Archive for Maio, 2013

Maio 22, 2013

Sobre o Colectivo Alexis Vive Carajo da República Bolivariana de Venezuela

alexis

«A raíz das conspiracións golpistas por parte de sectores da ultradereita no ano 2.001, materialízase o golpe fascista do 11 de Abril de 2002 ao Goberno Bolivariano que encabeza o Comandante Hugo Rafael Chávez Frías, produto da refrega de resistencia populares cae polas balas asasinas o camarada Alexis González Revette militante da Coordinadora Simón Bolívar, é aí onde tomamos o seu nome e o fixemos nosa bandeira; internacionalista, revolucionario, bolivariano e socialista exemplo de dignidade e perseveranza revolucionaria, que mellor homenaxe a este mártir revolucionario que levar o seu nome en cada un das nosas loitas.

O Colectivo Alexis Vive Carajo é unha organización política de cadros, con traballo de masas que realiza un amplo labor social e organizativo a través da concienciación do pobo en xeral, que ten a súa mais fidedigna expresión nos centos de mozos, estudantes, campesiños, obreiros, intelectuais, profesionais e desposuídos que día a día se incorporan á loita sen protagonismos pola construción dun mañá de utopías nos diferentes ámbitos da vida en que se desenvolven, tendo como misión fundamental a de organizar e dirixir ao pobo Venezolano na loita pola construción dunha patria socialista, a liberación nacional dos corrompidos lazos coa orde capitalista establecido, e a concreción dunha alborada comunista para os pobos do mundo.»

Col__Alexis_Vive

Máis info: colectivoalexisvivecarajo.blogspot.com

Etiquetas:
Maio 22, 2013

Palestra do Colectivo Alexis Vivista (Venezuela) e COMITÉ DE SOLIDARIEDADE

alexis

Etiquetas:
Maio 17, 2013

Detida a Secretaria Xeral do SRI suízo

sri_suíza

Andrea “Andi” Stauffacher, membro da organización “Revolutionärer Aufbau Schweiz” (RAS), do Socorro Roxo de Suíza e da secretaría internacional do SRI entrou onte na prisión de Winterthur. Andi foi condenada en novembro de 2011 a dezasete meses de prisión polo tribunal penal de Bellinzona por “danos á propiedade e emprego de explosivos con propósito delituoso”. Tratábase de uso de fogos artificiais polos ataques que causaron prexuízos ao consulado español en Zúrich (acción realizada en solidariedade cunha folga de fame dos presos revolucionarios en España) e contra un inmoble que aloxaba locais de policía.

Unha pegada parcial de ADN encontrada no lugar correspondería ao seu perfil de ADN tal e como fora establecido en 2002, mais, segundo a lei, ese perfil anterior non debería ter sido conservado durante tanto tempo. O tribunal federal deu a razón aos avogados neste punto: a proba era ilegal. Pero finalmente o tribunal confirmou a condena declarando que se a policía tivese procedido legalmente (realizando novas consultas de ADN), o resultado tería sido o mesmo… Un novo recurso foi arquivado, pero, a diferenza do anterior, non é suspensivo e polo tanto encarceraron a nosa camarada.

Nota do SRI de Bélxica.

Etiquetas:
Maio 8, 2013

Carta de Suso Cela ao COMITÉ DE SOLIDARIEDADE

SusoParot

Ola a todos e todas!

O primeiro de nada é felicitarvos nun novo aniversario do COMITÉ DE SOLIDARIEDADE e mandarvos unha enorme aperta dende este lugar ao que chaman cárcere, no que ao igual que vós tamén libramos algunha que outra batalla contra o inimigo común. O paradoxal da situación é que hai 7 anos que o tería que estar aí, convosco, pero grazas ao réxime fascista que nos domina terei que botar por aquí dous anos e medio máis…

Así que ante todo un petición: non rematedes co licor café!

Quero dicirvos que nestes 7 anos, como nos 16 anteriores, como no que queda, vós xogades, xogastes e xogaredes un importante papel na resistencia que aquí dentro mantemos os presos políticos. Aquí perdeuse unha guerra pero nunca a dignidade e o espírito de loita por un mundo máis xusto, igualitario e solidario (…). Todas as expresións de rebeldía e de loita son importantes, conflúen unhas coas outras e todas forman ese conxunto que algún día -e disto non debe haber dúbida- rematarán co sistema capitalista. A solidariedade, a vosa solidariedade e o voso cariño, é un deses piares nos que se basea ese Todo (…).

Mais non todos son momentos álxidos, bonitos, senón que tamén hai momentos feos, duros, de recesos, que pode que sexan os máis importantes. Cando todo vai ben non fai falta moito.. Cando estou de baixón, sempre acode ao meu rescate esa solidariedade, a vosa solidariedade, certos fíos máxicos… Máis tamén outra parte importante dese Todo me impulsa. Xa non están, e non obstante non deixan de animarme e levarme adiante. Esa outra parte é a nosa Historia, o exemplo dos que nos precederon e mantiveron a chama viva, nunhas condicións terribles, onde a noite parecía que o ía cubrir todo, que non ía amencer (…).

Se alguén pensa que cambiar a sociedade, aspirar a algo mellor, loitar por unha sociedade máis xusta é doado e sinxelo, pois non, non é doado, non é sinxelo. Hai momentos de todas as cores… Pero loitar creo que é o máis bonito polo que pode vivir un ser humano; pois se este é o mellor mundo que nos poden ofrecer, que o metan onde lles caiba! Creo que merecemos algo mellor, pero non nolo van regalar, teremos que conquistalo. E nesa conquista todos os esforzos son importantes, todas ás mans, todos vos brazos, todas as vontades son importantes e necesarias, todo pasiño é importante e necesario.

Así que xa non me queda máis que animarvos a que sigades dando pasos, a seguir camiñando, a caer e levantarse e a non deixarse abater polas situacións nas que trata de somerxernos o sistema capitalista (…). Non é que eles sexan fortes, é que nós aínda non temos conciencia da nosa verdadeira fortaleza. Por iso: que siga crecendo a solidariedade!

Unha forte aperta e o dito: non rematedes con todo o licor café!

Suso Cela Seoane

Preso político dos GRAPO

Prisión de Badajoz

Etiquetas:
Maio 4, 2013

Benvidos Ciete e Carmela!

cenacietecarmela

O pasado sábado 27 de abril, convocouse en Madrid un Xantar para celebrar a saída en liberdade de Ciete Calcerrada e Carmen Muñoz, ambos detidos en 2002 e condenados a 11 anos de prisión por militar no Partido Comunista de España (reconstituído) e no Socorro Roxo Internacional. Tanto Ciete como Carmela, son veteranos militantes da causa democrático-revolucionaria e xa pasaran numerosos anos de cárcere como membros dos GRAPO.

Ao xantar asistiron numerosos familiares e amigos destes recoñecidos veciños do barrio madrileño de Vallecas. Durante o acto, tamén tomaron a palabra as recentemente excarceradas Marían Ruíz Villa e Carmen Anguita. Unha representación do Socorro Roxo Internacional de Galiza e do noso COMITÉ DE SOLIDARIEDADE desprazouse igualmente até a capital do Estado para renderlle cumprido homenaxe a esta parella de auténticos militantes comunistas.

Etiquetas:
Maio 3, 2013

A Pepita Seoane; polo preso político Manuel Arango Riego

pepita_suso

Ao final do primeiro día de realización daquel xuízo-farsa puiden ver fugazmente a Pepita, mentres nos cruzabamos nun corredor da Audiencia Nacional. Apenas puiden adicarlle un sorriso e un curto saúdo, mentres ela a min me saudaba.

Había máis de 20 anos que non a vía.

Viñera dende A Coruña a asistir, xunto a máis traballadores da súa cidade, ao desenvolvemento dese xuízo, a apoiarnos e a ver ao seu fillo Paco, que, novamente, despois de permanecer 20 anos no cárcere, volvía ser procesado pola súa militancia comunista no PCE(r). 

Pepita ten dous fillos que se encontran en prisión pola súa participación na loita revolucionaria dende as filas do noso Partido e dende a guerrilla antifascista. O seu terceiro fillo, o máis pequeno, foi procesado por defender os presos políticos e participar na loita pola súa liberación. Son unha familia onde a causa do antifascismo e do comunismo son profundas razóns de ser.

Cos seus máis de 70 anos, Pepita é un símbolo da loita antifascista e da defensa dos presos políticos. O seu exemplo mereceu o recoñecemento dos traballadores, de diversas organizacións democráticas e do noso Partido a través de actos de pública homenaxe.

Non obstante, Pepita continúa na brecha. A súa resistencia non envellece, continúa viva, non se pasa á reserva. A súa presenza e o seu quefacer activo son unha denuncia poderosa contra os crimes e canalladas do Estado fascista e unha permanente chamada á resistencia.

Recordo algúns dos seus últimos textos de denuncia, contundentes alegacións políticas: acendidos, veraces e irrefutables. É o supremo dereito da nai a defender os seus fillos, a defender a verdade e o xusto e a loitar polos dereitos dos traballadores.

Aí encádrase o texto que lle enviou ao presidente do Goberno, sobre o cal descargou, o mesmo que contra o Estado no seu conxunto, a súa ira popular, de forma argumentada e poderosa.

O o seu máis recente texto dirixido ao presidente da Audiencia Nacional, no que manifesta o seu “maior desprezo á xustiza e aos xuíces”, porque entre outros moitos outros atropelos e represións “se aplica a fondo en ilegalizar partidos, pechar xornais ou en quitar de en medio a todo aquel que non estea de acordo co voso xeito de pensar e de actuar”.

A Pepita non lle fan falta as tribunas oficiais; as súas tribunas de expresión son os barrios, os locais populares e os centros de traballo. Tampouco a frea a ameaza das “leis antiterroristas”, nin se aplica a auto-censura: di publicamente o que sente.

Coa súa presenza entre todos aqueles traballadores que asistiron a apoiarnos, unha poderosa mensaxe de resistencia percorreu ese búnker das anti-liberdades; ese monumento á opresión fascista que é a Audiencia Nacional.

[Extraido e traducido de «La Madre» pertencente ao Capítulo X do relato “Tres días de febrero” sobre o xuízo-farsa de febreiro de 2011.]

Manuel Arango Riego, preso político do PCE(r)

Etiquetas: