creemos moi necesario que todxs difundamos a grave situación de saude que están a sufrir os nosxs compañeirxs: Arantza Díaz e Manuel Arango. Ambos sufriron recientemente un agravamento do seu estado de saude polo que debemos impedir que o estado cometa un novo crime. Agora é máis importante todavía difundir a grave situación que están a vivir estxs compeñeirxs levando as rúas a necesidade da AMNISTIA. Así os beneficiados xa non so serán elxs sinon a totalidade dos presxs que están privados da súas liberdades nos centros de exterminio que son as cárceres do estado español.

Por último recordar a todxs vxs que tedes máis información neste enderezo sobre a campaña que se está a levar a cabo pola liberdade inmediata dxs Presxs Políticxs Enfermxs. Aquí tamén teredes a posibilidade de obter as direccións das cárceres onde están condenados a cadenas perpetuas encubertas e así romper o illamento que sofren a través do envío de cartas nas que lle traslademos todo o noso apoio e solidariedade, xa que así será máis difícil para o estado levar a cabo novos asesinatos nas prisións.

image2image1

Marzo 9, 2015

A muller é libre, loitadora e revolucionaría Sempre!

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Polítcxs quere xa pasado o día Internacional da Muller Traballora, 8 de Marzo, trasladar a toda a sociedade a importancia de loitar no día a día porque a muller tenha os dereitos que sempre debeu ter e nunca chegou a conquistar polo machismo dominante. Especialmente dende aquí queremonos lembrar de todas aquelas compañeiras que están presas privadas todavía máis da sua liberdade.

Por últmo queremos trasladar o noso máis forte apoio para as compañeiras Arantza Díaz e Victoria Gómez que están gravemente enfermas na prisión. Como xa trasladamos a través desta páxina entre todxs debemos loitar día a día porque nas rúas se coñeza a situación destas e outrxs presxs que están a sufrir un trato vexatorio dentro das cárceres do estado español e así impedir que sigan a pagar penas de condeas perpetuas encubertas.

A revolución so será posible coas mulleres!!

mujer

Ademáis debemos lembrar que no día de hoxe celébrase o día da Clase Obreira Galega polo que todxs debemos ter moi claro a importancia de levar a cabo unha loita obreira que busque derrocar o verdadeiro culpable da situación que levamos sufrindo dende hai moitos anos, o sistema capitalista. Si a clase obreira é capaz de levar a cabo unha revolución unitaria as posibilidades de cambio real serán maiores porque debemos ter claro que nunca virá ningún mandatario a solucionar e devolver ao pobo as liberdades roubadas dende hai séculos, porque a revolución consiguese dende a rúa e coa clase obreira ao poder.

galiza

Marzo 4, 2015

Xornadas de visibilización da realidade carcelaria na corunha

O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs quere darlle difusión as xornadas que comezaron esta semana e ata o mes de abril buscarán trasladar a cidadanía a realidade que se está a vivir nas cárceres do estado español. Principalmente creemos moi necesario que o tema das prisións e a situación que nelas se vive este na rúa.

Maña as 17:00 na facultade de dereito terá lugar unha mesa redonda na que se debatirá sobre a necesidade das prisións.

A continuación mostramos o cartaz coa totalidade de actos programados que rematarán no mes de abril:

car